Actividades

CHEGOU O ENTROIDO

INDA ESTAMOS RECUPERÁNDONOS DO NADAL E XA CHEGA O ENTROIDO... PARA IR COLLENDO O RITMO DA FESTA O MECO ENCARGOU UNS MANDADOS PARA TODA ESTA SEMANA QUE COMEZA. ESTÁN EXPOSTOS NA ENTRADA DOS DOUS EDIFICIOS, PERO PARA QUE NINGUÉN SE ESQUEZA...AÍ VAN:

 

  • O LUNS, DÍA 1, NON QUEDES NA CAMA, VEN AO COLE COMA SEMPRE... PERO FAINO CON PIXAMA.

 

  • O MARTES, DÍA 2, CONTINÚA A ALGARABÍA... TRAE POSTO ALGO DO AVÓ/A, PADRIÑO, MADRIÑA, OU DOS PAIS; PARA ESTARMOS ALEGRES DURANTE TODO O DÍA.

     

  • O MÉRCORES, DÍA 3,  XA SABEMOS QUE NON É NORMAL;  PERO AO COLE CON HUMOR VIRÁS CUN ADORNO DE ANIMAL.

 

 

  • O XOVES, DÍA 4, DE MANDADOS DERRADEIRO DÍA... TEREMOS EN CONTA QUE COA CRISE HAI QUE AFORRAR. DISFRAZADOS SI VIREMOS CON DISFRACES QUE NON HAXA QUE MERCAR.

 

 

ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN OS MANDADOS E QUE PASEMOS UNHA SEMANA MOI DIVERTIDA! GRAZAS A TODOS E TODAS POR COLABORAR!

 

 

 

 

 

CARTAS AOS REIS MAGOS

ESTE VENRES 18 VISITOUNOS PAPÁ NOEL NA ESCOLA, PERO... XA ESCRIBICHES A CARTA AOS REIS MAGOS? POIS NO PROGRAMA NADAL EN REDE OFRECEN A POSIBILIDADE DE ESCRIBILA EN GALEGO. ANIMASTE?

CONCURSO DE POSTAIS 2015

RAPIDIÑO CHEGOU O NADAL E CON EL O CONCURSO DE POSTAIS QUE CONVOCA O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DE LIGUA GALEGA TODOS OS ANOS. PARA COÑECER OS PREMIADOS E PREMIADAS PREME NA IMAXE OU MIRA DIRECTAMENTE NO APARTADO DE NADAL EN CELEBRACIÓNS (Á DEREITA DA PÁXINA WEB).

MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS AS PERSOAS QUE FAN POSIBLE ESTA ACTIVIDADE!

 

ADEMAIS DEIXÁMOSVOS UN ENLACE ONDE ATOPAREDES SUXESTIÓNS SOBRE LIBROS AXEITADOS PARA INFANTIL, PRIMARIA E SECUNDARIA. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE.

http://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/datas-sinaladas/_/contido_0487/emguias-con-recomendacions-para-nadalem

XOGOS DE NADAL

SE PREMEDES NA IMAXE ACCEDEREDES AO BLOGUE DE ANA MARTÍNEZ REY, QUE ELABOROU E RECOMPILOU UNHA SERIE RECURSOS RELACIONADOS CO NADAL MOI VARIADOS E DIVERTIDOS: XOGOS, VIDEOS, TARXETAS, XOGOS LIM... 

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE.

SAMAÍN 2015

PARA VER O BEN QUE O PASAMOS E TODO O QUE TRABALLAMOS NO TALLER DE DECORACIÓN DE CABAZAS DE ESTE ANO PREME NA IMAXE OU MIRA DIRECTAMENTE NO APARTADO DE CELEBRACIÓNS ONDE PON "SAMAÍN".

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE O RESULTADO!

TEMPO DE MAGOSTO

ESTAMOS EN OUTONO TEMPO DE CASTAÑAS E MAGOSTOS E NA NOSA ESCOLA NON PODEMOS PASAR SEN CELEBRALO :-). ESTE ANO HOUBO UN MONTÓN DE ACTIVIDADES, XOGOS, CANCIÓNS E MOITAS CASTAÑAS!

O MELLOR DE TODO E QUE A CELEBRACIÓN DESTA FESTA FAI QUE PASEMOS UN DÍA DIFERENTE CON TODOS OS COMPIS DA ESCOLA, COMPARTINDO ESPAZOS, XOGOS, TEMPO DE RECREO... E XA POR ISO É UN DÍA ESPECIAL. 

SE QUEREDES VER O BEN QUE O PASAMOS AO LONGO DESTE DÍA PINCHADE NA IMAXE DOS XOGOS QUE FIXEMOS NO PAVILLÓN OU PREMEDE NO APARTADO DE "MAGOSTO" DENTRO DE CELEBRACIÓNS (NA PARTE DEREITA DA PÁXINA WEB). ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!

