2º Ciclo de Infantil

VISITA DE CONCHA BLANCO

O MÉRCORES, DÍA 20, CO GALLO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS TIVEMOS A VISITA NA ESCOLA DE CONCHA BLANCO. ESTA ACTIVIDADE FOI PROGRAMADA POLO EQUIPO DE BIBLIOTECA DA ESCOLA, AO QUE UNHA VEZ MÁIS AGRADECEMOS QUE CONTE CON NÓS PARA PARTICIPAR NESTAS ACTIVIDADES TAN INTERESANTES.

CONCHA É UNHA MESTRA E PEDAGOGA, QUE EXERCEU A SÚA PROFESIÓN NOS CONCELLOS DE MUXÍA, DUMBRÍA E CEE. DESDE HAI MOITOS ANOS ADÍCASE A ESCRIBIR LIBROS E CONTOS PARA NENOS E NENAS. NAS CLASES ESTIVEMOS A LER O LIBRO DE POEMAS "LUCES, BICOS E CORES" DO QUE CONCHA LEU UN PAR DE POEMAS.

A ACTIVIDADE DESENVOLVEUSE NA AULA DE 2º DE PRIMARIA, E ALÍ ESTIVEMOS TODOS OS COMPIS DE INFANTIL MÁIS OS NENOS E NENAS DE 1º DE PRIMARIA.

ESTÁ XENIAL PODER COÑECER AOS AUTORES DOS TEXTOS QUE LEMOS NA CLASE. MOITAS GRAZAS POR VIR E COMPARTIR UN RATIÑO CON NÓS.

TALLER DE APICULTURA EN ALDEANOVA

ESTE XOVES OS NENOS E NENAS DE 1º,3º,4º E INFANTIL FOMOS DE EXCURSIÓN A ALDEANOVA.

OS TALLERES AOS QUE IAMOS ERAN DIFERENTES.OS DE 1º ÍAN AO TALLER DO PAN,3º E 4º AO TALLER DA CULTURA CASTREXA E OS DE INFANTIL AO TALLER DE APICULTURA.

O NOSO TALLER CONSISTÍA EN TRES ACTIVIDADES:

  • UN XOGO SOBRE AS ETAPAS DA VIDA DUNHA ABELLA,BEBÉ,SOLDADOS,RECOLECTORAS,A RAIÑA,...
  • UNHA ACTIVIDADE ONDE PROBARON DIFERENTES TIPOS DE MELES DO VALLE,DA MONTAÑA E UNHA MOI APRECIADA A MEL DA ALCARRIA.
  • E PARA REMATAR FIXERON UNHAS VELAS COA CERA DAS ABELLAS QUE DESPOIS OS NENOS LEVARON PARA A CASA.

CANDO REMATAMOS COMA ESTABAMOS UN POUQUIÑO CANSOS DE TANTO TRABALLO COLLEMOS FOLGOS CUNHA MERENDOLA NAS MESAS E CAMPIÑO DO LUGAR.

ALDEANOVA ESTÁ SITUADO NA PARROQUIA DE SEDES DO CONCELLO DE NARÓN AS VISTAS SON IMPRESIOANTES E O LUGAR É MOI FERMOSO RECOMENDO A SÚA VISITA.

PEPE MAESTRO

A SEMANA PASADA VISITOUNOS PEPE MAESTRO ESCRITOR GADITANO,SE PREMEDES NAS FOTOS PODEREDES VER OS VIDEOS DA VISITA DO ESCRITOR INFANTIL.

GRAZAS AO EQUIPO DE BIBLIOTECA POR ORGANIZARNOS ACTIVIDADES TAN INTERESANTES.

 

VISITA DE PEPE MAESTRO

O DÍA 14 DE ABRIL TIVEMOS NA ESCOLA UNHA VISITA MOI ESPECIAL, PEPE MAESTRO. OS DÍAS ANTERIORES ESTIVEMOS A APRENDER ALGUNHA COUSIÑA SOBRE ESTE ESCRITOR NADO EN CÁDIZ, AUTOR DUNHA COLECCIÓN DE CONTOS POPULARES VERSIONADOS POR EL, DOS QUE CONTAMOS CON ALGÚN EXEMPLAR NA BIBLIOTECA: "HANSEL E GRETEL"," JUAN Y LAS HABICHUELAS MÁGICAS "... PERO TAMÉN TEN OUTRAS HISTORIAS PUBLICADAS COMO "CHISMORREO"OU "EL CIRCO DE BALTASAR".

COMPARTIMOS MEDIA HORA CON EL, NA AULA DE 5 ANOS. PRIMEIRO FIXEMOS UN XOGO DE REPETIR PALABRAS, DESPOIS CONTOUNOS UN PAR DE CONTOS DA COLECCIÓN DE EDELVIVES E POR ÚLTIMO FIXO UN POUCO DE MAXIA CUN PLÁTANO. PLÁTANO? SI, SI, DIXEMOS BEN CUN PLÁTANO.

COMO AXUDANTE ESCOLLEU A ALBA YAÑEZ, DA CLASE DE 5 ANOS... FOI MOI DIVERTIDO!

AGRADECEMOS AO EQUIPO DE BIBLIOTECA A ORGANIZACIÓN DESTA ACTIVIDADE E QUE CONTASE CON NÓS PARA DISFRUTALA. E MOITAS GRAZAS A PEPE POR FACER QUE PASARAMOS UN RATO TAN DIVERTIDO!

