4º curso EI

VISITA DE FÁTIMA

HOXE TIVEMOS A VISITA DE FÁTIMA A NAI DE ALEJANDRO.

FÁTIMA CONTOUNOS UN CONTO MOI DIVERTIDO DUN RATIÑO QUE ÍA A UN CONCERTO E POLO CAMIÑO ATOPA A VARIOS ANIMAIS. ADEMÁIS BAILAMOS CON ELA UNHA CANCIÓN QUE SE TITULA "EL BAILE DEL SAPITO"  E GUSTOUNOS TANTO QUE SEGURO QUE LLE IMOS PEDIR Á PROFE QUE A POÑA MÁIS VECES.

GRACIAS FÁTIMA, PASÁMALO XENIAL!!!!!!

 



NADAL

CON MOTIVO DA CHEGADA DO NADAL FIXEMOS VARIAS ACTIVIDADES.

DECORAMOS OS PASILLOS CON POSTAIS FEITAS POR NÓS, ADEMÁIS CON ELAS PARTICIPAMOS NO CONCURSO DE POSTAIS DO COLE E COMO PREMIO AGASALLÁRONNOS CUN CONTO. TAMÉN FIXEMOS UN ADORNO PARA A ÁRBORE E RECIBIMOS A VISITA DO APALPADOR QUE NOS AGASALLOU CUNHA MOREA DE ANIMAIS PARA XOGAR.

O DÍA 14 FOMOS EN TREN A FERROL A TOMAR CHOCOLATE CON CHURROS E... COMO NON, CANTAMOS DÚAS PANXOLIÑAS NO FESTIVAL DE NADAL ( OS VÍDEOS DA VIAXE EN TREN E DAS ACTUACIÓNS PODEDES ATOPALOS NO APARTADO DO 2º CICLO DE INFANTIL).



ANIVERSARIO LÍA, IAN E VALENTINA

ANTES DE IRNOS DE VACACIÓNS DE NADAL CELEBRAMOS OS ÚLTIMOS ANIVERSARIOS DO ANO 2018.

VALENTINA, LÍA E IAN CUMPLIRON 3 ANOS E CELEBRÁMOLO TODOS XUNTOS. VIMOS PORQUE PASAN OS ANOS, SOPRARON AS CANDEAS E COMIMOS BISCOITO.

PARABÉNS AOS TRES!!!!!!

 

 



VISITA DE YOLI

O PASADO 13 DE DECEMBRO  TIVEMOS A VISITA DE YOLI, A NAI DE MIGUEL.

YOLI CONTOUNOS UN CONTO QUE NOS GUSTOU MOITÍSIMO, TITULÁBASE " A QUE SABE LA LUNA". NO CONTO UNS ANIMALIÑOS ESTABAN DESEXOSOS DE COÑECER A QUE SABÍA A LÚA E AXUDÁNDOSE UNS A OUTROS LOGRARON ALCANZALA. TAMÉN NOS TROUXO UNS COMEDORES DE CONTOS, AOS QUE LLES GUSTABA MOITÍSIMO QUE LLES CONTARAN CONTOS, COMO A NOS!!!!!

OS COMEDORES DE CONTOS ESTABAN FEITOS CUN CALCETÍN. ERAN MOI DIVERTIDOS!!!!

GRACIAS POR VIR YOLI!!!!!



OUTONO

XA ESTÁ REMATANDO O OUTONO E NA CLASE ESTIVEMOS TRABALLANDO SOBRE ESTA ESTACIÓN DO ANO.

COÑECIMOS ALGÚNS ASPECTOS DO OUTONO, APRENDIMOS AS CORES QUE PODEN ADQUIRIR AS FOLLAS  DAS ÁRBORES DURANTE ESTA ESTACIÓN, SOUBEMOS CALES SON ALGÚNS DOS FROITOS QUE MADURAN NESTA ÉPOCA DO ANO ( ADEMÁIS DA DIFERENCIA ENTRE FROITOS SECOS E CARNOSOS) E TAMÉN APRENDIMOS OS NOMES DALGÚNS QUE NON COÑECIAMOS, VIMOS COMO SE ESCRIBÍA A PALABRA OUTONO E... MOITAS COUSAS MÁIS.

