3º curso

Móvete connosco na casa

A Dirección xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pon en marcha a iniciativa “Móvete connosco na casa”. Unha programación semanal relacionada coa actividade física e as técnicas de relaxación para axudar aos escolares de educación primaria a a manter a calma e seguir protexendo a saúde durante o tempo de confinamento.

Os vídeos constan dunha serie de actividades físicas cunha duración de 15 minutos aproximadamente, deseñadas para ser desenvoltas na casa, sen apenas material específico e dunha maneira sinxela, divertida e significativa.

Tarefas de inglés - semana do 27 de abril -3º primaria

Aquí vos deixo as tarefas para 3º de primaria de inglés

Traballo 3º de primaria para a semana do 27 de abril ao 3 de maio

Esta semana faremos xogos de repaso pero nos dedicaremos a ir rematando traballos de semanas anteriores. Ademais esta semana comezaremos con sesións por videoconferencia de educación física e inglés. No documento adxunto se explica todo o traballo planificado para esta semana.

Un saúdo a todos e todas!!

Materiais educación física - 3º de primaria - semana do 20 de abril

No seguinte documento vos deixo novas actividades para facer de educación física dende a casa. Agardo que vos resulten interesantes!!

Actividades de relixión da semana do 20 ao 27 de abril

Aí vos van as actividades de relixión desta semana

Traballo de inglés para a semana do 20 ao 27 de abril - 3º primaria

Estas son as actividades propostas para esta semana dende a área de inglés para 3º de primaria

Tarefas para a semana do 20 ao 27 de abril

Ola a todos!!

Comezamos outra semana sen poder volver ao cole pero con moitas ganas de seguir aprendendo, ou polo menos, agardo que sexa así!!

Polo de agora non podemos avanzar materia así que, ao longo destas semanas, faremos repasos do que fomos aprendendo ata este momento.

Tarefas para a semana do 14 ao 20 de abril

Aquí vos adxunto as tarefas para esta semana. Bo inicio do terceiro trimestre a todos!!

 

Novas actividades de Educación Física

Aquí tedes unha actividades novas de Educación Física. Vos envío dous vídeos para facer na casa que son os seguintes:

A bailar: para todo primaria.

Circuit training: para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.

Agardo disfrutedes moito con eles!!

Distribuir contido