4º curso EI

CANTO TRABALLAMOS

NON PARAMOS DE TRABALLAR E FIXEMOS UN MONTÓN DE TAREFAS ENTRE O XOVES E O VENRES DA SEMANA PASADA E ESTA SEMANA.A VOLTA DAS VACACIÓN DEBUXAMOS DE QUE FOMOS DISFRAZADOS ESTE ENTROIDO E FORON MOI VARIADAS AS RESPOSTAS PIRATAS,PRINCESAS,POLICIAS,BRANCANEVES,...TAMÉN ESCRIBIMOS COMO NÓS SABEMOS DE QUE FOMOS DISFRAZADOS.TAMÉN FIXEMOS A NOSA PULSEIRA DA AMIZADE POIS A CLASE DE TRES ANOS É A CLASE ONDE TODOS E TODAS SOMOS AMIGOS E AMIGA,PERO A PULSEIRA QUE DECORAMOS A TIÑAMOS DE REGALAR A OUTRO COMPAÑEIRO OU COMPAÑEIRA.ORDENAMOS AS LETRAS DO NOSO NOME POIS ESTABAN DESCOLOCADAS E HABÍA QUE POÑELAS NO SEU SITIO,QUÉ LIO!!!.

NON PARAMOS NIN UN  MINUTO.

NICOLÁS

TIÑAMOS PENDENTE A PRESENTACIÓN DA SEMANA  PASADA ONDE O NOSO COMPI NICOLÁS PRESENTOUNOS A SÚA FAMILIA  E O BEN QUE O PASA CO SEU IRMÁN DIEGO E O SEU CURMÁN MATEO PERO O QUE LLE ENCANTA É DISFRAZARSE,E POR CERTO ÍA BEN GUAPO  DISFRAZADO DE CHARLIE CHAPLIN E COMO NON OS SEUS DEBUXOS FAVORITOS SON A PATRULLA CANINA E PEPA PIG.GRACIAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN E AXUDA.UNHA APERTA.

PREPARANDO O ENTROIDO

O VENRES FESTEXAMOS O ENTROIDO E TODO O COLE FOI DISFRAZADO DA TEMÁTICA "LENDAS DE GALICIA".CADA CURSO TRABALLOU UNHA LENDA E NÓS ESCOLLEMOS A SOMBRA DO PEREGRINO.COMEZAMOS PREPARANDO A LENDA PARA CONTARLLE A TODOS OS DEMÁIS CURSOS ,COMO VAN VESTIDOS OS PEREGRINOS,A ONDE ÍAN,COMO SABÍAN CAL ERA O CAMIÑO QUE OS LEVABA A SANTIAGO,O AGASALLO QUE OBTIÑAN AO CHEGAR A CIDADE COMPOSTELANA E FIXEMOS UN CARTEL ONDE ESCRIBIMOS TODAS AS COUSIÑAS QUE LLES CONTAMOS AOS NOSOS COMPAÑEIROS.OUTRA TAREFA QUE TIVEMOS QUE FACER FOI CONFECCIONAR O NOSO DISFRAZ.TIVEMOS QUE COLOREAR,PINTAR CON PINTURA DE DEDOS,PEGAR GOMETS,POÑER O NOSO NOME NO BOLSILLO E DICIR NON PARAMOS NIN UN MINUTO.CANTO TRABALLAMOS.TAMÉN APRENDIMOS UNHA CANCIÓN COA MÚSICA DO GRUPO PIMPINELA"AO OMPÁS DUNHA MUÑEIRA"QUE ADAPTAMOS A NOSA TEMÁTICA.NO APARTADO DE NORMALIZACIÓN E DE SEGUNDO CICLO TEDES UNHA PRESENTACIÓN DO ENTROIDO E DO CONCURSO DE LARPEIRADAS.ESPERO QUE VOS GUSTE.

TEMOS QUE AGRADECER COMO SEMPRE AS FAMILIAS A VOSA AXUDA E COLABORACIÓN SEMPRE ESTADES DISPOSTOS A BOTAR UNHA MAN.UNHA APERTA MOI FORTE.

LENDA DO PEREGRINO

"Segundo o relato que se foi transmitindo de xeración en xeración, hai unha sombra que acompaña ao peregrino durante o longo traxecto pola Ruta Xacobea. Sente a súa presenza durante os tramos máis duros, pero tan só existe un lugar onde o peregrino se atopa con ela: na praza da Quintana. Unha das lendas con máis sona en Compostela, a Sombra do Peregrino converteuse nos últimos tempos nunha das imaxes máis fotografiadas de Santiago"

THIAGO

ESTA SEMANA DE TANTA FESTA TIVEMOS A VISITA DE LORENA E EREA VIÑERON A CONTARNOS UN CONTO MOI FERMOSO "MONSTRUO ROSA " DE OLGA DE DIOS.GUSTOUNOS MOITO E DESPOIS FIXEMOS O NOSO PROPIO MONSTRUO COLOREANDO E PEGANDO ANAQUIÑOS DE LÁ.O PASAMOS XENIAL E ENCANTOUNOS PASAR UN TEMPIÑO CON VÓS.UNHA APERTA MOI FORTE DOS NENOS E NENAS DE TRES ANOS.