 

CARAPORQUIÑA VERMELLA

ESTE VENRES A COMPAÑIA TRES GLOBOS REPRESENTOUNOS A OBRA"CARAPORQUIÑA VERMELLA",UN CONTO CLÁSICO PERO CUNS CUANTOS CAMBIOS NA HISTORIA,TIÑAMOS UN RAPOSO,UNS PORQUIÑOS E ATA O LOBO TIÑA UN POUCO DE CATARRO.ESTA ACTIVIDADE ESTIVO ORGANIZADA POLO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO COLE.

GUSTOUNOS MOITO E RIMOS UN MONTÓN.SE QUEREDES TER MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A COMPAÑIA VISITADE A SÚA PÁXINA WEB WWW.TRESGLOBOS.COM.

DÉIXOVOS A REPRESENTACIÓN DE CARAPORQUIÑA VERMELLA NA ESCOLA  DE SARRIA. 

BOMBEIROS FORESTAIS

ESTE VENRES TIVEMOS UNHA VISITA SORPRESA NO COLE.OS BOMBEIROS E OS GARDAS FORESTAIS VIÑERON DE VISITA PARA CONTARNOS UN POUQUIÑO EN CONSISTÍA O SEU TRABALLO.PRIMEIRO NOS XUNTAMOS NA AULA DE 3 ANOS E PUXÉRONNOS NA PIZARRA UNHA PRESENTACIÓN DOS BENEFICIOS E TODAS AS COUSAS QUE NOS APORTAN AS PRANTAS E AS ÁRBORES.FIXEMOS UN BAILE COAS PARTES DAS ÁRBORES,RAICES,TRONCO,RAMAS E FOLLAS.TAMÉN VIMOS UN VIDEO DO OSO SMOKEY ONDE NOS CONTABA QUE PRECAUCIÓNS TEMOS QUE TER SE FACEMOS LUME NO BOSQUE E PARA REMATAR ENSINÁNRONNOS O TRAXE QUE TEÑEN QUE LEVAR PARA PROTEXERSE DO LUME CANDO TEÑEN QUE APAGALO.

DESPOIS FÓRA POIDEMOS USAR A MANGUEIRA E MOLLAR UN POUCO O PATIO.

MOITAS GRAZAS O PASAMOS MOI BEN.

 

QUEIMA DO MECO

PREMENDO NA FOTO DE MORTADELO VEREDES UNHA PRESENTACIÓN E UN VIDEO DA QUEIMA DO MECO.

FOI MOI DIVERTIDO!


ENTROIDO 2015

ESTE ANO A TEMÁTICA DO ENTROIDO FOI A LITERATURA INFANTIL E O COMIC ASÍ QUE OS DISFRACES FACÍAN REFERENCIA A CONTOS, LIBROS, COMICS DE DISTINTA ÍNDOLE. O CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL FOI DISFRAZADO DOS TRES PORQUIÑOS, BASEANDOSE NO CORTO DE WALT DISNEY DO ANO 1932, UN DOS FAVORITOS DOS NOSOS PEQUES. PREMENDO NA IMAXE PODEREDES DISFRUTAR DEL...UNHA VEZ MÁIS ;-)

NA PRESENTACIÓN VEREDES COMO DESFILAMOS DIANTE DOS COMPAÑEIROS/AS DE PRIMARIA XA QUE COMO CHOVEU MOITO NON FOI POSIBLE SAIRMOS AO PASEO PARA CANTAR A CANCIÓN E DAR UNHA VOLTIÑA.

DESPOIS DE DESFILAR E CANTAR A CANCIÓN TODOS XUNTOS, TIVEMOS UNHA MERENDOLA GRAZAS A COLABORACIÓN DE TODAS AS FAMILIAS QUE TROUXERON DOCES TÍPICOS DE ENTROIDO. O ANPA COLABOROU COAS BEBIDAS E DANDO A MERENDA A TODO O ALUMNADO.

GRAZAS A TODOS POR COLABORAR E FACER POSIBLE A CELEBRACIÓN DESTA FESTA.

 

PAZ 2015

ESTE VENRES FESTEXAMOS TODO O COLE O DÍA DA PAZ,AINDA QUE O TEMPO NON ACOMPAÑOU MOITO.PARA A CELEBRACIÓN COÑECIMOS A HISTORIA DUN NENO CANADIENSE QUE DESPOIS DE ESCOITAR DA SÚA MESTRA A HISTORIA DOS NENOS E NENAS AFRICANOS QUE NON DISPOÑÍAN DE AUGA CORRENTE QUIXO APORTAR O SEU GRAN DE AREA E CON ESFORZO E TRABALLO CONSEGUÍU NA ACTUALIDADE CONSTRUIR 430 POZOS POR TODA ÁFRICA.

DURANTE ESTA SEMANA OS NENOS E NENAS DE PONTE XUVIA DECORARON A SÚA PEZA DO QUEBRACABEZA ONDE TODAS XUNTAS FORMABAN UN POZO COMA O QUE CONSTRUÍU RYAN.TAMÉN FIXEMOS UNS NENOS/AS ONDE TAMÉN APORTABAN A SÚA GOTIÑA DE AUGA.

OS NENOS DE 6º DE PRIMARIA CONTÁRONNOS UN POUCO DA VIDA DE RYAN.

BO DÍA DA PAZ.

 

 

RYAN HRELJAC

NESTE VIDEO PODEREDES COÑECER UN POUCO DA VIDA DO PERSONAXE,RYAN HRELJAC, QUE NOS INSPIRAMOS ESTE ANO PARA TRABALLAR O DÍA DA PAZ.UN NENO CANADIENSE QUE CON TRABALLO E ESFORZO LOGROU LEVAR AUGA A ÁFRICA.UNHA HISTORIA MOI FERMOSA QUE ANÍMOVOS A QUE A ESCOITEDES.

Distribuir contido