 

 

 

ANIVERSARIO VERA

NO MES DE NOVEMBRO CELEBRAMOS O  ANIVERSARIO DE  VERA.

PRIMEIRO VIMOS PORQUE VERA CUMPRÍA TRES ANOS, DESDE QUE VERA NACEU ATA O DÍA DO SEU TERCEIRO ANIVERSARIO A TERRA DEU TRES VOLTAS ARREDOR DO SOL.

DEPOIS APAGOU AS CANDEAS E TODOS E TODAS COMIMOS UN BISCOITO QUE ESTABA BOÍSIMO!!!!!

PARABÉNS VERA!!!!!!



VISITA DE FÁTIMA, ANXO E NOA

O PASADO VENRES VIÑÉRONNOS VISITAR FÁTIMA, ANXO E NOA ( OS PAIS E A IRMÁ DE IAN).

NA SÚA VISITA CONTÁRONNOS UN DOS CONTOS FAVORITOS DE IAN " EL DRAGÓN  ZOG". ESTE CONTO FOI UN AGASALLO QUE LLE FIXO A IAN A SÚA TÍA SABELA. FOI UN CONTO MOI DIVERTIDO DONDE ZOG APRENDÍA A FACER MOITAS COUSAS (VOAR, BOTAR LUME POLA BOCA....).
 
GRACIAS FÁTIMA, ANXO E NOA!!!!

 



VISITA DE TAMARA, RAFAEL E IZAN

O PASADO 22 DE NOVEMBRO VIÑERON FACER UNHA ACTIVIDADE CON NÓS OS PAIS E O IRMÁN DE ANXO.

COMO ESTÁ MOI PRETIÑO O NADAL CON TAMARA, RAFAEL E IZAN FIXEMOS UN  PAPA NOEL  QUE NOS QUEDOU  CHULÍSIMO.

PARA FACELO PRECISAMOS UNHA CARTULINA VERMELLA E TÉMPERA BLANCA, NEGRA E VERMELLA .

XA TEMOS UN ADORNO PARA A ÁRBORE DE NADAL FEITO POR NÓS!!!!!!!

GRACIAS A TAMARA, RAFAEL E IZAN.

 

ANA, PURI, COURTNEY E MARCOS

OS LUNS VAMOS A CLASE DE PSICOMOTRICIDADE CON ANA, O MARTES TEMOS INGLÉS CON PURI ( AGORA TAMÉN CON COURTNEY) E O XOVES MÚSICA CON MARCOS.

CON ELES FACEMOS UN MONTÓN DE COUSAS: BAILAMOS , CANTAMOS, XOGAMOS... E POR SUPOSTO APRENDEMOS MOITO.

QUERIAMOS QUE VIRADES ALGO DO QUE FACEMOS!!!!!

 

VISITA DE GLORIA, MARCOS E MATEO

O PASADO 15 DE NOVEMBRO TIVEMOS A VISITA DA FAMILIA DE VERA.

A VERA FACÍALLE ILUSIÓN QUE OS SEUS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS  COÑECÉRAMOS UN DOS SEUS CONTOS FAVORITOS, ASÍ QUE GLORIA ( A NAI DE VERA) CONTOUNOS O CONTO. ADEMÁIS FIXEMOS UNHAS MARACAS QUE NOS QUEDARON XENIAL, MATEO ( O IRMÁN DE VERA) AXUDOUNOS A DECORALAS E BAILAMOS E CANTAMOS CON MARCOS ( O PAI DE VERA QUE ADEMÁIS É O NOSO PROFE DE MÚSICA).

FOI SUPERDIVERTIDO!!!!

GRACIAS GLORIA , MARCOS E MATEO!!!!!

 

 

Distribuir contido