2º Ciclo de Infantil

UN CONTO AO REVÉS

POR FIN CHEGOU O DÍA!!! LEVABAMOS MOITO TEMPO TRABALLANDO O CONTO E AS CANCIÓNS DO LIBRO CD UN CONTO AO REVÉS. E O MÉRCORES POR FIN VIÑERON AO COLE!!!

O DISFRUTAMOS COMO AUTÉNTICOS FANS DE: FRAN, AARÓN, MIGUEL E ALEX. O COLE ENTEIRO VIBROU COAS LETRAS E MÚSICA!!!

MOITÍSIMAS GRAZAS POR ACOMPAÑARNOS NUN DÍA TAN ESPECIAL, CHUCHES MARCOU UN NOVO XEITO DE CELEBRAR AS LETRAS GALEGAS, LETRAS CHEAS DE ROCK!!

AQUÍ VOS DEIXAMOS UN BREVE RESUMO DO BEN QUE O PASAMOS!!

 

SOMOS UNS ARTISTAS

HOXE NO XIMNASIO, OS NENOS E NENAS DE INFANTIL CANTAMOS E BAILAMOS DE NOVO A CANCIÓN DE SUSO VAAMONDE, COMPOSTA A PARTIR DO POEMA DE MANUEL MARÍA O SOL.

DESPOIS ESTIVEMOS TAMÉN DE PÚBLICO VENDO AS ACTUACIÓNS DOS NENOS E NENAS DE PRIMEIRO CO POEMA A LÚA E POR ÚLTIMO ACTUARON OS NENOS E NENAS DE 3º E 4º CUNHA OBRA DE TEATRO SOBRE OS PIRATAS!!!

 

AÍ VEN O MAIO

OS DÍA 11 E 12 DE MAIO VIÑERON Á ESCOLA, DANI E BEA, A AMOSARNOS COMO SE FAI UN MAIO E ALGÚN BAILE TÍPICO RELACIONADO CON ESTA FESTA.

MOITOS CONCELLOS ESTÁN A FACER ACTIVIDADES PARA MANTER ESTA TRADICIÓN VINCULADA AO INICIO DA PRIMAVERA. É UNHA SORTE PODER DISFRUTAR DELAS E APRENDERMOS UN POUQUIÑO DA CULTURA POPULAR.

NA PRESENTACIÓN VEREDES CANTO TRABALLARON E O BEN QUE BAILARON OS PEQUES DE INFANTIL.

FELIZ MAIO A TODOS E TODAS!

 

A FUGA

O MARTES, DÍA 10 DE MAIO, ASISTIMOS A UNHA OBRA DE TEATRO NO PAVILLÓN DA NOSA ESCOLA. A OBRA TITULÁBASE "A FUGA", E OS SEUS PROTAGONISTAS DOUS SIMPÁTICOS ANIMAIS, MONTI E PINA, QUE VIVÍAN ATRAPADOS NUNHA GAIOLA...OU NON? SE QUEREDES SABER O BEN QUE O PASAMOS PREMEDE NA PORTADA DO LIBRO.

CERTAME INTERCENTROS 2016

ESTE VENRES OS/AS NENOS/AS DE INFANTIL,PRIMEIRO,TERCEIRO E CUARTO PARTICIPAMOS NO CERTAME INTERCENTROS DO CONCELLO DE NARÓN.

OS NENOS E NENAS DE INFANTIL PUXÉMOSLLE  BAILE  A UN POEMA DE MANUEL MARIA TITULADO "O SOL" DO SEU LIBRO "SOÑOS NA GAIOLA" E COA MÚSICA E VOZ DE SUSO VAAMONDE.ESTABAMOS MOI EMOCIONADOS POR BAILAR ENRIBA DUN ESCENARIO E UN POUCO NERVIOSOS POIS TIVEMOS QUE ESPERAR UN CACHIÑO PARA QUE TODOS OS PAPIS E MAMIS ESTIVERAN SENTADOS PARA DESFRUTAR DE TODAS AS ACTUACIÓNS.GUSTOUNOS MOITO A EXPERIENCIA E DESPOIS DO NOSO BAILE POIDEMOS VER AS ACTUACIÓNS DE OUTROS COLES. E DOS NOSOS COMPIS DE PRIMEIRO.NA AULA VIRTUAL NO APARTADO DE VIDEOS INFANTIL TEDES UN VIDEO DA ACTUACIÓN.

PAULA MERLÁN

O XOVES TIVEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL, A MESTRA E ESCRITORA FERROLÁ PAULA MERLÁN. FALOUNOS DE COMO MORANDA (UN DOS SEUS ALBUMES ILUSTRADOS) ESTABA CHEO DE SOÑOS, PREGUNTOUNOS POLOS NOSOS E TODOS OS NENOS E NENAS DE INFANTIL, PRIMEIRO E SEGUNDO DE PRIMARIA, DISFRUTAMOS DA LECTURA DO CONTO, E O XOGO DOS SOÑOS QUE VEU DESPOIS.

TEMOS QUE AGRADECER A PAULA A SÚA PACIENCIA INFINITA COS NENOS E NENAS, ADEMAIS DAS FIRMAS E DEDICATORIAS QUE DEIXOU EN PONTE DE XUVIA.

PAULA FOI UN PRACER TERTE CON NÓS E VOLVER A VERTE DESPOIS DE TANTO TEMPO, EU QUE TIVEN A SORTE DE COMPARTIR PUPITRE TANTOS ANOS CONTIGO. ESPERAMOS VOLVER A ESCOITARTE!!!

 

 

TALLER DE MÚSICA TRADICIONAL

ESTA SEMANA TOCOU MOVER UN POUCO O ESQUELETE AO SON DA MÚSICA TRADICIONAL GALEGA... QUEREDES VER QUE BEN O PASAMOS? POIS PREMEDE NA IMAXE OU MIRADE NO APARTADO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA. A BAILAR!

CONCURSO DE LARPEIRADAS

UN ANO MÁIS O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DE LINGUA GALEGA CONVOCOU O CONCURSO DE LARPEIRADAS PARA QUE AS FAMILIAS QUE O DESEXEN PARTICIPEN COA SÚA RECEITA MÁIS SABOROSA. FOI MOI DIFÍCIL ESCOLLER, PERO FINALMENTE O GAÑADOR FOI IAGO BARROS, DE 4º DE PRIMARIA. PARABÉNS A IAGO E GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR.

PARA VER COMO IAGO RECOLLEU O SEU PREMIO PREMEDE NA IMAXE OU MIRADE DIRECTAMENTE NO APARTADO DE ACTIVIDADES EN NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA.

QUEIMA DO MECO

A QUEIMA DO MECO SINALA O FIN DE FESTA NA ESCOLA, DESPOIS DUN DÍA MOI INTENSO E DIVERTIDO. TRAS O DESFILE E A MERENDA CHEGOU O MOMENTO DE DESPEDIRSE DO MECO, VINICIUS, A MASCOTA DOS XOGOS OLÍMPICOS 2016. SE QUEREDES VER QUE NON QUEDOU NADIÑA DO POBRE MECO PREMEDE NA IMAXE.

ENTROIDO

O VENRES CELEBRAMOS O ENTROIDO NO COLE, SACAMOS FOTOS, DESFILAMOS POLO PASEO DE XUVIA, BAILAMOS NA PRAZA, MERENDAMOS NO COLE E POR ÚLTIMO QUEIMOUSE O MECO, DANDO ASÍ PASO O COMEZO DO ENTROIDO.

GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POR PARTICIPAR NOS MANDADOS E NA FESTA DO VENRES.

Distribuir contido