Calendario 2019

MES DE FEBREIRO: RECREOS COMPARTIDOS/ FEBRUARY: SHARING THE BREAKS

Este ano 5º EP decidíu levar a cabo o proxecto recreos compartidos e todos os días sacan a súa mesa, unha lista e os seus xoguetes para facer empréstito. Fan quendas e cada semana encárganse dous nenos ou nenas. Anotan quen colle os xogos e, 5 minutos antes de tocar o timbre para volver ás clases, recollen todo o material. Esta actividade é todo un éxito.  Esta tarefa faise cos nenos e nenas de Primaria.

MES DE XANEIRO: PROXECTO CARDIOESCOLAS/ JANUARY : CARDIOESCOLAS PROJECT

O mes de xaneiro está dedicado a un dos proxectos máis enriquecedores para os nenos e nenas do noso centro pois traballamos a alimentación saudable, actividade física e consumo responsable. Á hora de ir mercar hai que mirar as etiquetas dos produtos que compramos.

CALENDARIO ESCOLAR 2019

No curso 1989/90 saíu o exemplar número 1 da nosa Revista Escolar “ A Ponte” e este ano 2019 sae o número 30 e queremos que sexa unha edición especial.

Distribuir contido