SEMANA DO LIBRO

COMO CADA ANO O COLE FESTEXA O DÍA DO LIBRO COA FEIRA DO TROCO DURANTE TODA A SEMANA PERO PARA NÓS ERA ESPECIAL POIS ERA A NOSA PRIMEIRA FEIRA E DENDE A CLASE DE TRES ANOS FIXEMOS A NOSA APORTACIÓN TRAENDO MOITOS CONTOS QUE CAMBIAMOS NA HORA DO RECREO.MOITAS GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN ESPERO QUE VOS GUSTARAN OS LIBROS QUE COLLERON OS VOSOS PEQUES.DENDE A AULA TRABALLAMOS O DÍA DO LIBRO FACENDO UN MARCAPÁXINAS QUE DECORAMOS CON PINTURA DE DEDOS E PURPURINA DE MOITAS CORES E TAMÉN ELABORAMOS UN CONTO COA TEMÁTICA DA RECICLAXE QUE ESTAMOS A TRABALLAR NA CLASE POIS XA SABEDES QUE SOMOS OS/AS POLICIAS DO PLANETA E QUEREMOS COIDALO E QUEREMOS APORTAR O NOSO GRAN DE AREA DENDE A NOSA AULA.PRONTO O LEVAREDES PARA A CASA E PODEREDES DISFRUTARLO ONDE OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS SON OS PROTAGONISTAS.O VENRES LEVAMOS PARA CASA O LIBRO DOS BOLECHAS "QUE SE BOTA NO CONTENEDOR AMARELO" AGASALLO DE SOGAMA.