2º Ciclo de Infantil

FESTIVAL DE NADAL,VIDEO DA PANXOLIÑA

SE PREMEDES NA FOTO VEREDES QUE BEN CANTAMOS A NOSA PANXOLIÑA "NA ÁRBORE DE NADAL" NO FESTIVAL.

VISITA AO BELÉN DE PIÑEIROS

HAI UNS DÍAS FOMOS DE VISITA AO BELÉN DE PIÑEIROS XUNTO COS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE 1º DE PRIMARIA. COMO O LUGAR NON ERA MOI GRANDE ORGANIZÁMONOS EN DÚAS QUENDAS, PRIMEIRO FORON OS COMPIS DE PRIMEIRO XUNTO COS NENOS E NENAS DE 5 ANOS E, DESPOIS, OS COMPAÑEIROS E COMPAÑERIAS DE 3 E 4 ANOS.

ADEMAIS DE VER O BELÉN PUIDEMOS BOTAR A CARTA AOS REIS MAGOS, ASÍ TERÁN TEMPO SUFICIENTE PARA BUSCAR OS NOSOS AGASALLOS.

 

festival de nadal

ESTE VENRES 19 DE DECEMBRO CELEBRAMOS O FESTIVAL DE NADAL.

A XORNADA COMEZOU ÁS 9:30 COA CHEGADA DOS NENOS E NENAS AO COLE.ÁS 10 COMEZABAN AS ACTUACIÓNS.OS PRIMEIROS EN ACTUAR FORON OS PEQUERRECHOS DO COLE QUE CANTARON A CANCIÓN NA ÁRBORE DE NADAL DO GRUPO GALEGO MAMÁ CABRA..CADA CURSO REALIZOU ALGUNHA ACTUACIÓN.

OS NENOS/AS  DE PRIMEIRO RECITARON UN VERSO  MENTRES ADORNABAN UNHA ÁRBORE DE NADAL E TAMÉN CANTARON UNHA CANCIÓN EN INGLÉS COS NENOS DE 2º.DENDE SEGUNDO ATA 6º DE PRIMARIA TOCARON UNHAS BONITAS MELODIAS ACOMPAÑADOS COA FLAUTA DIRIXIDO POLA MESTRA DE MÚSICA.OS NENOS DE ALTERNATIVA DE 4º FIXERON UNHA OBRA DE TEATRO ONDE NOS ENSINARON COMA PASAN O NADAL NO FONDO DO MAR E OS NENOS DE RELIXIÓN CANTARON UNHA FERMOSA CANCIÓN MOI COÑECIDA POR TODOS "CAMPANA SOBRE CAMANA".OS NENOS DE 5º CANTARON UNHA PANXOLIÑA COA MÚSICA DE MICHAEL JACKSON E PARA CERRAR O FESTIVAL OS NENOS DE 6º CANTARON UN RAP QUE MOLOU MOITO.

PERO O MOMENTO MÁIS EMOCIONANTE FOI CANDO CHEGOU PAPA NOEL PARA RECOLLER AS NOSAS CARTAS E DARNOS UNS CHUCHES.

DESPOIS DE TANTO CANTO,BAILE,NERVIOS,...TIÑAMOS QUE REPOÑER ENERXIA E A AMPA NOS PREPAROU UNHA RICA MERENDA.

FOI UNHA XORNADA DE MOITO TRABALLO POLO QUE AGORA TODOS E TODAS MERECEMOS UN DESCANSIÑO.

GRAZAS A TODOS POLA VOSA COLABORACIÓN.A JUANJO POR MONTAR O ESCENARIO,AOS PAPIS E MAMIS,AOS NENOS /AS POR FACELO TAN BEN,AOS MESTRES E MESTRAS  E A AMPA.A TODOS QUE PASEDES UNHAS FELICES FESTAS E FELIZ 2015.

MAGOSTO 2014

O DÍA 4 DE NOVEMBRO FESTEXAMOS O MAGOSTO NA ESCOLA. NA PRIMEIRA PARTE DA MAÑÁ HOUBO XOGOS POPULARES NO PAVILLÓN ORGANIZADOS POLA MESTRA DE EDUCACIÓN FÍSICA, MALENA, EN COLABORACIÓN CO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA. AOS PEQUES DE INFANTIL TOCOUNOS NA SEGUNDA QUENDA, DE 10 A 11. HABÍA CINCO XOGOS, CINCO GRUPOS CON NOMES DE CORES (AMARELO, VERMELLO, AZUL, VERDE E MORADO) E EN CADA GRUPO HABÍA NENOS E NENAS MISTURADOS DE 3, 4 E 5 ANOS.

