2º curso

Visita de Xabier P. Docampo

Este curso no centro traballamos os libros de Xabier P. Docampo, escritor galego de literatura infantil e xuvenil. Nesta presentación podedes ver un resumo de todo o que fixemos. Se queredes ver os vídeos completos os podedes atopar na Aula Virtual do centro, no apartado de Vídeos.

Charla sobre o Discovery Spirit do avó de Sandro

Esta vez foi a familia de Sandro a que colaborou cos nosos proxectos.

O seu avó nos contou como construíron o Discovery Spirit, que é un barco xemelgo do Discovery Enterprise. Tróuxonos un plano do barco e nos explicou con moito detalle para que se utilizaba e como viviron a súa contrución os que nel traballaban.

Picando na imaxe podedes ver un vídeo da súa visita á escola. Esperamos que disfrutedes tanto coma nóa coa experiencia.

                                       

Proxecto dos Irmáns Grimm

Este curso, para celebrar o 200 aniversario dos Irmáns Grimm, Nicoleo enviounos unha mensaxe para animarnos a traballar os seus contos. Nesta ocasión tocounos traballar o contos do Anano Saltarín e estas foron as actividades que fixemos.

Un MURAL no que a xente podía escribir o nome que quixera para o Anano Saltarín.

E tamén as nosas propias versións do Anano Saltarín onde os bos non son tan bos e os malos non o son tanto. Podedes velos completos na Aula Virtual, no apartado de Proxectos dos Irmáns Grimm. Mirade que ben nos quedaron!!

Charla sobre o Discovery Enterprise do avó de Irene

Como parte do proxecto do estudio de Narón e tamén co de Educación Viaria que estamos a levar a cabo, viu o avó de Irene á escola a contarmos as súas experiencias.

Nesta ocasión falamos de como construíron o Discovery Enterprise, o barco que rompeu a Ponte das Pías de Fene e que conlevou a creación de moitas das nosas estradas, ademais de grandes dificultades para os concellos de Narón, Fene e Ferrol polas súas comunicacións.

Picando na imaxe podedes ir á Aula Virtual e ver o vídeo desta charla, moi entretida e, sobre todo, que nos fixo pensar moito. Moitísimas grazas pola túa visita!! Foi xenial!!

                                     avó de Irene

Visita da nutricionista de Neda

No mes de febreiro, e seguindo co proxecto de alimentación do centro, recibimos a visita de Rosa, a pediatra dalgúns dos nenos e nenas do cole, para contarmos moitas cousas sobre como ter unha boa alimentación e amosounos a pirámide de alimentos cunha entretida actividade.

Moitas grazas por vir!! Foi moi divertido!!  Podedes ver o Vídeo na Aula Virtual. Está colgado no Proxecto de alimentación, no derradeiro apartado de Vídeos do proxecto.

                                   alimentacion

Proxecto sobre Narón- Vídeo de presentación

Tras moito traballo e esforzo por parte de todos, por fin rematamos o proxecto de Narón!! Aquí podedes ver todas as cousiñas que aprendimos do noso Concello, moitas das fotos e traballos dos alumnos e alumnas, así como un vídeo de presentación coas informacións recollidas.

Esperamos que disfrutedes con el tanto coma nós facéndoo xa que, agora, o noso entorno nos é un pouco menos descoñecido. Animádevos a coidalo e respectalo para que poidamos disfrutalo durante moitos anos.

Entroido 2013

Este ano, para o Entroido, o cole volveu recibir a visita do Meco que, para xuntarse á nosa festa de froitas e árbores, era unha landra ben bonita. Mirade que bonitos nos mandou ir!!

E, para o festival, nos convertimos en laranxas e limóns. Traballamos moito nos disfraces coa grande axuda das nosas familias e quedaron así de lindos. Esperamos que vos gusten!!

Día da Paz - Wangari Maathai

Este ano coñecimos a conmovedora historia de Wangari Maathai, unha muller de Kenia que loitou moito polos dereitos da natureza e das mulleres en África mediante a semente de árbores cos que repoboar o planeta.

Picando na imaxe podedes ver unha presentación coa historia de Wangari e as árbores que fixemos para contribuír ó "bosque" que fixemos na escola e, no enlace de abaixo, unha actividade para xogar con Wangari e aprender un pouco máis da súa historia.

                      wangari

Actividade LIM sobre Wangari Maathai

Visita á Domus na Coruña

No mes de xaneiro, e despois de unhas merecidas vacacións de Nadal, marchamos de excursión á Coruña para coñecer o Museo do Home, tamén coñecido como Domus na Coruña. Alí aprendimos, xunto cos nenos e nenas de 1º, unha morea de cousas sobre o ser humano e a súa historia. Vimos ó home máis grande do mundo, como nace un bebé e fixemos unha morea de xogos e experimentos moi divertidos.

Aquí podedes ver unha pequena presentación de todo o que fixemos alí

As nosas prantas

Como proxecto para o 1º trimestre, estivemos as estudiar as plantas. As sementamos en distintos materiais (algodón, terra e auga) e aprendemos todo o que precisan para poder medrar. As coidamos con moito agarimo e estivemos moi atentos ó rápido que medraban algunhas e o pouco que medraban outras... Eso si, todos nós levamos unha plantiña para casa e aínda seguimos a disfrutar de como outras seguen a crecer.

Aquí podedes ver este lindo proxecto que fixemos.

Distribuir contido