4º curso

Material de Inglés - 2ª semana

Comezamos esta segunda semana sen clase cunhas recomendacións da mestra de Inglés: 

 

"Aprendemos en casa". Programa televisivo desde o 23-03-2020 ata o 27-03-2020

Queridas familias:

O MEFP xunto con TVE lanzan a iniciativa "Aprendemos en casa" contidos educativos que podedes seguir polas canles de Clan Tv e a 2 de TVE.

Materiais de Inglés para 4º de Primaria - 1ª semana

Querid@s nais e pais dos nen@s do CEIP Ponte de Xuvia:

Materiais de Matemáticas para 4º de Primaria

Neste apartado indico a ficha de repaso que usamos para traballar, as solucións a esa ficha por se o precisades e tamén uns enlaces nos que podedes acceder a xogos interactivos cos contidos matemáticos vistos ata agora.

Materiais de Lengua e Lingua para 4º de Primaria

Ola familias.

A continuación indico as fichas de repaso que utilizamos tanto para Lengua como para Lingua na primeira semana sen clase por se algún precisa acceder a elas. Indico tamén diferentes enlaces aos que podedes acceder para realizar xogos interactivos sobre os contidos tratados ata agora.

A adiviña sentimentos

A ADIVIÑADORA DE SENTIMENTOS

Este proxecto parte do interese do alumnado de 4º de Primaria por profundizar no coñecemento das emocións e sentimentos propios e alleos. 

 

Actividades tipo I

Chuvia de ideas e debate oral grupal sobre que é o que sabemos e que é o que queremos saber sobre as emocións e sentimentos. 

 

 Actividades tipo II

Comezamos coa lectura do libro "El emocionómetro del Inspector Drilo" e posteriormente realizamos unha búsqueda de información sobre cada emoción e sentimento que atopábamos na publicación. En base a dita información, creamos unha batería de preguntas que nos permitiría adiviñar a emoción ou sentimento da persoa á que lle realizábamos o cuestionario (para isto empregamos o programa Google Forms) e ademais formulamos hipóteses sobre como pensabamos que se sentía o alumnado dos diversos cursos do centro (ao que despois lle fariamos as preguntas para corroborar se se cumpriran as hipóteses). 

Ademais disto, creamos uns trípticos coa información que recollimos sobre as emocións e sentimentos , establecendo resposta ás preguntas "Que é?", "Como recoñecer a emoción?" e "Como actuar ante ela?". Así mesmo, creamos uns avateres para cada emoción dos que fixemos pegatinas e elaboramos unhas gráficas cos resultados obtidos nos cuestionarios feitos. 

 

Actividades tipo III

Posta en práctica da adiviña sentimentos e elaboración de conclusións. 

 

Prantamos no invernadoiro

Chegou abril e, como por fin o cole preparou o invernadoiro, escollimos as prantiñas que queriamos e alá fomos a prantalas. Como non sabiamos, os nenos e nenas de 4º nos ensinaron e axudaron a prantalas. O fixeron xenial e pensamos que nós tamén, polo menos lle puxemos moitas ganas e esforzo.

Picando na 1ª imaxe veredes unha pequena presentación do que alí aconteceu e, picando na 2ª, veredes un vídeo coa actividade. Foi unha experiencia excelente.

XOGOS POPULARES EN ALDEA NOVA

O MÉRCORES 30 DE MAIO PARTICIPAMOS NA ACTIVIDADE DE XOGOS POPULARES EN ALDEA NOVA.

PASÁMOLO MOI BEN!


Distribuir contido