4º curso EI

ENMA CUMPLE TRES ANOS

AGORA SÍ SOMOS A CLASE DE TRES POIS HOXE FESTEXAMOS O ANIVERSARIO DE ENMA E A NOSA CLASE QUE LLE ENCANTAN AS FESTAS NON PODIAMOS PASAR SEN FESTEXALO CON CHUCHES,ZUME,CHOCOLATE,CON CANCIÓNS,COROA,BAILES E AGASALLOS.PARABÉNS ENMA!!!.

AGASALLO DE XULIA

O LUNS TIVEMOS UNHA SORPRESA A NOSA COMPI E AMIGA XULIA NOS TROUXO UN AGASALLO MOI BONITO.MOITAS GRAZAS FAMILIA  ENCANTOUNOS E XA LLE BUSCAMOS UN LUGAR PARA QUE DECORE A NOSA AULA.

CONTACONTOS DE DIEGO E MATEO

O XOVES TIVEMOS A VISITA DA FAMILIA DE NICOLÁS O SEU CURMÁN MATEO E O SEU IRMÁN DIEGO, QUE NOS CONTARON O CONTO  "FELIPE TIENE GRIPE" E AS RISAS NON PARARON POIS OS REMEDIOS DOS SEUS AMIGOS ERAN MOI DIVERTIDOS.MOITAS GRAZAS PASAMOS UN RATO MOI AGRADABLE TODOS XUNTOS.

ADORNOS DE NADAL

O NADAL XA ESTÁ AQUÍ E DESPOIS DE DECORAR A NOSA CLASE AGORA TOCABA PREPARAR O COLE E FIXEMOS UNS ADORNOS PARA POÑER MOI CHULA A NOSA ÁRBORE DE NADAL.OS ADORNOS OS FIXEMOS CON CEDÉS USADOS E CON GOMETS,POMPOS,PEGATIÑAS DE CORES,... QUEDARON MOI BONITOS. UTILIZAMOS MATERIAL RECICLABLE POIS NÓS TAMÉN COLABORAMOS COIDANDO A NATUREZA.MOITAS GRAZAS A MAIKA E A EULOXIO POR AXUDARNOS E COLABORAR SEMPRE CON NÓS.

VALERIA

ESTA SEMANA COÑECIMOS UN POUCO MÁIS DA NOSA COMPAÑEIRA VALERIA.ENSINOUNOS FOTOS DE CANDO ERA PEQUENA E AGORA XA DE MAIOR.A SÚA FAMILIA EDU,NADY E A SÚA IRMÁ VALENTINA QUE SE CHAMA IGUAL QUE A NOSA COMPAÑEIRA.TAMÉN A VIMOS CON PATIÑOS POIS A VALERIA ENCÁNTANLLE OS ANIMAIS.MOITAS GRAZAS FAMILIA POLA VOSA COLABORACIÓN.

O MEU NOME É...

COMO NOS GUSTA ESCRIBIR O NOSO NOME PERO  ESTÁ VEZ NON O FIXEMOS CON ROTU,CERA, LAPIS,...SEGUIMOS O CAMINIÑO CON PLASTILINA.ENCÁNTANOS RECOÑER O NOSO NOME,BUSCALO POLA CLASE,ATOPALO MESTURADO COS NOMES DOS NOSOS COMPAÑEIROS POIS O MEU NOME É MOI IMPORTANTE PARA MÍN.

EXPERIMENTO

TIÑAMOS PENDENTE O EXPERIMENTO DESPOIS DA LECTURA DO CONTO "COLORES" DE HERVÉ TULLET.EN TRES VASOS CON AUGA,PINTURA DE COR VERDE E AMARELA E UN POUCO DE PAPEL DE COCIÑA COMEZAMOS O NOSO EXPERIMENTO,PERO QUÉ PODERÍA PASAR.....E AS RESPOSTAS FORON COMA SEMPRE MOI VARIADAS E CON MOITA IMAXINACIÓN.DENDE QUE ÍA EXPLOTAR ATA QUE NON PASABA NADA.PARA REMATAR A SESIÓN NUN PAPEL CON PINTURA AMARELA,AZUL E O NOSO DEDO MÁXICO FIXEMOS A COR VERDE.

COLORES

UN LIBRO QUE NOS GUSTOU MOITO FOI "COLORES" DE HERVÉ TULLET.PARA A SEMANA FAREMOS UN PEQUENO EXPERIMENTO BASEADO NESTE LIBRO E COMO NON COMENZAREMOS COA FESTA DO NADAL.

O MEU NOME COMEZA POLA LETRA...

CON PLASTILINA DISEÑAMOS A NOSA INICIAL.FIXEMOS CHURROS E A MONTAR A LETRA E O FIXEMOS MOI BEN.A TIÑAMOS QUE PEGAR EN ALGÚN SITIO ASÍ QUE MOLLANDO GLOBOS EN PINTURA DE DEDOS E DANDO SALTIÑOS COMA CANGUROS DECORAMOS A CARTOLINA PARA QUE CANDO ESTIVERA SECA PODER PEGAR A NOSA INICIAL E QUEDOU ASÍ DE BONITO.

O NOSO NOME

COMO NOS GUSTA ESCRIBIR O NOSO NOME.NUNHA FICHA ONDE VIÑA ESCRITO O NOSO NOME EN PUNTIÑOS MIRAMOS QUE LETRAS FORMABAN O NOSO NOME E AS RELACIONAMOS COAS INICIAIS DOS COMPIS QUE COMENZAN POR ELAS,CO NOSO DEDO MÁXICO SEGUIMOS O TRAZO E PARA REMATAR REPASAMOS O NOME CO ROTULADOR DA NOSA COR FAVORITA .BO TRABALLO CHICOS E CHICAS!!!.

Distribuir contido