PATINETES DECORADOS

PATINETES TUNEADOS

Este ano no Nadal desde Educación Vial volveron a propoñer o tuneado de bicis e patinetes e se o ano pasado acudiron 15 nenos e nenas cos seus bicis e patinetes tuneados este ano o éxito foi total e cerca de corenta nenos e nenas de todolos ciclos animáronse a participar.

O día do festival Sonia e Pedro viñeron a premiar aos participantes. Todos levaron de agasallo un vale para acudir unha vez ao mes a Mac Donalds a comer un menú saudable de polo, auga e froita. E que estamos participando en cardioescolas e estamos moi concienciados coa importancia dunha dieta equilibrada.

Bo Nadal a todos e próspero aninovo e recordade se podes vir camiñando, no patinete ou na bici, mellor que mellor para a nosa saúde e o noso entorno.Premendo na foto teredes acceso a presentación.