4º curso EI

NOA

NOA FOI A ENCARGADA DE CONTARNOS UN POUCO DA SÚA VIDA.PRIMEIRO VIMOS FOTOS DE CANDO ERA PEQUENIÑA E XA DE MAIOR COMA NOS DICÍA ELA.COÑECIMOS A TODA A SÚA FAMILIA,PAPI,MAMI,AVÓS,CURMÁNS,TIAS,...NON QUEDOU NINGUÉN SEN PRESENTAR.VIMOS FOTOS DE TODAS AS ACTIVIDADES QUE LLE GUSTA FACER E UNHA DAS SÚAS AFECCIÓNS FAVORITAS,O BALLET.GRAZAS FAMILIA POR TODO O VOSO TRABALLO.

ENMA

ESTA SEMANA TIÑAMOS PENDENTE A PRESENTACIÓN DA SEMANA PASADA DE ENMA DO SEU CAPÍTULO NO LIBRO OLA CHÁMOME!!.ENMA ESTABA MOI CONTENTA DE PRESENTARNOS A OLAYA,PABLO E A RAÚL, O SEU IRMÁN PEQUENO QUE NON PARA DE RIR CON ÉL E TODAS AS COUSAS QUE LLE ENCANTA FACER NON SABEDES CANTO SE DIVERTE ENMA COS SEUS DISFRACES E CANTO LLE GUSTAN OS ANIMAIS.TAMÉN DECOROU AS PÁXINAS CON MOITAS PEGATAS E MOITAS CORES.MOITAS GRAZAS FAMILIA POLA VOSA COLABORACIÓN E POR FACER QUE O NOSO LIBRO NON PARE DE MEDRAR.

CARIDAD CONTOUNOS UN CONTO

HOXE TIVEMOS A VISITA DE CARIDAD A NAI DE ABRIL E CONTOUNOS UN CONTO MOI BONITO "LA OVEJITA QUE VINO A CENAR" ONDE AO FINAL O LOBO E A OVELLIÑA FANSE AMIGOS E DECIDEN COMPARTIR UNHA RICA SOPA DE VERDURAS.NESTE CONTO POIDEMOS COMPROBAR QUE  NON SEMPRE OS LOBOS SON MALOS E TAMÉN PODEN TER AMIGOS.DESPOIS DA LECTURA DO CONTO PUXÉMOSLLE LA A OVELLIÑA CON ALGODÓN.MOITAS GRAZAS CARIDAD POLA TÚA VISITA PASÁMOLO MOI BEN.UNHA APERTA DOS NENOS E NENAS DA CLASE DE 3 ANOS.

INTERCENTROS

ESTE É O NOSO PRIMEIRO ANO NO CERTAME DE INTERCENTROS DO CONCELLO DE NARÓN ONDE PARTICIPAN MOITOS COLES DO CONCELLO.A FINALIDADE DO CERTAME É A CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS.A NOSA CLASE VAI A PARTICIPAR EN DÚAS MODALIDADES;EN MURAL E EXPRESIÓN ORAL.ESTE ANO CADA CLASE DE INFANTIL E 1º DE PRIMARIA IMOS HOMENAXEAR AS MULLERES QUE FORON CONMEMORADAS NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS,ROSALIA DE CASTRO,FRANCISCA HERRERA,MARÍA MARIÑO E Mª VICTORIA MORENO.A NOSA AULA TOCOULLE ROSALIA DE CASTRO, A PRIMEIRA MULLER EN SER HOMENAXEADA NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS.ASÍ QUE LIMOS VARIOS LIBROS QUE TIÑAMOS NA BIBLIOTECA DO COLE E TAMÉN A PROFE TROUXO ALGÚN LIBRO DA BIBLIOTECA DE NARÓN.AGORA XA COÑECEMOS UN POUCO MÁIS A NOSA AUTORA ASÍ QUE COMENZAMOS A NOSA TAREA A PRIMEIRA DECISIÓN QUE TOMAMOS FOI ESCOLLER DE QUE COR ÍA IR O MURAL E SAÍU DESPOIS DA VOTACIÓN  DE MOITAS CORES.PERO COMO FAREMOS O NOSO MURAL?COMA NOS GUSTOU MOITO O LIBRO "PARECE UNHA ROSA" DE ROSALIA DE CASTRO E ISABEL PINTADO.DECIDIMOS FACER A ESA ROSALÍA PEQUENIÑA,O PAXARO,A FONTE E ESCRIBIR UNHA PEQUENA ESTROFA DA POESÍA.NON PARAMOS DE TRABALLAR EN TODA A SEMANA,PEGAMOS,PINTAMOS,FIXEMOS LETRAS CON PLASTILINA,BOLIÑAS CON PAPEL DE SEDA,ESCRIBIMOS TODOS ALGO DA ESTROFA E DO CARTEL,...AÍNDA QUE NON REMATAMOS DE TODO VOS DEIXO ESTA PRESENTACIÓN PARA QUE VOS FAGADES UNHA IDEA DO BONITO QUE VAI QUEDAR O NOSO MURAL DE INTERCENTROS.

