Na procura dunha escola segura
Feira de Ciencias PITEAS 2019
Para rematar este fermoso proxecto, polo menos durante este curso, fomos a Santiago á Feira de Ciencias Piteas. Alí puidemos ver un montón de proxectos doutros coles e amosar o noso proxecto aos demais.
Ademais, tivemos que facer unha exposición explicando en que consistía o noso proxecto e todo o que fixemos este curso.
Premendo nas imaxes veredes un vídeo desta marabillosa actividade.
Actividades finais - Tipo 3
Xa rematando o curso e, despois de facer todas estas actividades, consideramos moi importante sacalas fóra da aula e amosarllas a todo o mundo: mestres /as, ás outras clases e tamén ás familias.
Para isto fixemos unha feira de ciencias na escola na que as aulas que traballamos proxectos Piteas ensinamos a todo o mundo o traballo realizado.
Comezamos probando cun mestre; neste caso, tocoulle a Juan, o mestre de PROA, que se divertiu moito facéndoo e nos deu algunhas suxestións de mellora.
Actividades realizadas - Tipo 2
Ao longo do curso fixemos unha morea de actividades relacionadas co tema.
Comezamos no 1º trimestre traballando sobre a ASMA e, por equipos, fixemos carteis e presentacións en power point e organizamos obras de teatro para amosarlles ao resto do cole que facer en caso de que alguén teña un ataque de asma.
Actividades de motivación - Tipo 1
Para comezar o proxecto fixemos unhas cuantas actividades de motivación, as cales consistiron en charlas, páxinas web ou visitas doutros compañeiros e familiares.
Cando estabamos a rematar 2º de primaria, Dani e Berta, os pais de Tiago Lorenzo, viñeron á escola a falarnos de autoprotección e aprendimos moitas cousas que nos serviron durante este curso.
