Skip to Content

MES DA CIENCIA NA BIBLIONOVA

Durante este mes celebramos na BIBLIONOVA o MES DA CIENCIA. Tivemos moitos cousas para ver e para descubrir na biblioteca e rematamos este mes da ciencia coa semana dos experimentos. O luns tocoulle a 1º e 2º cos experimentos de O leite máxico e A auga que camiña. O martes tócalle o turno a 5º cos experimentos A pataca eléctrica, Explotar un ovo a distancia e A laranxa lanza lapas. O mércores o turno é para 6º co Ovo que salta e A auga que sube. O xoves será o turno para 3º e 4º de primaria coas Máquinas  e Agudiza o inxenio. Rematarán o venres os nenos e nenas de infantil co Aerodeslizador caseiro, os Gusanos locos e o Globo aerostático.



page | by Dr. Radut