Skip to Content

Actividades

DESPEDIDA DE AMANDA

O venres 1 de xuño despedimos á nosa AUXILIAR DE CONVERSA durante este curso AMANDA. Comemos todos xuntos e fixémoslle uns agasallos, un pergamino de recordatorio e incluso cantámoslle unha canción de recordo.

CHARLA PIRAGÜISMO

Este luns 28 o alumnado de 5º e 6º de primaria recibiron unha CHARLA SOBRE PIRAGÜISMO, impartida polo Cube de Piragüismo Cidade de Lugo.

INTERCAMBIO COS CEIPS DE LOURENZÁ E RIOTORTO

Este venres 25 o alumnado de 3º a 6º de primaria viaxaron xunto co CEIP de Riotorto a un intercambio deportivo, no que tiveron partidos de futbol sala e baloncesto e un animador de xogos tradicionais para aqueles que non estaban a xogar. Moitas grazas ao CEIP de Lourenzá pola súa acollida.

CHARLA NAVEGA CON RUMBO

Este venres 18 o alumnado de 5º e 6º de primaria tivo unha charla dentro do programa NAVEGA CON RUMBO, sobre o uso correcto e os perigos que nos podemos atopar na Internet.

ANIVERSARIO DA NOSA MASCOTA GUSILEO

E rematamos a xornada deste mércores 16 celebrando o ANIVERSARIO DA NOSA MASCOTA GUSILEO. Cumpriu xa 7 anos. E festexámolo cantando o cumpleanos feliz, happy birthday, e por suposto bailando cos nenos e nenas de 4º que prepararon un baile coa canción de GUSILEO. Os nenos e nenas de 3 anos sopraron as velas para rematar logo cunha merenda todos xuntos no patio.

Aqui tedes algunhas fotos:

 

DIA DAS LETRAS GALEGAS

Como non podía ser doutro xeito tamén celebramos o DIA DAS LETRAS GALEGAS, este ano adicado a M. Victoria Moreno. O noso pequeno festival, presentado polos nenos e nenas de 6, recitamos poemas, e coñecemos máis en profundidade a figura da escritora homenaxeada.

Aqui tedes algunhas fotos:

 

XORNADA DE EMERXENCIAS

O pasado xoves 16 tivemos unha xornada cunha axenda moi apretada. Comezamos pola maña cunha XORNADA DE EMERXENCIAS, impartida por Ambulancias Salutrans e organizada pola ANPA e o Colexio. A ela tamén asisitiron todo o alumnado do Colexio de Riotorto. Nela tentouse de achegar os coñecementos para enfrontarse as distintas situación de emerxencia coas que nos podemos atopar.

MOITAS GRAZAS A SALUTRANS E A ANPA.

EXHIBICION DA GARDA CIVIL

Este martes 24 tivemos un gran despliegue no cole. Dentro do Plan Director para a Convivencia contamos cunha EXHIBICION de distintos vehículos e material da Garda Civil. Así, houbo coches da policia xudicial, de tráfico, de atestados, de fronteiras, motos, e para rematar ata nos fixo unha visita o helicóptero. Esta visita da Garda Civil rematou cunha charla para o alumnado de 5º e 6º de primaria, tamén englobada dentro do Plan Director para a Convivencia.

Si pinchades, aquí tedes algunhas fotos:

CHEGOU A PRIMAVEIRA AO COLE

O alumnado de 5º e 6º prepararon este mural para celebrar a chegada da primaveira.

DIA DO LIBRO

Hoxe celebramos dentro do MES DO LIBRO, o DIA DO LIBRO, para elo tivemos videos, preparamos un mural e durante toda esta semana faremos o apadriñamento lector. FELIZ DIA DO LIBRO  e a aproveitalo.

Pinchando na imaxe podedes ver todas as fotos que fixemos:

Distribuir contido


by Dr. Radut