2º curso

Concurso de postais do Nadal

Como todos os anos, no colexio fixemos un concurso de postais para comezar a celebrar o Nadal. Nesta ocasión a gañadpra foi Esther!!

Premendo na 1ª imaxe veredes tódalas postais e, premendo na 2ª poderedes ver a entrega de premios do concurso de postais do centro.

 

Conducimos cos karts: proxecto de educación viaria.

Dende o Concello, este curso nos propuxeron levar a cabo un circuíto de karts co alumnado do 1º ciclo no que se traballaría a educación viaria tanto dende o punto de vista dos peóns como dos condutores. Para facer isto, nos dividimos en 2 grupos e saímos á pista a xogar e aprender cos karts.

Premendo nas imaxes poderedes ver os vídeos desta divertida actividade.

Teatro de Malta: "Alegría, palabra de Gloria Fuertes"

Dende o Concello, este curso se nos propuxo asistir á obra de teatro

"Alegría, palabra de Gloria Fuertes" da compañía Teatro de Malta.

Foi un espectáculo excelente, onde os rapaces e rapazas pasaron un

rato moi ameno,cheo de maxia, luces, cores e música,

ademais de coñecer unha parte da obra da excelente poeta Gloria Fuertes.

Premendo na imaxe veredes un pequeno vídeo da nosa asistencia ao teatro e,

ademais, inclúese un vídeo de Youtube onde podedes ver un chisquiño desta magnífica obra.

           

Contacontos de Miguel, pai de Vania

Seguindo co fomento da lingua galega, esta vez foi Miguel, o pai de Vania, o que se animou a vir á clase a contarmos contiños e historias en galego. Comezou coa fábula de "Pedro e o lobo" e continuou cunha morea de contos. Foi unha mañá estupenda. Moitas grazas por vir e, dende aquí, queremos seguir animando aos papás e mamás da clase a vir e contarmos os seus contiños.

Premendo na imaxe veredes o vídeo de todo o que nos contou Miguel.

                               

Magosto

Para o Magosto, este ano fixemos uns xoguiños no pavillón e, como todos os anos, houbo castañas de parte de Ramón, o castañeiro, e unhas bebidas ben ricas!! Premendo na imaxe veredes un vídeo dos xogos e a comilona que fixemos este día.

                                     

Pareados do Outono

Como parte do proxecto de biblioteca deste curso, imos traballar as poesías e, para comezar o proxecto, fixemos no colexio un fermoso mural no que colgamos os noso pareados en galego sobre o outono.

Premendo na imaxe veredes unha presentación cos nosos pareados.

                               

Celebración do Samaín

E, case rematado outubro, chega o momento do Samaín!! Había que decorar as cabazas, facer a exposición, disfrazarse e participar nos xogos de Halloween que sempre preparan dende a sección bilingüe. Premendo na 1º imaxe podedes ver unha presentación de todo o que aconteceu nestes días e, premendo na 2ª, o vídeo coas actividades.

 

 

Exposición e charla sobre os cogomelos de Pablo, pai de Laura de 4º de Primaria

Este curso lle pedimos a Pablo, o pai de Laura de 4º de primaria, que viñera á escola a contarmos todo o que sabe sobre os cogomelos, nos cales é un verdadeiro experto. Así que alá foi!! Colleu o cesto, marchou ao monte, e mirade cantos cogomelos nos trouxo e cantas cousas nos contou sobre eles.

Foi un pracer telo con nós xa que aprendimos moito e nos deu moitas ganas de aprender moito máis sobre estes froitos do outono. Moitas grazas por vir!!!

Premendo na 1ª imaxe veredes unha presentación dalgúns dos froitos que trouxo e, premendo na 2º, veredes o vídeo do que aconteceu este día.

 

 

Visita ao Gadis - proxecto de alimentación

A primeira saída do curso foi ao supermercado Gadis da estrada de Cedeira. Foi pensada como un complemento para o Proxecto de alimentación que se está a levar no colexio dende hai un tempo, e nos serviu para repasar os contidos sobre alimentación de Coñecemento do Medio.

Como tiñamos moito tempo, antes da visita saímos dar unha volta polos arredores do centro comercial e, nese paseo atopamos cousas moi interesantes como un home facendo a esfolla (que nos deu unhas mazarocas de millo de agasallo), unhas ovelliñas nun campeiro e un gatiño moi lindo que non tiña medo de nós. Ademais, á volta da excursión, saímos ao parque a dar un paseo e xogar un pouco.

Premendo na primeira imaxe poderedes ver unha presentación da visita ao Gadis e, premendo na 2ª, veredes un vídeo de todo o que aconteceu este día.

Contacontos con Ana, nai de Sara Gil

Durante este curso, convidamos ás familias a vir a clase e contarmos contos ou que lles apeteza, a poder ser en galego. A primeira en visitarnos foi Ana, a nai de Sara Gil, que nos contou dous contos excelentes: "Chocolata" e "O papón" e, ademais, nos agasallou cuns preciosos debuxos sobre os contos feitos por ela. Premendo na imaxe podedes ver o vídeo do seu contacontos. Moitas grazas por vir!!! Foi estupendo terte con nós!!

                       

Distribuir contido