Da palabra a poesía

ESPALLANDO A POESÍA

O XOVES DÍA 20, FOMOS DE EXCURSIÓN POLO BARRIO PARA DAR DIFUSIÓN AO NOSO TRABALLO. ACUDIMOS A DIFERENTES PUNTOS PRÓXIMOS Á ESCOLA ONDE A XENTE TEN ACCESO A LECTURA E PREGUNTAMOS SE PODIAMOS DEIXAR UN EXEMPLAR DO NOSO LIBRO. OS LUGARES ONDE PODEREDES LER O LIBRO DE FRASES POÉTICAS SON:

LIBRO DE POEMAS

LOGO DE FACER O LIBRO DE FRASES POÉTICAS ELABORAMOS UNS POEMAS EN EQUIPO QUE TAMÉN ILUSTRAMOS. PARA ELABORALOS ACUDIMOS ÁS APRENDIZAXES REALIZADAS EN TORNO A CREACIÓN POÉTICA, EMPREGANDO RECURSOS ESTILÍSTICOS COMO A RIMA OU A REPETICIÓN.

LIBRO DE FRASES POÉTICAS

ADXUNTAMOS O LIBRO DE FRASES POÉTICAS PARA QUE O PODADER VER E DISFRUTAR :-)

O PROCESO DE ELABORACIÓN ESTÁ EXPLICADO NO APARTADO DE ACTIVIDADES TIPO II.

ACTIVIDADES TIPO III

PREME NA IMAXE PARA VER COMO EXPUXEMOS O NOSO PROXECTO E AMOSAMOS O LIBRO DIXITAL DE FRASES POÉTICAS Á TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA: ALUMNADO, PROFESORADO E FAMILIAS.

ACTIVIDADES TIPO II

Ao longo de varios meses realizamos diferentes tipos de actividades relacionadas coa poesía e a creación poética co obxectivo de ser quen de poder escribir e ilustrar un libro de poemas e frases poéticas.

ACTIVIDADES TIPO I

Presentamos a continuación as actividades tipo I do proxecto "Da palabra á poesía". Por unha banda realizamos unha actividade titulada "Libro dos apelidos", tarefa na que investigamos ao longo do 1º trimestre o significado dos apelidos de todos o nenos e nenas da aula.

PRESENTACIÓN DO PROXECTO "DA PALABRA Á POESÍA"

O proxecto "Da palabra á poesía" nace a partir dunha actividade recollida no libro de Antonio García Teijeiro “A poesía necesaria” denominada “Banco de palabras” . A proposta é crear un libro de poemas e frases poéticas, con ilustracións. Serán elaboradas de xeito individual e en pequeno grupo e conformarán un libro do que faremos unha pequena presentación ante a comunidade educativa.

Distribuir contido