Actividades

MÚSICA EN DECEMBRO

Seguimos cos grupos musicais favoritos de sexto de E.P.  Neste mes de decembro imos pinchar os seguintes grupos: Twenty One Pilots, ACDC e Melendi.  Esperemos que vos gusten. A mover o corpo.

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO NO C.E.I.P. PONTE DE XUVIA

O venres 16 de novembro celebramos no noso cole o Magosto.  De lonxe chegou o castañeiro coa súa locomotora para asar as castañas. ¡¡¡Que ricas estaban!!!!

Pero antes de papar estivemos divertíndonos cuns xogos populares elaborados pola nosa mestra de Educación Física. Primeiro xogaron os máis pequenos, infantil e 1º de primaria; o mais interesante foi que mesturamos as clases e fixemos 6 grupos e  os nenos e nenas de 6º de primaria eran os que nos explicaban as reglas de cada xogo.

Despois tocoulles o turno aos nenos e nenas de 2º a 5º de primaria que, tamén mesturados,  xogaron ás seis actividades propostas. Fora estaba o paracaidas, o circuito en motos, bicis e patinetes e o xogo da cuchara;  dentro do ximnasio xogamos á ra, rato que te pilla o gato e estatuas musicais. Pasou o tempo rapidísimo.

Despois de merendar o que trouxemos de casa, os pais e nais colaboradores repartíronnos castañas que aínda que eran pequenas estaban deliciosas.

Aquí vos deixo unha presentación de mostra para que vexades que ben o pasamos. Grazas aos membros do ANPA que viñeron a axudar, aos titores que nos axudaron a facer o cucurucho e o cestiño de brick, aos nenos/as de 6º que nos explicaron os xogos, a mestra de educación física, ao profe de música que nos conseguíu a música para bailar e a os nenos e nenas que trouxeron bicis e patinentes para facer o circuito.

Que ben funcionan as cousas cando se implica todo o mundo GRAZAS DE CORAZÓN.

¡¡¡¡¡¡ VIVA O  MAGOSTO!!!!

 

SAMAÍN 2018

O martes 30 de outubro estivemos decorando cabazas. O alumnado de 5º de Primaria veu axudar aos nenos e nenas de Infantil. Fixemos varias cabazas por clase e,  despois,  varias nais pertencentes ao ANPA decoraron unha das aulas de Infantil, colocaron as cabazas para facer unha exposición e, así,  poder ver todos os traballos dos nosos compañeiros e compañeiras. Aqui tedes algunhas das fotos dese día.

 

Corre, corre, cabaciña!

 

O 31 de outubro celebramos no noso cole o Samaín.  De novo todo o alumnado e o profesorado veu  disfrazado caracterizándose de personaxes que dan medo. Incluso Nicoleo converteuse nun pirata sanguinario e non nos deixaba entrar na biblioteca... JA,JA,JA!

 

Dende aquí queremos agradecer aos pais e nais a colaboración coa celebración do Samaín, os nenos e nenas viñeron ben preparados para dar susto. 

 

Ao final da mañá todo o colexio cantou o tema "Corre, Corre Cabaciña",  inspirado nun conto popular portugués. Pasámolo fenomenal. VIVA  O SAMAÍN!!!!!

 

Música de novembro

Os nenos e nenas de sexto de primaria continúan traballando arreo para que se dean a coñecer os artistas e músicos dos que escoitamos as súas cancións á entrada e saída da escola. Na presentación veredes os traballos destas semanas. Parabéns rapaces!

 

CONTOS DE MEDO

Este ano o Equipo de Dinamización de Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca pediulles aos nenos e nenas de Infantil que diseñaran mostros que deran moito medo, o resultado impresionounos, temos uns artistas que non se asustan facilmente.

Por outra banda os rapaces de primeiro a cuarto crearon receitas maléficas para crear monstros, pantasmas e zombies terroríficos.  Algúns deles preferiron facer pócemas para cumprir os seus máis malvados desexos.

Por último os alumnos de quinto e sexto se lles pedíu que fixeran ou ben un  conto de moito medo ou ben que contaran unha situación que lles sucedera a eles real o imaxinada,  a sorpresa foi que algún deles contou anécdotas reais que nos fixeron temblar...  

