4º curso EI

MESTURAMOS CORES

ESTA SEMANA FOI MOI CURTA PERO DEUNOS TEMPO A FACER UN POUCO DE TODO,COÑECIMOS UN POUCO MÁIS A FLAVIA E MESTURAMOS CORES PRIMARIAS(AZUL,AMARELO E VERMELLO) E A PARTIR DELAS CONSEGUIAMOS TODAS AS DEMÁIS CORES.ASÍ QUE CON UNHA POUCA DE AUGA E COLORANTE ALIMENTARIO OBTIVEMOS OUTRAS CORES COMA LARANXA,VERDE,MORADO,NEGRO,...DESPOIS FIXEMOS UN EXPERIMENTO CON LEITE,COLORANTES E XABÓN.GÚSTANOS MOITO EXPERIMENTAR E O PASAMOS XENIAL.

FLAVIA

ESTA SEMANA CONTOUNOS A SÚA HISTORIA FLAVIA.PRESENTOUNOS A SILVIA ,LORENZO E A SÚA CADELA TULA POIS É UNHA MÁIS DA FAMILIA.TAMÉN COÑECIMOS MOITAS COUSAS QUE LLE ENCANTA FACER COMA DISFRAZARSE,LER CONTOS,BAILAR E FACER O PAIASETE.MOITAS GRAZAS FAMILIA POLA VOSA PARTICIPACIÓN.XA ESTÁ CASE REMATADO O NOSO LIBRO E ESTÁ QUEDANDO XENIAL.

BAILE DOS MAIOS

AQUI TEDES UNS VIDEOS DO BAILE DOS MAIOS.MENTRES MARIA REPARTIA OS PAOS PARA A DANZA XA NOS PUXEMOS A CANTAR A CANCIÓN DOS CATRO VELLOS MARIÑEIROS SOMOS UNS FEIRANTES.DESPOIS BAILAMOS O BAILE ARREDOR DO NOSO MAIO COMO PODEDES VER TEMOS MOITO RITMO.ESPERO QUE VOS GUSTE.

A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA.

A FAMILIA DE XABIER CONTOUNOS UN DOS CONTOS FAVORITOS DE XABIER " A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA".O PASAMOS MOI BEN COA ENTONACIÓN QUE FACÍA JOSE CANDO FALABAN OS ANIMAIS.TAMÉN ESTIVO A SÚA IRMÁ ANTIA QUE ESTIVO MOI COIDADA POR TODOS NÓS.MOITAS GRAZAS FAMILIA PASÁMOLO MOI BEN ESPERO QUE O PASARADES TAN BEN COMA NÓS.UNHA APERTA DE TODOS OS NENOS E NENAS DA CLASE DE TRES ANOS.

O MAIO

CHEGOU A PRIMAVERA E CON ELA AS FLORES,OS PAXAROS E A FESTA DOS MAIOS.O XOVES PASADO OS NENOS DE INFANTIL,1º E 2º DE PRIMARIA CONFECCIONAMOS O NOSO PROPIO MAIO PARA A ACTIVIDADE CONTAMOS COA AXUDA DE DÚAS MONITORAS DO CONCELLO MARÍA E LUCHI E A PROFE ANA.PRIMEIRO COMEZAMOS POÑENDO O VERDE E DESPOIS DECORAMOS CON UN MONTÓN DE FLORES VARIADAS E QUEDOUNOS MOI BONITO.PARA FINALIZAR FIXEMOS UN BAILE AO ARREDOR DO NOSO MAIO XA REMATADO E POR CERTO QUEDOU PRECIOSO.

UN CONTO CON BÁRBARA E IVÁN

A SEMANA PASADA BÁRBARA E IVÁN A FAMILIA DE VERA VISITOU A NOSA AULA PARA CONTARNOS UN CONTO "RICITOS DE ORO" E ATA VIÑERON RICITOS E O OSIÑO.O PASAMOS MOI BEN E DESPOIS COLOREAMOS AS PERSONAXES DO CONTO RICITOS E OS TRES OSOS.MOITAS GRAZAS FAMILIA POR COMPARTIR O VOSO TEMPO CON NÓS FOI UN PRACER.

