4º curso EI

POESÍA E RECICLAXE

ESTA SEMANA TIVEMOS A VISITA DOS COMPIS DE QUE NOS VIÑERON A RECITAR POESÍAS,ADIVIÑAS,TRABALINGUAS,... DA POETISA GLORIA FUERTES.ENCANTOUNOS E O FIXERON MOI BEN.THIAGO,LIA E LOIS ESTIVERON MOI CONTENTOS COA VISITA DOS SEUS IRMÁNS.GRAZAS COMPIS O FIXÉCHEDES XENIAL.OS NENOS E NENAS DE 5º E 6º DE PRIMARIA PARTICIPAN NUNHAS OLIMPIADAS SOBRE A EDUCACIÓN VIAL E ENTRE MOITAS ACTIVIDADES TIVERON QUE FACER UN MURAL.OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 5º DE PRIMARIA FIXERON UN MURAL CON MATERIAL RECICLADO E POIDEMOS VER OUTRA UTILIDADE QUE SE LLE PODEN DAR AS TAPAS,BOTES,PAPEIS QUE XA NON NOS FAN FALTA.BO TRABALLO RAPACES E RAPAZAS UN MURAL MOI ORIXINAL.

SEMANA DO LIBRO

COMO CADA ANO O COLE FESTEXA O DÍA DO LIBRO COA FEIRA DO TROCO DURANTE TODA A SEMANA PERO PARA NÓS ERA ESPECIAL POIS ERA A NOSA PRIMEIRA FEIRA E DENDE A CLASE DE TRES ANOS FIXEMOS A NOSA APORTACIÓN TRAENDO MOITOS CONTOS QUE CAMBIAMOS NA HORA DO RECREO.MOITAS GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN ESPERO QUE VOS GUSTARAN OS LIBROS QUE COLLERON OS VOSOS PEQUES.DENDE A AULA TRABALLAMOS O DÍA DO LIBRO FACENDO UN MARCAPÁXINAS QUE DECORAMOS CON PINTURA DE DEDOS E PURPURINA DE MOITAS CORES E TAMÉN ELABORAMOS UN CONTO COA TEMÁTICA DA RECICLAXE QUE ESTAMOS A TRABALLAR NA CLASE POIS XA SABEDES QUE SOMOS OS/AS POLICIAS DO PLANETA E QUEREMOS COIDALO E QUEREMOS APORTAR O NOSO GRAN DE AREA DENDE A NOSA AULA.PRONTO O LEVAREDES PARA A CASA E PODEREDES DISFRUTARLO ONDE OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS SON OS PROTAGONISTAS.O VENRES LEVAMOS PARA CASA O LIBRO DOS BOLECHAS "QUE SE BOTA NO CONTENEDOR AMARELO" AGASALLO DE SOGAMA.

VISITA DE MERCE E IVÁN

E PECHAMOS A SEMANA COA VISITA DA FAMILIA DE AARÓN,MERCE E IVÁN,QUE VIÑÉRONNOS A CONTAR UN CONTO SOBRE A AMIZADE "EL RATÓN PIP".DESPOIS COLOREAMOS AO RATIÑO PIP E  PASAMOS UN RATIÑO DE XOGO TODOS XUNTOS.MOITAS GRAZAS FAMILIA POLA VOSA VISITA FOI UN PRACER COMPARTIR UN TEMPIÑO CON VÓS. 

A RECICLAR!!

HAI UNS DÍAS DESPOIS DO VISIONADO DUN VIDEO"RESIDUOS PLÁSTICOS EN EL MAR" COMENZAMOS A TRABALLAR A RECICLAXE.DESPOIS DUN EXTENSO DEBATE ONDE CONTAMOS AS NOSAS EXPERIENCIAS DE CANDO IMOS A PLAIA E ENCONTRAMOS PLÁSTICOS E PAPEIS NA AREA E DE COMO COIDAMOS NÓS AS PLAIAS,OS PARQUES E DAR PEQUENAS SOLUCIÓNS PARA QUE AS TARTARUGAS,AVES E PEIXES NON CONFUNDAN AS BOLSAS,TAPÓNS,... CON COMIDA E MORRAN.TODOS QUERÍAN DAR A SÚA OPINIÓN SOBRE COMO PODERÍAMOS FACER PARA QUE OS MARES ESTIVERAN LIMPOS E COMO LIMPALOS,NON TIRAR PLÁSTICOS AO MAR,COLLER UNHA PALA E QUITAR A BASURA DO MAR,POÑER PAPELEIRAS,CHAMAR Á POLICIA,...OUTRO DÍA A PROFE TIROU TODO TIPO DE BASURA AO CHAN DA AULA E ELES ME DIXERON;QUÉ HACES PROFE!!!!PREGUNTEILLES SE LLES GUSTARÍA TER A SÚA CLASE ASÍ? E A SÚA RESPOSTA FOI UNÁNIME:NON!!!.DESPOIS ENTRE TODOS FALAMOS ONDE TIÑAMOS QUE POÑER CADA COUSA(PAPEL,PLÁSTICO OU ORGÁNICO) NA SÚA PAPELEIRA CORRESPONDENTE E ENTRE TODOS CONSEGUIMOS QUE A CLASE VOLTARA A ESTAR LIMPA.AGORA SOMOS A POLICIA DO PLANETA!!!.SEGUIREMOS TRABALLANDO COMO COIDAR O NOSO PLANETA.

