Actividades

ENTREGA DE PREMIOS

ESTE ANO A ENTREGA DE PREMIOS DO CERTAME INTERCENTROS CELEBROUSE NO PAZO DA CULTURA. DA NOSA ESCOLA ACUDIRON OS NENOS E NENAS DE 5º DE PRIMARIA ACOMPAÑADOS DO SEU TITOR, MARCOS, E DE EULOXIO, XA QUE É O COORDINADOR DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DE LINGUA GALEGA.

COMO XA VOS COMENTAMOS TODOS OS PARTICIPANTES DA ESCOLA LEVAMOS PREMIO ASÍ QUE AGORA TOCA PENSAR EN QUE INVERTIREMOS OS CARTOS QUE GAÑAMOS. 

PARABÉNS A TODOS E TODAS UNHA VEZ MÁIS, TANTO AOS PARTICIPANTES COMO AO CENTRO ORGANIZADOR. ATA O ANO QUE BEN!

 

CERTAME INTERCENTROS 2017

UN ANO MÁIS PARTICIPAMOS NO CERTAME INTERCENTROS QUE XA VAI POLA XXVIII EDICIÓN. TODAS AS CLASES PARTICIPARON NALGUNHA DAS MODALIDADES DE MURAL, CONTO ILUSTRADO OU CANCIÓN EN GALEGO.

NO CASO DE EDUCACIÓN INFANTIL PARTICIPARON NA MODALIDADE DE MURAL CON TRES REPRESENTACIÓNS DE OBRAS DE MARUJA MALLO, PINTORA GALEGA Á QUE ESTE ANO SE LLE DEDICA O DÍA DAS ARTES GALEGAS, CELEBRADO O PASADO 1 DE ABRIL. ADEMAIS CADA CLASE DE INFANTIL PARTICIPOU NA MODALIDADE DE EXPRESIÓN ORAL CUNHA CANCIÓN EN GALEGO: "O GALO CANTA", "O PIOLLO E A PULGA" E "OS OFICIOS".

NA ETAPA DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARTICIPARON NA MODALIDADE DE MURAL 1º E 4º DE PRIMARIA E NA DE CONTO ILUSTRADO 3º E 6º DE PRIMARIA. NALGÚNS CASOS A TEMÁTICA FOI A OBRA DE CARLOS CASARES, AUTOR HOMENAXEADO ESTE ANO NO DÍA LAS LETRAS GALEGAS. 

POR OUTRA BANDA OS NENOS E NENAS DE 1º E 2º DE PRIMARIA PARTICIPARON NA MODALIDADE DE EXPRESIÓN ORAL COA CANCIÓN "QUEREMOS GALEGO" E 5º DE PRIMARIA COA CANCIÓN "BANDO".

EN TODOS OS CASOS LEVAMOS PREMIO Á PARTICIPACIÓN AGÁS 5º DE PRIMARIA QUE LEVA PREMIO Á MELLOR CANCIÓN, ASÍ QUE PARABÉNS AOS NENOS, NENAS E MESTRES POLA SÚA IMPLICACIÓN UN ANO MÁIS NESTE CERTAME.

NA MEDIDA DO POSIBLE IREMOS PUBLICANDO AS ACTUACIÓNS... DE MOMENTO NA PRESENTACIÓN TEDES UN ADIANTO DOS MURAIS E CONTOS ILUSTRADOS QUE INDA ESTARÁN UNS DÍAS NO PAZO DA CULTURA DE NARÓN.

 

 

MECO 2017

ESTE ANO TEMA ESCOLLIDO PARA FESTEXAR O ENTROIDO FOI "PERSOEIROS DE ROALD DALH", AUTOR SOBRE O QUE ESTIVEMOS A TRABALLAR AO LONGO DO 1º TRIMESTRE. 

CADA CLASE ESCOLLEU UN CONTO O PERSONAXE ASÍ QUE A ESCOLA ENCHEUSE DE MIMPINS, DOCES DA FÁBRICA DE WILLY WONKA, MEIGAS E BRUXOS, BICHIÑOS VARIADOS DO UNIVERSO DE ROALS DALH...

O MECO PRESIDÍU UNHA SOLLEIRA XORNADA E NON DEFRAUDOU. COMO SEMPRE UNHA PEQUENA OBRA DE ARTE ELABORADA POLO NOSO CONXERSE, JUANJO. A QUEIMA CORREU A CARGO DE MARCO, QUE ESTIVO UNHAS SEMANAS TRABALLANDO CON NÓS.

ADEMAIS NON PODEMOS OLVIDAR O NOSO CONCURSO DE LARPEIRADAS! NACHO NUÑEZ RAMOS FOI O GAÑADOR DUNHA ESTUPENDA CESTA QUE CUSTODIOU O MECO ATA Á HORA DO SORTEO. PARABÉNS!

DÍA DA PAZ 2017

SE QUEREDES SABER AS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS NA ESCOLA POLO DÍA DA PAZ PREMEDE NA IMAXE OU MIRADE DIRECTAMENTE NO APARTADO DE CELEBRACIÓNS.