 

XOGOS SOBRE OUTONO, SAMAÍN E MAGOSTO

XA ESTAMOS AQUÍ DE NOVO! UNHA VEZ COMEZA O OUTONO HAI QUE PREPARARSE PARA DÚAS DAS FESTAS MÁIS IMPORTANTES: O SAMAÍN E O MAGOSTO. PREMEDE NOS TÍTULOS PARA ACCEDER A DIFERENTES XOGOS, TODOS MOI DIVERTIDOS E COS QUE PODEREDES APRENDER UN MONTÓN DE COUSAS ;-)

 

 

 

LIM DO OUTONO

 

 

 

OUTONO E COGUMELOS

 

MAGOSTO

( por ciclos)

 

CONTO DO MAGOSTO I CONTO DO MAGOSTO II

 

SAMAÍN

 

  SAMAÍN II

 

SAMAÍN/HALLOWEEN 

 

BRUXAS E MEIGAS 

SAMAÍN

(primaria)

 

 

 

HALLOWEEN

(en inglés)

 

 

 

ACTUACIÓNS CERTAME INTERCENTROS 2015

XA TEDES NA AULA VIRTUAL AS ACTUACIÓNS DOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE 2º, 3º E 4º DE PRIMARIA, NO APARTADO DE VIDEOS 2014-2015. TAMÉN OS PODEDES VER PREMENDO NAS IMAXES. ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN!

 

 

 

"CORASÓN DE CARBALLO"

 

 

"GÚSTAME O GALEGO"

LETRAS GALEGAS 2015

O 17 DE MAIO CELÉBRASE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS QUE, COMO SABEDES, ADÍCASE A XOSÉ F. FILGUEIRA VALVERDE. PARA COÑECER UN POUCO MÁIS SOBRE A VIDA E OBRA DESTE ESCRITOR O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DE LINGUA GALEGA PREPAROU UN MURAL CUNS CARTEIS ELABORADOS POLO CEP SALUSTIANO REY EIRAS DE POBRA DE CARAMIÑAL.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE O MURAL E QUE TANTO PEQUES COMO MAIORES SE ACHEGUEN E COÑEZAN ASÍ PARTE DO TRABALLO DE FILGUEIRA VALVERDE.

E SE QUEREDES COÑECER MÁIS COUSIÑAS MIRADE NO APARTADO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES NA AULA VIRTUAL DENTRO DO APARTADO INTERDISPLINAR, ONDE ATOPAREDES DOUS ENLACES CON XOGOS E ACTIVIDADES REFERIDAS A FILGUEIRA VALVERDE. DEÍXAMOLOS AQUÍ TAMÉN...

ACTIVIDADES DE SEMINARIO GALÁN

http://seminariogalan.org/inicio/portada

 

OUTRAS ACTIVIDADES

http://www.xunta.es/linguagalega/xose_filgueira_valverde

 

EXPOSICIÓN DE MURAIS E CONTOS ILUSTRADOS

DESDE O 24 DE ABRIL ATA O 19 DE MAIO PODEREDES DISFRUTAR DOS TRABALLOS REALIZADOS POLO ALUMNADO DA NOSA ESCOLA NO PAZO DE CULTURA DE NARÓN. A NOSA PARTICIPACIÓN NESTA EXPOSICIÓN É NAS MODALIDADES DE MURAL E CONTO ILUSTRADO, INCLUÍDAS NO CERTAME INTERCENTROS DE NARÓN, QUE CELEBRA A SÚA VIXÉSIMOSEXTA EDICIÓN. ESTA MODALIDADE RECIBE UN AGASALLO DE 50 EUROS POR AULA PARTICIPANTE EN FORMA DE BONO.

POR OUTRA BANDA ESTE SEMANA TIVO NO LUGAR NO MESMO PAZO AS ACTUACIÓNS DOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE 2º, 3º E 4º DE PRIMARIA QUE PARTICIPARON NA MODALIDADE DE CANCIÓN EN GALEGO. EN BREVE POÑEREMOS NA WEB AS SÚAS ACTUACIÓNS PARA QUE POIDADES COMPROBAR O BEN QUE O FIXERON.

OS AGASALLOS NESTE CASO PARA 2º DE PRIMARIA É UN PREMIO GRUPAL Á PARTICIPACIÓN E NO CASO DE 3º E 4º HABERÁ QUE ESPERAR UN POQUIÑO PARA VER SE RECIBEN OU NON O PREMIO, XA QUE A PARTIR DE 3º DE PRIMARIA O CERTAME TEN CARACTER DE CONCURSO. SEGURO QUE HABERÁ SORTE PORQUE O FIXERON XENIAL!

 

 

Distribuir contido