A PRIMAVERA XA ESTÁ AQUI

O BO TEMPO CHEGOU E DESPOIS DE TANTA CHUVIA TIÑAMOS QUE DISFRUTAR DO SOLETE.O MÉRCORES DESPOIS DE MERENDAR SAIMOS AO PARQUE A DISFRUTAR DESTE DÍA TAN ESTUPENDO,SEN MANDILÓN E COA NOSA GORRA PUXÉMONOS A CORRER ,XOGAR TODOS XUNTOS,SALTAR POLO CAMPO,RECOLLER FLORES QUE DESPOIS PUXEMOS EN AUGA NA AULA,...E QUE BEN O PASAMOS.O XOVES XA FOMOS A MERENDAR COLLIMOS OS BEBIBLES,PALITOS E AUGA E ALÓ FOMOS A MERENDAR AO AIRE LIBRE.ALÍ COINCIDIMOS COS COMPIS DE 6º DE PRIMARIA QUE VIÑAN CON INSTRUMENTOS MUSICAIS E NO PASEO DISFRUTAMOS DUN CONCERTO EN DIRECTO.MOITAS GRAZAS COMPIS!!!.COMO VEDES ESTES DÍAS PASÁMOLO MOI BEN DISFRUTANDO DOS ARREDORES DO NOSO COLE E DA CHEGADA DA PRIMAVERA.

A INTERCENTROS VAMOS!!!

O LUNS E O MARTES ESTIVEMOS REMATANDO O NOSO BARCO QUE LLE PUXEMOS DE NOME CATRO VELLOS MARIÑEIROS 3 ANOS,OS PEIXES QUE PESCARON OS MARIÑEIROS E ENSAIAMOS A CANCIÓN.AQUÍ TEDES AS FOTOS DE ANTES DA ACTUACIÓN,EN BREVE POÑEREMOS NO SEGUNDO CICLO A PRESENTACIÓN DO MÉRCORES 18 E OS VIDEOS COAS ACTUACIÓNS DAS TRES CLASES DE INFANTIL.A VERDADE QUE SOMOS UNS ARTISTA POIS CANTAMOS E BAILAMOS FENOMENAL PERO SOBRE TODO O PASAMOS XENIAL.

CATRO VELLOS MARIÑEIROS DE UXIA LAMBONA E A BANDA MOLONA

O MÉRCORES TEMOS A NOSA SEGUNDA ACTUACIÓN DENDE O COMENZO DO CURSO.IMOS A CANTAR A CANCIÓN DE "CATRO VELLOS MARIÑEIROS" DE UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA NO PAZO DA CULTURA DE NARÓN.ESTAMOS MOI EMOCIONADOS E UN POUCO NERVIOSOS PERO É NORMAL OS GRANDES ARTISTAS TAMÉN OS TEÑEN ANTES DE SAIR AO ESCENARIO.NA CLASE O FACEMOS MOI BEN ESPEREMOS QUE ESE DÍA CO MEDO ESCÉNICO NON QUEDEMOS PARALIZADOS,JIJIJIJI.ESTES DÍAS ESTIVEMOS PREPARANDO OS MATERIAIS QUE IMOS A LEVAR,OS PEIXES E O NOSO BARCO DE PESCA.O LUNS E O MARTES OS REMATAREMOS PARA TER TODO PREPARADO PARA A GRAN ACTUACIÓN.LEMBRADE QUE PARA ESE DÍA PRECISAMOS UN CHUVASQUEIRO E  BOTAS DE GOMA.MOITAS GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN E ESTE FIN DE SEMANA NON PAREDES DE CANTAR "CATRO VELLOS MARIÑEIROS,TODOS METIDOS NUN BOTE,..."

INTERCENTROS

XA REMATAMOS O NOSO  MURAL "PARECE UNHA ROSA" DE INTERCENTROS QUE TODOS E TODAS PODEREDES VER NO PAZO DA CULTURA NA EXPOSICIÓN DE TODOS OS MURAIS E CONTOS ILUSTRADOS DOS COLES DE NARÓN.QUEDOU BEN BONITO E ESPERAMOS QUE VOS GUSTE TANTO COMA A NÓS.

CONTACONTOS DE DANIELLA

ESTA SEMANA TIVEMOS A VISITA DA FAMILIA DE DANIELLA.VICTOR,NATALIA E LEIRE CONTÁRONNOS UN CONTO MOI BONITO "EL PEZ ARCOIRIS" ONDE RESALTA A IMPORTANCIA DE COMPARTIR COS AMIGOS.DESPOIS DECORAMOS O NOSO PEZ ARCOIRIS CON GOMETS DE CORES E QUEDARON BEN CHULOS.MOITAS GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA VISITA E POR PASAR UN RATIÑO DO VOSO TEMPO CON NÓS.UNHA APERTA DOS NENOS E NENAS DE TRES ANOS.

DOÑA PITO PITURRA DE GLORIA FUERTES.

NICOLEO,A MASCOTA DA BIBLIOTECA,MANDOUNOS UNHA MISIÓN ESPECIAL SOBRE A ESCRITORA MADRILEÑA GLORIA FUERTES.TIÑAMOS QUE ILUSTRAR UNHA POESÍA,TRABALINGUAS,REFRÁN,...DA ESCRITORA.ESCOLLIMOS A POESÍA DE DOÑA PITO PITURRA,A LIMOS,A RECITAMOS,A REPRESENTAMOS CON XESTOS E DESPOIS EN EQUIPOS DEBUXAMOS E DECORAMOS A DOÑA PITO PITURRA SEGUINDO AS INDICACIÓNS DA POESÍA.QUEDARON MOI CHULAS AS NOSAS DOÑA PITO PITURRA.

Distribuir contido