DESPOIS TOCOU COMER AS CASTAÑAS QUE PREPARARA RAMÓN, O NOSO CASTAÑEIRO. COMO CHOVÍA O MAGOSTO FOI NO PORCHE DA ESCOLA INDA QUE DESPOIS SAÍU UN POUQUIÑO DE SOL E PUIDEMOS XOGAR UN TEMPIÑO FORA.

GRAZAS A TODOS OS QUE COLABORARON NA CELEBRACIÓN DESTA FESTA: PROFESORADO, ALUMNADO E ANPA DA ESCOLA.

 

POESÍA NO PASEO

O XOVES 19 DE XUÑO REALIZAMOS UNHA ACTIVIDADE CONXUNTA COS COMPAÑEIROS DE PRIMARIA, UN RECITAL DE POESÍA NO PASEO DE XUVIA. COMO SOMOS MOITOS RAPACES NA ESCOLA, ORGANIZARON VARIOS GRUPOS: OS NENOS E NENAS DE CINCO ANOS ACTUARON XUNTO COS MAIORES DA ESCOLA E OS DE TRES E CATRO COS DE 1º  E 2º CICLO DE PRIMARIA. A ORGANIZACIÓN CORREU A CARGO DE MARGARITA, COORDINADORA DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DE LINGUA GALEGA EN COLABORACIÓN CO EQUIPO DE BIBLIOTECA.

A IDEA ERA RECITAR ALGÚN POEMA EN GALEGO E COMO OS PEQUES SABEMOS MOITOS NON PODÍAMOS DEIXAR DE PARTICIPAR. NA CLASE DE TRES ANOS RECITARON UN POEMA DAS XOANIÑAS E NAS CLASES DE CATRO E CINCO ANOS FIXERON UNHA HOMENAXE AS ESTACIÓNS.

TODOS SABÍAMOS MOI BEN AS NOSAS POESÍAS E GUSTOUNOS MOITO VER AOS OUTROS COMPIS DICIR POEMAS DE AUTORES COMO XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, ROSALÍA DE CASTRO OU ANTÓN CORTIZAS.

LEDE POESÍA CON NÓS :-)

 

IMOS DE MERENDA

NA DERRADEIRA SEMANA DE CURSO APROVEITAMOS QUE OS COMPIS DESDE 2º ATA 5º DE PRIMARIA FORON DE EXCURSIÓN PARA MERENDAR FORA. HABITUALMENTE CANDO O NOSO RECREO REMATA COMEZA O DOS NENOS E NENAS DE PRIMARIA, PERO AO MARCHAREN CASE TODOS OS NENOS DO COLE FIXEMOS UNHA EXCEPCIÓN. DESTE XEITO ADEMAIS DE MERENDAR AO AIRE LIBRE CONTINUAMOS XOGANDO UN RATIÑO MÁIS. FOI MOI DIVERTIDO E TODOS MERENDAMOS MOITO MAIS RÁPIDO DO HABITUAL, POR QUE SERÍA? ;-)

 

POR FIN CHEGOU O DÍA...

O MARTES, DÍA 20, VISITOUNOS ANTÓN CORTIZAS. REUNÍMONOS TODO O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL NA CLASE DE 4 ANOS E AO VERNOS ANTÓN DECIDIU QUE O MELLOR QUE PODÍA FACER ERA CONTARNOS UN CONTO. ESCOLLEU "CONTÍN CONTÓN" ESCRITO POR EL E ILUSTRADO POR LEANDRO LAMAS. MOITOS DE NÓS XA O COÑECIAMOS PERO EVIDENTEMENTE QUE NOLO CONTE O PROPIO AUTOR E ALGO ESPECIAL PARA NÓS.

DESPOIS CONTOUNOS OUTRA HISTORIA DUN ESQUÍO CHAMADO BRÍO E OUTRA DUN NENO E UN BARCO DE PAPEL. O BARCO AO FINAL CONVERTEUSE NUNHA CAMISETA COA QUE ANTÓN AGASALLOU A MARTA, QUE FOI A SÚA AXUDANTE.

É UN PLACER ESCOITAR A PERSOAS CON ANTÓN, TIVEMOS MOITA SORTE DE CONTAR CON EL, XA QUE É UN ESCRITOR MOI SOLICITADO NAS ESCOLAS E INSTITUTOS. AGRADECÉMOSLLE A ENCARGADA DA BIBLIOTECA, ELISA, QUE XESTIONASE ESTA VISITA COA COLABORACIÓN DA EDITORIAL EDELVIVES.

