BÁRBARA E PAULA

O MÉRCORES FOI UN DÍA MOI ATAREFADO PRIMEIRO TIVEMOS A VISITA DUNHAS MESTRAS DE GALES QUE VIÑERON AO NOSO COLE PARA VER COMO TRABALLABAMOS EN COOPERATIVO.FIXEMOS UN FOLIO XIRATORIO E DEBUXAMOS A ESCRITORA GLORIA FUERTES.ESTAS PROFES TAMÉN VISITARON OUTRAS AULAS DO CENTRO E OS COLES DE ESTEIRO,VALLE-INCLÁN E ATIOS.

DESPOIS DE MERENDAR TIVEMOS A VISITA DE BÁRBARA E PAULA,A NAI E A TIA DE CLOE E CONTÁRONNOS UN CONTO QUE PAULA ESCRIBIU PARA CLOE E QUE A NOSA COMPI LLE ENCANTA "EL GORRIÓN VALIENTE".ESTIVEMOS MOI ATENTOS E NON TIVEMOS NIN UNHA PINGUIÑA DE MEDO POIS ATA APARECERON PANTASMAS.PARA REMATAR PINTAMOS AO NOSO VALENTE GORRIÓN E A CASPER A NOSA PANTASMA AMIGA.MOITAS GRAZAS PAULA E BÁRBARA POR PASAR UN RATIÑO DO VOSO TEMPO CON NÓS FOI UN PRACER.

SABEDES QUE AS FAMILIAS SODES UN PILAR MOI IMPORTANTE DA VIDA NA AULA DE TRES ANOS MOITAS GRAZAS POLA VOSA AXUDA,COLABORACIÓN E POR ESTAR SEMPRE QUE VOS NECESITAMOS.