CONCURSO DE POSTAIS 2016

MOI AXIÑA CHEGOU O NADAL E CON EL O CONCURSO DE POSTAIS...  QUEREMOS AGRADECER A TODOS OS NENOS E NENAS QUE, ANO TRAS ANO, CONTINUEN PARTICIPANDO COA MESMA ILUSIÓN. OGALLÁ PUIDEMOS REPARTIR AGASALLOS PARA TODOS!

AS POSTAIS FORON ELEXIDAS POR UN XURADO FORMADO POLOS MESTRES ESPECIALISTAS DA ESCOLA: PURI, LOLI, MARIA JOSÉ, ANA MORALES E MARCOS.

OS CRITERIOS PARA SELECCIONALAS FORON OS MESMOS QUE OS ÚLTIMOS ANOS. VALORAMOS O ESFORZO E CREATIVIDADE, QUE A POSTAL ESTEA REMATADA E NO CASO DE TER TEXTO, VALORAREMOS QUE ESTEA EN GALEGO.

CADA CURSO OU NENO/NENA LEVOU UN LIBRO EN GALEGO. NA PRESENTACIÓN VEREDES CALES SON. 

ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN AS POSTAIS E QUE OS LIBROS VOS DEAN IDEAS PARA AGASALLAR NESTAS DATAS :-)

 

 

SAMAÍN 2016

POLO SAMAÍN FIXEMOS UN TALLER DE DECORACIÓN DE CABAZAS NAS AULAS E DESPOIS EXPUXEMOS O NOSO TRABALLO, PARA COMPARTILO CON TODOS OS COMPIS DA ESCOLA. 

MOITAS GRAZAS AOS MESTRES E MESTRAS, NENOS E NENAS QUE COLABORARON TANTO NOS TALLERES COMO NA ORGANIZACIÓN DA EXPOSICIÓN.

 

XOGOS POPULARES POLO MAGOSTO

FAI UNS ANOS QUE NO DÍA DO MAGOSTO ADICAMOS UN TEMPO A FACER UNHA SESIÓN DE XOGOS POPULARES. A ORGANIZACIÓN CORREU A CARGO DE ANA, A MESTRA DE EDUCACIÓN FÍSICA INDA QUE PARTE DO ALUMNADO COLABOROU NA ELABORACIÓN E COLOCACIÓN DO MATERIAL NO PAVILLÓN.

O DÍA DO MAGOSTO ACUDIMOS EN DOUS GRUPOS AO PAVILLÓN. PRIMEIRO DE 2º A 6º DE PRIMARIA E DESPOIS OS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE 1º COS NENOS E NENAS DO CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL.

FOI UNHA XORNADA DE XOGOS MOI INTENSA QUE REMATOU COMPARTINDO CASTAÑAS E TEMPO DE LECER NO PATIO DO RECREO.

 

 EDUCACIÓN INFANTIL

 
 
 
EDUCACIÓN PRIMARIA
 

MAIOS 2016

Esta semana o noso cole encheuse de primavera! Tivemos a visita de Dani e Bea, do Padroado de Cultura do Concello, para axudarmos a construir uns maios ben xeitosos e de paso botar uns bailes moi coloridos.

Se premedes na imaxe veredes a información na web do concello sobre o desenvolvemento destas actividades nas escolas de Narón.

 

 

A FUGA

Por fin chegou o día! O EDLG e o Equipo de Biblioteca estivemos moito tempo preparando este momento: a representación de "A fuga", escrita e dirixida por Carmen Blanco. Esta obra obtivo o premio de teatro infantil da Asociación Cultural O Facho e está publicada pola editorial Embora.

"A fuga" conta as aventuras de Monti e Pina, un hámster e un esquío que conviven nunha gaiola. É unha historia moi fermosa onde a amizade triunfa por encima dos intereses persoais dos seus protagonistas.

O personaxe de Monti, neste caso, foi interpretado por Carmen Blanco e, Pina, por Tania Villamarín. Carmen é escritora directora e actriz, en series como "Matalobos" e "Serramoura"; e Tania ven de participar en series como "El Ministerio del Tiempo".

Na presentación veredes imaxes da actuación e o atentos e atentas que estivemos todos.

Moitísimas grazas por vir!

 

FOTOS DO CERTAME INTERCENTROS

NA PRESENTACIÓN VEREDES FOTOS DALGÚNS MOMENTOS DAS ACTUACIÓNS DOS COMPIS DA NOSA ESCOLA NO CERTAME INTERCENTROS, CELEBRADO O 29 DE ABRIL NO PAZO DA CULTURA.

OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL E OS COMPIS DE 1º DE PRIMARIA LEVARÁN UN AGASALLO Á PARTICIPACIÓN (BONO DE 50 EUROS) E,  OS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE 3º E 4º SON OS GAÑADORES NA SÚA MODALIDADE, ASÍ QUE LEVAN UN BONO DE 100 EUROS.

PARABÉNS A TODOS E TODAS!

 

Distribuir contido