 

A CARREIRA SOLIDARIA

PREPARADOS,LISTOS ,XA...TODOS OS NENOS E NENAS DO PONTE XUVIA CORRERON ESTE XOVES 15 DE MAIO POR UNHA BOA CAUSA,AXUDAR AOS MÁIS DESFAVORECIDOS.

POR SEGUNDO ANO CELEBRAMOS ESTA CARREIRA EN COLABORACIÓN COA ONG SAVE THE CHILDREN PARA AXUDAR AOS NENOS E NENAS DE ÁFRICA,PARA QUE TEÑAN UNHA VIDA MELLOR.

COMA TODO O MUNDO SABE ESTAMOS A PASAR UNHA ÉPOCA DIFICIL TAMÉN AQUÍ,CON ESTA CRISE QUE TANTO NOS AFECTA E NON PODÍAMOS ESQUECERNOS DE MOITA XENTE QUE O ESTÁ PASANDO MAL TAN PRETO DE NÓS.POR ISO O COLEXIO EN COLABORACIÓN CO BANCO DE ALIMENTOS "RIAS ALTAS"DA CORUÑA,PARTICIPA NA RECOLLIDA DE ALIMENTOS ESTA SEMANA 19 AO 23 DE MAIO.TODOS OS ALIMENTOS QUE SE RECOLLAN SERÁN ENTREGADOS ÁS ASOCIACIÓNS DA COMARCA QUE ATENDEN A ESTAS PERSOAS QUE TANTO O NECESITAN.

ANIMÁDEVOS E MOITAS GRAZAS POR COLABORAR.

 

 

UNHA PEZA DE FROITA

TEMOS POR DIANTE CATRO SEMANAS DE FROITA ATA QUE REMATE O COLE.ESTA SEMANA FOI A PRIMEIRA E COMEMOS PLÁTANOS,MAZÁS,ALBARICOQUES,PERAS E PELADILLOS.

ESTA ACTIVIDADE FORMA PARTE DO PLAN PROXECTA,UN PROXECTO QUE O QUE PRETENDE E FOMENTAR HÁBITOS SAUDABLES NOS NENOS E NENAS.

NESTE PROXECTO TAMÉN INCLÚE A ACTIVIDADE DE PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA QUE FIXEMOS AHÍ ATRÁS E TANTO LLE GUSTOU AOS RAPACES E RAPAZAS.

ASÍ QUE NON DEIXEDES DE FOMENTAR HÁBITOS SÁNS.

 

GRANXA ESCOLA BELELLE

A SEMANA PASADA FOMOS DE EXCURSIÓN Á GRANXA ESCOLA BELELLE EN NEDA. NESTA SAÍDA ADEMAIS DE TODOS OS COMPIS DE INFANTIL ACOMPAÑÁRONNOS OS AMIGOS E AMIGAS DE 1º DE PRIMARIA, CANTOS MAIS MELLOR NON SI? NA GRAXA DIVIDÍRONNOS POR GRUPOS DE ANIMALIÑOS SEGUNDO O MAQUILLAXE QUE NOS PUXERON: GATOS DE BIGOTE VERDE, PARRULOS, COELLOS, CABALOS... DESTE XEITO CADA GRUPO FOI A UN DOS TALLERES OU ACTIVIDADES QUE TIÑAN PREPARADO PARA NOS. AS ACTIVIDADES FORON:

  • FACER PAN
  • MONTAR EN PONI
  • VISITAR E DAR DE COMER AOS ANIMAIS

A MEDIA MAÑÁ HOUBO UNHA PEQUEÑA PAUSA PARA MERENDAR E DESPOIS RETOMAMOS AS ACTIVIDADES. NA PRESENTACIÓN VEREDES TODAS AS COUSAS QUE FIXEMOS... AS MONITORAS FORON MOI AMABLES E PACIENTES, ASÍ QUE MOITAS GRAZAS A TODAS POLO SEU TRABALLO E POR AMOSARNOS COUSAS TAN DIVERTIDAS E INTERESANTES. ATA A PRÓXIMA!

 

 
SE QUEREDES SABER ALGO MAIS SOBRE A GRANXA ESCOLA PREMEDE NA IMAXE :-)
 
 
NOTA: NA AULA VIRTUAL ATOPAREDES UN VIDEO SOBRE A SAÍDA Á GRANXA NO APARTADO CHAMADO INTERDISCIPLINAR, EN VIDEOS (DENTROS DOS VIDEOS DE 1º DE PRIMARIA); OU MAIS DIRECTAMENTE PREMENDO NO ENLACE QUE APARECE NOUTRA COR E INSERINDO A CONTRASINAL DA AULA VIRTUAL.
 
Distribuir contido