Aquí mostramos algún dos traballos realizados polos noso alumnado. Estos nenos e nenas SON DE MEDO.

 

COMEZAMOS CON MÚSICA

Este curso 2018-19 dende Normalización Lingüística queremos facer un traballo cos nosos artistas musicais favoritos. Cada semana pincharemos no fío musical do colexio a música que máis nos gusta para así facer a entrada e saída máis amena. En outubro imos comezar cos seguintes artistas: Queen, Ariadna Grandes e Rozalén. Expoñeremos no taboleiro de entrada de Educación Infantil e Primaria os nosos traballos. Comezarán os alumnos de 6º de EP elexindo os seus temas favoritos. Irémosvos informando puntualmente dos artistas que estamos a traballar. Esperamos que o disfrutedes tanto coma nós.

 

VISITA DE LEANDRO LAMAS

O DÍA 24 DE MAIO TIVEMOS NA ESCOLA A VISITA DE LEANDRO LAMAS. FOI UN DÍA DE ILUSIÓN E NERVIOS POR COÑECELO, FALAR CON EL E APRENDERMOS UN MMONTÓN DE COUSAS.

OS PEQUES DE INFANTIL TIVEMOS UN FALADOIRO MOI INTERESANTE CON EL E OS NENOS E NENAS DE 1º E 2º DE PRIMARIA DESFRUTARON DUNHA CLASE DE DEBUXO.

SE PREMEDES NA IMAXE VEREDES A BEN QUE O PASAMOS!

AÍ VEN O MAIO...

PENSABADES QUE ESTE ANO NON FIXERAMOS UN MAIO? CLARO QUE SI! HAI QUE CELEBRAR QUE CHEGA A PRIMAVERA E QUE MELLOR FORMA QUE DA MAN DAS MONITORAS DO CONCELLO, MARÍA E LUCHI, QUE COMPARTIRON COS NENOS E NENAS DE INFANTIL E 1º E 2º DE PRIMARIA UNHA FERMOSA XORNADA DE FLORES, CORES E MÚSICA. 

NOS SEGUINTES ENLACES TEDES AS PUBLICACIÓNS COAS FOTOS E ALGÚN VIDEO DO BAILE QUE FIXEMOS.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceippontedexubia/?q=node/2543

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceippontedexubia/?q=node/2532

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceippontedexubia/?q=node/2551

 

OS MAIOS ESTIVERON EXPOSTOS NA PLAZA DO CONCELLO XUNTO CUNHA PERMOSA ALFOMBRA ELABORADA A PARTIR DUN DEBUXO DE LEANDRO LAMAS, AO QUE TAMÉN TIVEMOS A SORTE DE COÑECER ESTE ANO.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN AS PRESENTACIÓNS!

 

 

ACTUACIÓNS NO XXIX CERTAME INTERCENTROS

O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL PARTICIPOU  NA MODALIDADE DE "CANCIÓN EN GALEGO" NO CERTAME INTERCENTROS. OS NENOS DE 3 ANOS INTERPRETARON "CATRO VELLOS MARIÑEIROS", O ALUMNADO DE 4 ANOS UNHA CANCIÓN TITULADA " A CLASE DE MARÍA" E OS PEQUES DE 5 ANOS UNHA CANCIÓN MOI ROCKEIRA TITULADA "FAME".

OS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE 6º DE PRIMARIA PARCIPARON NA MESMA MODALIDADE, CUN TEMA TITULADO "HIMNO", VERSIÓN PROPIA DO HIMNO DE GALICIA.

 

SE PREMEDES NA IMAXE PODEREDES VER OS VIDEOS DAS ACTUACIÓNS DE INFANTIL. 

EN TODOS OS CASOS AS ACTUACIÓNS TEÑEN PREMIO, NA EDUCACIÓN INFANTIL Á PARTICIPACIÓN E NO CASO DE 6º DE PRIMARIA GAÑADORES DO PREMIO NA MODALIDADE "CANCIÓN EN GALEGO". PARABÉNS A TODOS E TODAS!

Distribuir contido