BICIS E PATINETES DE NADAL

CONCURSO DE BICIS E PATINETES TUNEADOS POLO NADAL

A última semana de clase antes das vacacións de Nadal o equipo de Educación Vial do Concello de Narón propuxo aos nenos/as acudir ao colexio coa bici ou o patinete tuneado de Nadal. Moitos rapaces animáronse e a actividade foi un éxito grazas a colaboración e bo ánimo das familias.

O día da celebración do Festival do colexio todos aqueles que se animaron a disfrazar o seu medio de transporte recibiron un agasallo pola súa participación.

Esperamos que esta actividade tan divertida sega a celebrarse nos vindeiros anos.

Deixámosvos aquí unha presentación dos patinetes e das bicis e da entrega de premios. Bo Nadal a todos.

 

CONTEST OF CUSTOMIZED BIKES AND SCOOTERS FOR CHRISTMAS

Last week before Christmas Holidays the Safety Road equipment from Naron Council proposed an activity to the children: coming to school with their bikes and scooters customized for Christmas.  A lot of children worked hard and the activity was a big success thanks to the collaboration and good mood of the families.

The day of the Christmas  Festival all the children who assissted to school with their means of transport customized were given a present for their participation.

We hope that such a fun activity will be celebrated on the following years.

Here you can see a presentation with the scooters, bikes and the awards. Merry Christmas everyone!!!!