LIA

ESTA SEMANA LIA CONTOUNOS COUSAS DA SÚA VIDA,COÑECIMOS AOS SEUS PAIS,AO SEU IRMÁN MIGUEL,A SÚA COR FAVOTITA O ROSA,OS SEUS DEBUXOS PREFERIDOS PEPA PIG,DORA,AS ACTIVIDADES QUE LLE GUSTA FACER EN FAMILIA E O MOITO QUE QUERE A MIGUEL.MOITAS GRAZAS FAMILIAS POR FACER QUE ESTE LIBRO ESTÉ FEITO CON TANTO AGARIMO E CON UN PEDACIÑO DE CADA UN DE VÓS.

MANDADOS DO MECO

COMEZAMOS A SEMANA DO ENTROIDO COS MANDADOS DO MECO.O PRIMEIRO DÍA EN PIXAMA E BATA,O SEGUNDO DÍA CON TODO AO REVÉS,O MÉRCORES TODO O MUNDO COA CARA PINTADA E XOVES DISFRAZADOS DO QUE MÁIS NOS GUSTE.A VERDADE QUE TODO O MUNDO CUMPRIMOS COS MANDADOS CON MOITA IMAXINACIÓN.

ATA SEMPRE EULOXIO!!!

LEVAMOS UN TEMPO QUE NON FACEMOS MÁIS QUE DESPEDIR XENTE DO COLE A SEMANA PASADA A IKER E ESTA SEMANA A EULOXIO. O NOSO PROFE DE APOIO REMATOU O SEU TRABALLO E AGORA TÓCALLE UN MERECIDO DESCANSO.QUEREMOS AGRADECERLLE A SÚA AXUDA,COLABORACIÓN E MOITOS MOMENTOS QUE COMPARTIMOS TODOS XUNTOS DURANTE MOITO TEMPO.AGORA A DESCANSAR E COMO NON VISITARNOS DE CANDO EN VEZ.QUISEMOS AGRADECERLLE A SÚA DEDICACIÓN CUNS DEBUXOS DE TODOS OS NENOS E NENAS DE INFANTIL QUE EXPUSEMOS NO CORREDOR DE INFANTIL .MOITAS GRAZAS EULOXIO UNHA APERTA MOI FORTE!!!.

TAMÉN QUEREMOS DARLLE A BENVIDA A SILVIA A NOVA MESTRE DE APOIO.

O CORPO HUMANO E O MEU NOME

COMO NOS GUSTA DEBUXARNOS E ESCRIBIR O NOSO NOME E CANTO AVANZAMOS DENDE O COMEZO DO CURSO,OS CAMBIOS SON ESPECTACULARES.MOI BO TRABALLO!!!.

O DÍA DA PAZ

O LUNS COMEZAMOS A SEMANA CO PEGADO DAS MANS E ENSAIANDO TODO O COLE NO PATIO A CANCIÓN "SO CON TRES LETRAS " POIS QUERÍAMOS QUE NOS SAÍRA MOI BEN  E NON QUERIAMOS QUE HOUBERA NIN UN FALLO. O MARTES DESPOIS DO RECREO DE PRIMARIA SAIMOS TODO O CENTRO A CANTAR A CANCIÓN OS NENOS DE 5º E 6º PRIMARIA FIXERON UNHA PERCUSIÓN CON DOUS PAOS ACOMPAÑANDO A LETRA.A VERDADE QUE SAIU MOI BEN,SOMOS UNS VERDADEIROS ARTISTAS.

PREPARANDO O DÍA DA PAZ

O DÍA 30 DE XANEIRO CELÉBRASE O DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ. PARA ESE DÍA TIÑAMOS QUE DECORAR UNHA MAN E POÑERLLE O NOSO NOME PARA DESPOIS NO MURAL DO PORCHE TODOS OS NENOS E NENAS DO COLE PEGARA AS MANS NOS TRONCOS COMA SE FOSEN AS FOLLAS DAS ÁRBORES PERO ATA PEGALAS TIVEMOS QUE DECORAR A MAN,ENSAIAR A CANCIÓN,A LETRA É DUN POEMA DA ESCRITORA GLORIA FUERTES "SO CON TRES LETRAS".NA AULA TAMÉN FALAMOS SOBRE O TERMO PAZ...UN POUCO ABSTRACTO PARA ELES PERO SI FALAMOS DAS COUSAS QUE NOS GUSTAN E NOS FAN ESTAR CONTENTOS E AS COUSAS QUE NON NOS GUSTÁN E NÓS FAN ESTAR TRISTES.

Distribuir contido