4º curso EI

ESPUMA DE...

O VENRES TIÑAMOS TODO PREPARADO PARA O ANIVERSARIO DE VERA E IKER PERO O NOSO COMPI IKER POLA NOITE ESTIVO MALITO E TIVEMOS QUE CANCELAR A FESTA.ESTABAMOS UN POUCO TRISTES POIS A NÓS  ENCÁNTANOS A TROULA PERO NUN PERIQUETE ORGANIZAMOS UNHA ACTIVIDADE QUE RESULTOU SER MOI INTERESANTE E NOS DIVERTIMOS MOITO XOGAR CON ESPUMA DE AFEITAR!!!!!.AO PRINCIPIO NON SABIAMOS QUE ERA AQUELA COUSA BRANCA E ALGÚNS NON QUERIAMOS TOCAR PERO ULIA MOI BEN E DESPOIS DE PROBAR NON PARAMOS DE XOGAR DE MANCHARNOS O NARIZ,O PELO,A CARA,FIXEMOS DEBUXOS...ALGÚNS PARECIAMOS BONECOS DE NEVE.FOI MOI DIVERTIDO!!!!

EVA VISITA A CLASE DE TRES ANOS

EVA A NAI DE PABLO VEU A CONTARNOS UN CONTO.A BENVIDA FOI MAGNÍFICA APERTAS,ACHUCHÓNS,...E PABLO MOI EMOCIONADO.DESPOIS DA LECTURA PASOU UN RATIÑO CON NÓS XOGANDO. MOITAS GRAZAS POLA TÚA VISITA FOI UN PRACER.

TAREFAS

ESTA SEMANA EMPEZAMOS UN TRIMESTRE NOVO E COMEZAMOS CON MOITA ENERXÍA NÓTASE QUE TEMOS A BATERIA CARGADA A 100%.TRABALLAMOS O LIBRO "DE QUE COR É UN BICO?" QUE NOS REGALOU O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA POLO BEN QUE FIXEMOS  A POSTAL DE NADAL.FIXEMOS A SERIE NUMÉRICA ATA O 10.E TIVEMOS A VISITA DA FADA  E DO DUENDE DOS NÚMEROS QUE ESCONDÍANNOS OS NÚMEROS E TIÑAMOS QUE ADIVIÑAR QUE NÚMERO FALTABA.A PROFE MAIKA CONTOUNOS O CONTO DE "SIETE RATONES CIEGOS" E GUSTOUNOS MOITO.DESPOIS FIXEMOS UN XOGO COS OLLOS TAPADOS POR UN PANO  TIÑAMOS QUE DESCUBRIR QUE COMPI ESTABAMOS A TOCAR POLO SEU PELO,POLA SÚA VOZ,... E A VERDADE QUE ACERTAMOS UN MONTÓN.

CANCIÓN DE NADAL

O XOVES 21 DE DECEMBRO CELEBRAMOS O NOSO FESTIVAL DE NADAL PERO ANTES DE ESE DÍA TIVEMOS QUE ENSAIAR COS NOSOS COMPIS DE CATRO ANOS,PREPARAMOS A NOSA COROA DA ÁRBORE DE NADAL PARA O DÍA DA ACTUACIÓN.AQUÍ TEDES NUNHA PEQUENA PRESENTACIÓN DE TODO O QUE FIXEMOS ANTES DO DÍA DA FESTA.EN BREVE COLGAREMOS UNHA PRESENTACIÓN DO BEN QUE O FIXEMOS ESE DÍA CON TODOS OS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS.

MOCHILA VIAXEIRA

HAI UNHAS SEMANAS COMEZAMOS UNHA NOVA AVENTURA "A MOCHILA VIAXEIRA" ONDE PODEDES DISFRUTAR DURANTE UNHA SEMANA DO CONTIDO DA MOCHILA.DESPOIS DE VOLTA LEMOS AS VOSAS ANOTACIÓNS NA LIBRETA E FALAMOS DO QUE MÁIS NOS GUSTOU E O QUE MENOS CO COMPI QUE LEVOU A MOCHILA.ENCÁNTANOS OS DEBUXOS TAN BONITOS QUE FACEDES.ESTE TRIMESTRE FLAVIA,DANIELLA,ALEX E LOIS POIDERON DISFRUTAR DESTA AVENTURA PERO CONTINUARÁ O PRÓXIMO TRIMESTRE.

BELEN DE PRIMAIA

OS NOSOS COMPIS DE PRIMARIA CADA ANO FAN UN BONITO BELEN DE NADAL CON PASTILINA E NON FALTA NINGÚN DETALLE PASTORES,ANIMALIÑOS,LAGO CON CISNES,A HORTA,OS REIS MAGOS,...COMO PODEDES VER NON FALTA DETALLE E NON PODIAMOS PASAR SEN VELO E GUSTOUNOS MOITO.MOITAS GRAZAS NENOS E NENAS DE PRIMARIA MOI BO TRABALLO.

CANTO TRABALLAMOS

NA ÚLTIMA SEMANA ANTES DAS VACACIÓNS ESTIVEMOS UN POUCO ATAREFADOS REMATANDO AS POSTAIS,OS ADORNOS DE NADAL,PREPARANDO A CANCIÓN COS NOSOS COMPIS DE CATRO ANOS,ESTIVEMOS CANTANDO E BAILANDO PANXOLIÑAS,XOGAMOS A XOGOS DE NADAL NO ORDENADOR E DICIR NON PARAMOS.AQUÍ DEIXOVOS A PRESENTACIÓN DE TODAS AS TAREFAS QUE FIXEMOS NESA SEMANA.

OLA CHÁMOME!!!

O NOSO LIBRO NON PARA DE MEDRAR E CADA DÍA TEN MÁIS PÁXINAS.ABRIL ESCRIBIU UN NOVO CAPÍTULO.PRESENTOUNOS A SÚA FAMILIA E O MOITO QUE VIAXAN.ENSINOUNOS A SÚA HABITACIÓN E O MOITO QUE LLE GUSTA IR DISFRAZADA.ENCÁNTALLE A PATRULLA CANINA E A SÚA PERSONAXE FAVORITA E MARSHALL.GRAZAS FAMILIA POLA VOSA COLABORACIÓN CADA VEZ COÑECEMOS MÁIS COUSAS DOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS.

POSTAL DE NADAL

O NADAL VEN CARGADO DE ADORNOS,PANXOLIÑAS,TURRÓN,...E TAMÉN DE UNHA FERMOSA POSTAL DE NADAL.ESTE ANO FOI O RENO DE PAPA NOEL QUE FIXEMOS COA ESTAMPACIÓN DA NOSA MAN E O DECORAMOS CON OLLOS MÓBILES,POMPÓNS,ESTRELAS E QUEDOU ASÍ DE FERMOSA.ESPERO QUE VOS GUSTARA.

PSICOMOTRICIDADE

XA ESTAMOS OUTRA VEZ AQUÍ DE NOVO.PRIMEIRO DESEXARVOS A TODOS UN FELIZ ANO NOVO E QUE ESTE ANO VEÑA CARGADO DE COUSAS MARAVILLOSAS.UNHA APERTA PARA TODOS E TODAS.

NESTA PRESENTACIÓN QUERO QUE VEXADES QUE BEN O PASAN OS NENOS E NENAS NA CLASE DE PSICOMOTRICIDADE CON ANA E MAIKA QUE NOS ACOMPAÑA TODOS OS MARTES NA HORA DE EDUCACIÓN FÍSICA.NON PARAN DE ARGALLAR COUSAS PARA QUE DISFRUTEMOS E O PASEMOS XENIAL.

Distribuir contido