OLA CHÁMOME!!

OLA CHÁMOME O NOSO CONTO ESTÁ A PIQUES DE REMATAR.A SEMANA PASADA AARÓN E AROA PRESENTARON A SÚA FAMILIA E TODAS AS COUSAS INTERESANTES QUE LLES GUSTA FACER NO SEU TEMPO DE LECER COMA IR A PRAIA,PISCINA,ANDAR EN MOTO,BICI,..TAMÉN AARÓN QUIXO PRESENTARNOS A SÚA AVOA A QUE TANTO QUERE E O BEN QUE O PASA CON ELA.AROA  ENCÁNTALLE QUE LLE CORTE O PELO A SÚA MADRIÑA E COCIÑAR COA SÚA AVOA.ESTA SEMANA LOIS PRESENTOUNOS A O SEU PAI ANXO,A SÚA NAI MARTA E A SÚA IRMAN UXIA E NON PODEDES IMAXINAR CANTO TRABALLA LOIS CO SEU TRACTOR E PREPARANDO AS ÁRBORES,CORTANDO A HERBA CON UN MONTÓN DE MAQUINARIA ESO SI DE XOGUETE POR SUPOSTO,JAJAJAJA.MOITAS GRAZAS FAMILIAS NON SABEDES O BEN QUE O PASAMOS E CANTO NOS GUSTA COÑECER COUSIÑAS DOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS.

QUE BEN O PASAMOS!!!.

A SEMANA PASADA NON PUIDEN PUBLICAR ASÍ QUE ESTA SEMANA TEÑO VARIAS COUSIÑAS PENDENTES.QUERO QUE VEXADES QUE MOTORISTAS TEMOS PREPARADOS PARA COMEZAR A CARREIRA,TODOS/AS ESTÁN NOS SEUS POSTOS.TÓDOLOS DÍAS NA HORA DO RECREO SACAMOS AS MOTOS,BICI E DEMÁIS VEHÍCULOS PARA QUE DISFRUTEN DO SEU TEMPO DE LECER E A VERDADE QUE NON CHEGAN A NADA PERO AGORA COMPARTIMOS DE MOI BOA GANA COS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS POLO QUE TODOS E TODAS DISFRUTAMOS DUNHA VOLTA.TAMÉN POIDEMOS DEGUSTAR UN POUCO DO MEL QUE TROUXO BERTA A NAI DE ICIA A NOSA COMPAÑEIRA DE 5 ANOS E MIRADE COMO MOLLAMOS OS PICOS NEL E DE CANDO EN VEZ LIMPAMOS O PRATO CO DEDO,DELICIOSO.

INTERCENTROS

XA TEDES NO APARTADO DO SEGUNDO CICLO DE INFANTIL AS ACTUACIÓNS DOS NENOS DE EDUCACIÓN INFANTIL E UNHA PRESENTACIÓN COA PREPARACIÓN,ENSAIOS E O DÍA DO PAZO.

ESPERO QUE VOS GUSTE!!!.

ANIVERSARIOS DE ABRIL

ESTE VENRES TIVEMOS A FESTA DE ANIVERSARIO DE ICIA,AARÓN E MARTÍN POIS XA TEÑEN CATRO ANOS E ESTA DATA NON A PODÍAMOS DEIXAR PASAR SEN FACER UNHA FESTA POIS XA SABEDES QUE SOMOS MOI PARRANDEIROS E GÚSTANNOS AS FESTAS.ASÍ QUE CON PATACAS,GUSANIÑOS,PALLIÑAS E ZUMO DE MOITAS FROITAS FIXEMOS A NOSA FESTA DE ANIVERSARIO E POR SUPOSTO NON PODÍA FALTAR A CANCIÓN DOS CUMPLEAÑEIROS.PARABENS ICIA,MARTÍN E AARÓN.MOITAS GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN PASÁMOLO XENIAL.

Distribuir contido