A CEBRA CAMILA

Bos días familias,

 

O equipo de Infantil e primeiro ciclo de Primaria queremos enviarvos unha nova proposta de lectura para que nesta semana compartades un tempiño en familia: “A cebra Camila". 

 

Na seguinte ligazón á aula virtual poderedes desfrutar dun bonito vídeo do conto,  elaborado fai algún tempo e coa axuda da profe Vero por algún dos nenos e nenas que hoxe están en 5º de Primaria e ademais, atoparedes un enlace a un conxunto de xogos lim moi divertidos e que nesta ocasión, foron realizados por outro centro de Ferrol.

 

Enlace ao conto:

 

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippontedexubia/aulavirtual/course/view.phpid=102#section-4    

 

Enlace aos xogos Lim:

 

http://centros.edu.xunta.es/ceipdepazos/Ana/LIM/ACEBRACAMILA/camila.html  

 

 

Esperamos que vos gusten!