 

 

TRASPLANTAMOS OS NOSOS SEMILLEIROS

O MÉRCORES OS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE 6º DE PRIMARIA VIÑERON A AXUDARNOS A TRASPLANTAR OS NOSOS SEMILLEIROS DE LEITUGAS,PEMENTOS E TOMATES.NO INVERNADOIRO FIXEMOS OS BURATOS,METIMOS AS PLANTAS,TAPAMOS CON TERRA E BOTAMOS AUGA PARA QUE MEDREN ESO SÍ AGORA ESPEREMOS QUE VEÑA UN POUCO DE SOL PARA QUENTAR UN POUQUIÑO A NOSA PLANTACIÓN E MEDRE MOI FORTE E ASÍ FACER UNHA RICA ENSALADA.TAMÉN POIDEMOS VER COMA MEDRARON EN TAN POUCO TEMPO AS CEBOLAS E AMORODOS DOS COMPIS MAIORES.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA AXUDA. 

ANIVERSARIO MARZO

O VENRES 23 DE MARZO FESTEXAMOS O ANIVERSARIO DE AROA QUE XA TEN CATRO ANOS E QUIXO CELEBRALO CON TODOS OS SEUS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS.PRIMEIRO DECOROU A SÚA COROA E O SEU LIBRO DE ANIVERSARIO E DESPOIS FESTA RACHADA CON PATACAS,GUSANIÑOS,CHEETOS,...

MOITAS FELICIDADES AROA!!.

UNHA APERTA MOI FORTE DE TODOS OS TEUS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS.

A MOCHILA VIAXEIRA

A MOCHILA VIAXEIRA ESTE TRIMESTRE VISITOU AS CASAS DE MOITOS COMPAÑEIROS,NOA,THIAGO,ENMA,MARTÍN,ICÍA,

VALENTINA,NICOLÁS,AROA,AARÓN E SABELA.CADA UN ANOTOU NA AXENDA O CONTO QUE MÁIS LLE GUSTOU E TEMOS QUE DICIR QUE O DE UXÍA VAI DE COMPRAS E SOPRA NESTE FURADIÑO SON UN ÉXITO.ENCANTÁRONNOS OS DEBUXOS QUE FACEDES E CANDO A TRAEMOS DE VOLTA SEMPRE FALAMOS UN POUQUIÑO DE QUE CONTO NOS GUSTOU MÁIS CAL MENOS,QUEN LLE CONTOU OS CONTOS,SE FIXERON ALGUNHA RECEITA DO LIBRO DE COCIÑA E EXPLICAN O SEU DEBUXO.MOITAS GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

AGORA TOCA DESCANSAR E REPOÑER FOLGOS PARA O VINDEIRO TRIMESTRE.UNHA APERTA.

THIAGO

THIAGO ESCRIBIU UN CAPITULO MÁIS DO NOSO LIBRO OLA CHÁMOME!.COÑECIMOS A THIAGO MOI PEQUENIÑO  E XA DE MAIOR COA SÚA TORTA DE ANIVERSARIO DE 3 ANOS.TAMÉN COÑECIMOS A LUIS,LORENA E EREA. TODAS AS COUSAS QUE LLE GUSTA FACER COMA IR A CASA DOS AVÓS QUE TEÑEN UN MONTÓN DE ANIMAIS E UN TRACTOR,TOCAR OS INSTRUMENTOS MUSICAIS,MONTAR NA MOTO,IR A PRAIA EN VERÁN E PASOLO PIPA CON EREA QUE AÍNDA QUE PELEXAN DE VEZ EN CANDO A QUERE MOITO.

MOITAS GRAZAS FAMILIA POLA VOSA APORTACIÓN AO NOSO LIBRO QUE NON PARA DE MEDRAR.AGORA XA ESTÁ CON OUTRA FAMILIA QUE SEGURO QUE NOS CONTARÁN UNHA MOREA DE COUSAS.

FOMOS DE EXCURSIÓN A RADIO

O XOVES FOMOS DE EXCURSIÓN A RADIO COPE EN FERROL,ESTABAMOS MOI EMOCIONADOS QUE ATA AS DEZ QUE VEU O AUTOBÚS A BUSCARNOS NON PARABAMOS DE PREGUNATAR:CANDO MARCHAMOS?.AÍNDA QUE AO PRINCIPIO IAMOS IR A VISITAR A VOZ DE GALICIA SITUADA TAMÉN EN FERROL,NO ÚLTIMO MOMENTO TIVEMOS QUE CANCELAR A VISITA POR MOTIVOS ALLEOS A NÓS.AS PROFES PUXÉMOSNOS A CABILAR A ONDE PODÍAMOS IR CON TAN POUCO MARXE DE TEMPO POIS TIÑAMOS CLARO QUE ÍAMOS IR DE VISITA E CHAMAMOS Á RADIO E ENCANTADOS NOS RECIBIRON.ENSINÁRONNOS AS INSTALACIÓNS E UNS REPRESENTANTES DE CADA CURSO FORON ENTREVISTADOS.DESPOIS MERENDAMOS NA PRAZA DE ESPAÑA E XOGAMOS NO PARQUE APROVEITANDO O DÍA TAN BONITO QUE TIVEMOS.

TEMOS QUE AGRADECER A ADA,BLANCA  E AOS SEUS COMPAÑEIROS POR ACOLLERNOS CON TANTO AGARIMO E CON TAN POUCO TEMPO PARA ORGANIZAR A SAÍDA.MOITÍSIMAS GRAZAS!!!.

EN BREVE POÑEREMOS A PRESENTACIÓN DA SAÍDA NO APARTADO DE 2º CICLO.

Distribuir contido