Actividades

GAÑADOR DO CONCURSO DE LARPEIRADAS

ESTE ANO O CONCURSO DE LARPEIRADAS GAÑOUNO UN NENO DE INFANTIL DA CLASE DE 5 ANOS,ANTÓN CORUJO.FIXO UNHAS ORELLAS MOI RICAS.PARABÉNS.

Día da Paz 2014

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística participou activamente na organización do Día da Paz do colexio.

Premendo na imaxe poderedes ver todo o que aconteceu ese día.


DÍA DA PAZ 2014: ENSAIOS

DESDE O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA SUMÁMONOS Á CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA, DEDICADO NA NOSA ESCOLA A NELSON MANDELA NESTE CURSO ESCOLAR 2013/2014.

SE PREMEDES NA FOTO VEREDES UNHA PRESENTACIÓN DOS ENSAIOS DA CANCIÓN QUE CANTAMOS TODOS OS NENOS E NENAS TITULADA "SIYAHAMBA".

"Dona Carme" polo alumnado de 5º de Primaria

Os compañeiros e compañeiras de 5º curso prepararon con moito agarimo para os pequenos do cole a obra "Dona Carme" de Pepe Carreiro e Manuel Bragado. Mirade que ben o fixeron!! Podedes ver o vídeo picando na imaxe.

                            

Vitaminas para o Galego

Para celebrar as Letras Galegas, alumnos de tódolos cursos fixeron a lectura do Manifesto "Vitaminas para o Galego". Pronto este vídeo será inserido na web do proxecto na que poderedes ver lecturas e actividades que se fixeron noutros centros con este obxectivo.

Actuacións Intercentros 2012

Nesta lista de reprodución podedes atopar as actuacións de 1º, 2º e 3º de Primaria.

Esperamos que vos gusten!!

Receitas do Outono

Preme no debuxo e mira as receitas que recopilaron os nenos e nenas do centro.

Distribuir contido