3º curso

SAMAÍN

Como todos os anos, chegando o Samaín tocou facer cabazas, pero este ano viñeron unhas rapazas do Concello a botarnos unha man á hora de realizalas. Foi unha actividade moi divertida e gustounos moito poder facer esta actividade dun xeito diferenete ao de todos os anos.

Ademais, como sempre, tocou disfrazarnos e pasar un estupendo día de medo.

Premendo nas imaxes podedes ver unha presentación coas cousiñas que pasaron neste Samaín.

Obradoiro Musical

Comeza un novo curso no CEIP Ponte de Xuvia e, que mellor xeito de comezar que cun estupendo obradoiro musical!!

Este obradoiro foi levado a cabo no centro polo Padroado de Cultura de Narón e se fixo en dúas sesións. Nunha primeira se lles falou aos nenos e nenas das actividades relacionadas coa música que se levan a cabo no Concello e dos distintos instrumentos que se poden aprender. Na segunda nos falaron de instrumentos típicos de Galicia e nos ensinaron un pouco de baile galego co que disfrutamos moitísimo.

Como sempre, premendo nas imaxes veredes: unha pequena presentación da actividade e dous vídeos, un de cada sesión. Agardamos que disfrutedes tanto coma nós con ela.

Fin Traballo Cómic - 4

Non só analizamos cada parte do cómic. Traballámolas, debuxado e ao final conseguimos crear as nosas tiras de cómic feitas a man e no ordenador.
Todo isto realizámolo dividindo a clase en catro grupos, o que dió lugar a catro grandes traballos sobre o cómic que cada grupo presentou e explicou polas aulas a todos os compañeiros do colexio.
Este traballo quedará depositado na biblioteca do centro para a súa consulta.

Mª José J.

Proyecto Cómic

Estámos estudiando y analizando cada parte del cómic.

DISFRACES PARA O ANTROIDO

ESTA É A ÁRBORE QUE VOS AMOSEI NA AULA O LUNS. SE TEDES ALGÚN PROBLEMA PARA CONSEGUIR OU RECORTAR O CARTÓN FALADE CONMIGO.

Recursos web sobre Narón

Nesta presentación podedes atopar máis información sobre o proxecto de Narón e unha serie de enlaces web no que podedes atopar a información necesaria sobre distintos aspectos do noso Concello.

Debaixo da presentación tamén podedes descargar o documento e picar directamente nos enlaces para que sexa máis sinxela a busca.

Esperamos vos sexa moi útil!!

                                   

 

Documento de texto

O MAGOSTO

Celebramos o magosto coa visita do castañeiro que nos amosou como facer o cucurucho para comer as castañas, que emprega parar asalas e ata unha adiviña!

Foi moi divertido e as castañas deliciosas... Moitas grazas ás persoas que fixestes posible este día tan tradicional e agradable.

Distribuir contido