Skip to Content

Actividades

SAMAIN - HALLOWEEN

Hoxe celebramos o SAMAIN e o HALLOWEEN no cole. Disfrazámonos, tivemos moitas calabazas e centros de outono, vimos unha película, videos, etc.

GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POR PARTICIPAR!

DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Este luns 24 de outubro celebramos o DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, este curso baixo o lema BIBLIOTECAS ESCOLARES TERRITORIO DAS ARTES. Asi, nos diferentes cursos traballamos e pintamos cadros, inventamos historias para eses cadros e despois todos xuntos contamos o noso traballo.

Aquí tedes algunhas fotos para ver. Disfrutade tanto como o fixemos nós...

LER ABRE OS MEUS OLLOS

Este é o lema co que comezamos a traballar neste curso. Xa sabedes LER ABRE OS NOSOS OLLOS.

COMEZAMOS COA DECORACION DA BIBLIONOVA

Comezamos a elaborar os murais que decorarán a nosa biblioteca este curso.

O PROXECTO QUE TRABALLAREMOS ESTE ANO E O PATRIMONIO ETNOGRAFICO DO NOSO CONCELLO

Este curso o noso PDI traballará os aspectos etnográficos do noso concello. Imos descubrir moitas cousas que descoñecemos da nosa contorna.

Apetécevos unha aventura? lanzádevos á lectura

 

Ola lectores/as,

 

VIAXE A LUGO E CASTRO DE VILADONGA

O mércores 13 o alumnado de 1º a 4º de educación primaria asistiron a un Concerto Didáctico no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, despois visitaron o Castro de Viladonga e tiveron uns obradoiros de cerámica.

TEATRO EN LUGO

Este venres 19 o alumnado de 5º e 6º de primaria asistiron no Auditorio Gustavo Freire de Lugo a unha obra de teatro en inglés, "Zapping". Remataron a visita con un paseo polas Termas.

Para ver máis fotos pincha na imaxen:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut