WebQuests, Actividades

POESÍA NO PASEO

O XOVES 19 DE XUÑO REALIZAMOS UNHA ACTIVIDADE CONXUNTA COS COMPAÑEIROS DE PRIMARIA, UN RECITAL DE POESÍA NO PASEO DE XUVIA. COMO SOMOS MOITOS RAPACES NA ESCOLA, ORGANIZARON VARIOS GRUPOS: OS NENOS E NENAS DE CINCO ANOS ACTUARON XUNTO COS MAIORES DA ESCOLA E OS DE TRES E CATRO COS DE 1º  E 2º CICLO DE PRIMARIA. A ORGANIZACIÓN CORREU A CARGO DE MARGARITA, COORDINADORA DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DE LINGUA GALEGA EN COLABORACIÓN CO EQUIPO DE BIBLIOTECA.

A IDEA ERA RECITAR ALGÚN POEMA EN GALEGO E COMO OS PEQUES SABEMOS MOITOS NON PODÍAMOS DEIXAR DE PARTICIPAR. NA CLASE DE TRES ANOS RECITARON UN POEMA DAS XOANIÑAS E NAS CLASES DE CATRO E CINCO ANOS FIXERON UNHA HOMENAXE AS ESTACIÓNS.

TODOS SABÍAMOS MOI BEN AS NOSAS POESÍAS E GUSTOUNOS MOITO VER AOS OUTROS COMPIS DICIR POEMAS DE AUTORES COMO XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, ROSALÍA DE CASTRO OU ANTÓN CORTIZAS.

LEDE POESÍA CON NÓS :-)

 

WebQuest "Xogos do mundo"

Seguindo coas WebQuests e aproveitando o proxecto que estamos a levar a cabo no cole dos países do mundo, propónsevos unha nova WebQuest dirixida a aprender algúns xogos típicos dos países que estades a estudiar nas aulas. Deste xeito podemos aprender xogos novos entre todos e aproveitalos durante os recreos ou o tempo de lecer.

 

Esperamos disfrutedes e, sobre todo, aprendades moito con esta actividade.

 

Tamén se presenta como adxunto para a vosa comodidade.

web quests "Curiosidades do noso nacemento"

Comezamos o proxecto de TICs dende a aula de informática cunha WebQuest moi divertida e que vos pode ensinar moito sobre a data do voso nacemento.

Unha WebQuest consiste nun proxecto de investigación a través de Internet no que se vos pide un reto a acadar e unhas normas para acadar ese reto. A información pode ser atopada buscando nos enlaces que aparecen en recursos ou ben noutros lugares da rede que se consideren oportunos.

Lembrade que a información que ofrece Internet non sempre é verdadeira así que debemos buscar información en moitos sitios para saber que atopamos información correcta.

A continuación podedes atopar a WebQuest sobre "Curiosidades do nacemento". Tamén podedes descargala no arquivo adxunto.

A divertirse e a aprender moito!!

Actividades LIM

preme no debuxos e xoga coa actividades LIM

    Os vertebrados                     Alimentación                            Comunidades

                   

 

Rías de Galicia                                      Relevo de Galicia                   Polígonos

                            

Distribuir contido