Novas
MÓVETE+
Enviado por ffornosa o Mér, 04/05/2022 - 06:29MÓVETE+ trátase dunha modalidade, englobada dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva, que busca aumentar o tempo de actividade física do alumnado, durante a xornada escolar, mediante o baile e a música.
O alumnado de 5º de Educación Primaria elaborou unha coreografía para que profes e alumnado podamos ocupar os nosos tempos de lecer dunha forma activa.
Grazas artistas!!!
O NOSO CAMIÑO
Enviado por ffornosa o Mér, 04/05/2022 - 06:01Pasiño a pasiño faise o caminiño. Esta é a filosofía coa que iniciamos o reto de "O NOSO CAMIÑO". Saímos a camiñar todos os días, cada grupo ao seu ritmo, buscando sumar entre todos/as e conseguir percorrer os case 100 kilómetros que separan Xuvia de Santiago de Compostela. Non facemos o Camiño, facemos O NOSO CAMIÑO.
A COMER COS PROFES
Enviado por ffornosa o Lun, 02/05/2022 - 18:18Tan importante como adicar tempo á actividade física diaria é adicalo á nosa alimentación. Comer é un pracer, non teño dúbida algunha. E, aínda que non como o comer, tamén pode resultar pracenteiro o proceso de preparación de alimentos; cociñar.
Profas e profes, familias, propóñovos un reto que pasa a formar parte do Proxecto De Vida Activa e Deportiva; preparar un almorzo ou merenda saudable. Eu xa preparei o meu...¡dentro vídeo!
ENQUISA SOBRE HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE: FACÉMOLO BEN?
Enviado por ffornosa o Dom, 20/03/2022 - 15:11Bo día.
Velaquí están os resultados das enquisas realizadas con motivo da participación do centro no Proxecto de vida Activa e Deportiva.
PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA
Enviado por saraperez o Ven, 25/02/2022 - 08:49Como parte do Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD) no que participa o noso colexio e coa intención de continuar promovendo os hábitos de actividade física e alimentación saudable decidimos crear un logo que conteña unha mascota e un slogan que nos acompañe ao longo deste percorrido e axude a adoptar estes hábitos máis activos.
COÑECENDO XAPÓN E APRENDENDO PRIMEIROS AUXILIOS
Enviado por carmenvazquez o Lun, 28/06/2021 - 08:20EN 5º VIAXAMOS AO PAÍS DAS OLIMPIADAS DE ESTE ANO,XAPÓN,PARA COÑECER UN DOS SEUS DEPORTES MÁIS CARACTERÍSTICOS:O KARATE.APRENDIMOS MOVEMENTOS,CONTROL TÓNICO E RESPIRATORIO E DESCUBRIMOS QUE DOUS DOS MELLORES KARATEKAS DA HISTORIA SON ESPAÑOIS,SANDRA E DAMIÁN.
EN 6º DE PRIMARIA TIVEMOS A VISITA DE DANI E EVA,MÉDICOS E FAMILIA DO COLE.ONDE NOS ENSINARON COMO ACTUAR NO CASO DUNHA PARADA CARDIORESPIRATORIA,CORTE DE DIXESTIÓN E MOITAS MÁIS COUSAS INTERESANTES.MOITAS GRAZAS FAMILIA POLA
TRABALLOS EN EQUIPO
Enviado por carmenvazquez o Lun, 28/06/2021 - 08:05EN EDUCACIÓN INFANTIL TRABALLAMOS A EDUCACIÓN VIAL,COÑECENDO SEÑAIS,ÓRDES,NORMAS E RUTINAS QUE DEBEMOS COÑECER CANDO CAMIÑAMOS POLAS RÚAS.NOS CURSOS DE 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA TRABALLAMOS HÁBITOS ALIMENTARIOS SAUDABLES E APRENDIMOS QUE NUTRIENTES HAI NOS DIFERERENTES ALIMENTOS E CALES SON OS QUE DEBEMOS TOMAR HABITUALMENTE E CALES DEBEMOS EVITAR.EN 5º FIXEMOS XOGOS COOPERATIVOS DE COORDINACIÓN.
APRENDER XOGANDO COA EDUCACIÓN FISICA
Enviado por carmenvazquez o Dom, 23/05/2021 - 17:45NESTA PRESENTACIÓN TEDES VIDEOS DE ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES QUE FACEMOS EN PSICOMOTRICIDADE E EDUCACIÓN FISICA CON ANA MORALES E CAROLINA.
MOVEMOS O BODY CON SENTIDIÑO. Plan Proxecta
Enviado por gymartistic o Mar, 22/12/2020 - 09:41- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »
