blogue demariaponte

ATA SETEMBRO...

CHEGA O MOMENTO DE DESPEDIRNOS E COMEZAR A DISFRUTAR DAS VACACIÓNS! QUE MELLOR QUE FACELO COAS FOTOS QUE NON SAEN NUNCA, AS FOTOS QUE FACEMOS NÓS CANDO A PROFE NOS DEIXA ;-)

FOTOS NATURAIS E ESPONTÁNEAS DO NOSO DÍA A DÍA, DOS NOSOS XOGOS, DOS NOSOS SEGREDOS, DAS NOSAS BROMAS... FOTOS QUE REFLICTEN UNHA REALIDADE, A DA NOSA CLASE: DIVERTIDA, XOGUETONA E... MOVIDA, JIJIJI!

TRES ANOS

TRES ANOS É O TEMPO QUE LEVAMOS XUNTOS, TRES ANOS QUE PASARON MOI RÁPIDO PERO Á VEZ, SE BOTAMOS A VISTA ATRÁS, DERON PARA MOITAS COUSAS. EXPERIENCIAS, RISAS, CONTOS, VISITAS, SORPRESAS, XOGOS... E UNHA MOREA DE AMIGOS E AMIGAS.

ASÍ PASOU O TEMPO PARA NÓS E ASÍ SE NOTA NAS NOSAS FERMOSAS CARIÑAS :-)

 

ESPALLANDO A POESÍA

O XOVES DÍA 20, FOMOS DE EXCURSIÓN POLO BARRIO PARA DAR DIFUSIÓN AO NOSO TRABALLO. ACUDIMOS A DIFERENTES PUNTOS PRÓXIMOS Á ESCOLA ONDE A XENTE TEN ACCESO A LECTURA E PREGUNTAMOS SE PODIAMOS DEIXAR UN EXEMPLAR DO NOSO LIBRO. OS LUGARES ONDE PODEREDES LER O LIBRO DE FRASES POÉTICAS SON:

IKER E A MOCHILA VIAXEIRA

INDA QUE O NOSO COMPI IKER XA LEVARA A MOCHILA, NO LLE COINCIDIRA MOI BEN A SÚA FAMILIA, ASÍ QUE UNHA VEZ QUE TODOS DISFRUTAMOS DELA NA CASA LEVOUNA UNHA SEGUNDA VEZ PARA PODER FACER O DEBUXO E ESCRIBIR UNHAS PALABRIÑAS. COMO A LIBRETA INDA TEN MOITAS PÁXINA BALEIRAS QUEDARÁ PARA 1º DE PRIMARIA, RECORDANDO ASÍ AS COUSAS QUE FIXEMOS ESTA ANO. QUE GUAI!

VISITA DA FAMILIA DE PABLO

O MÉRCORES TIVEMOS A VISITA DE CRIS E ALBA, A NAI E A IRMÁ DO NOSO COMPI PABLO. APRENDÉRONNOS A FACER UN VOLCÁN CON ELEMENTOS QUE TEMOS NA CASA E FOI MOI DIVERTIDO. ESTES FORON OS MATERIAIS NECESARIOS: 

VISITA DA FAMILIA DE NACHO

O LUNS CONTAMOS COA VISITA DE VERO E FER, OS PAIS DE NACHO. LERON UN CONTO TITULADO "VOY A COMEDTE" EMPREGANDO UN TEATRO DE SOMBRAS CO CAL O ÉXITO ESTABA GARANTIZADO. PERO A ACTIVIDADE NON REMATOU AQUÍ, TIÑAN PREPARADO UN TEATRO DE SOMBRAS PARA CADA UN DE NÓS!

ANIVERSARIO DE XUÑO E XULLO

O LUNS CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DE MATEO AMADO, MARTINA E DANI QUE NACERON EN XUÑO E O DE LUCAS QUE NACEU EN XULLO. CON ESTA FESTA DAMOS POR REMATADA A CELEBRACIÓN DE CUMPLES E O VINDEIRO XA SERÁ EN PRIMARIA :-)

ESCRIBIMOS UN LIBRO

POR FIN PODEMOS COMPARTIR NA WEB DA ESCOLA O RESULTADO DO NOSO TRABALLO! ADEMAIS DO LIBRO DE FRASES POÉTICAS QUE PRESENTAMOS ANTE TODAS AS FAMILIAS E COMUNIDADE EDUCATIVA, DEMOS UN PASIÑO MÁIS ESCRIBINDO UN LIBRO DE POEMAS.

PREMEDE NAS FRASES PARA VELOS E DESCARGALOS SE VOS GUSTAN. ESPERAMOS QUE SI!

LIBRO DE POEMAS

LOGO DE FACER O LIBRO DE FRASES POÉTICAS ELABORAMOS UNS POEMAS EN EQUIPO QUE TAMÉN ILUSTRAMOS. PARA ELABORALOS ACUDIMOS ÁS APRENDIZAXES REALIZADAS EN TORNO A CREACIÓN POÉTICA, EMPREGANDO RECURSOS ESTILÍSTICOS COMO A RIMA OU A REPETICIÓN.

LIBRO DE FRASES POÉTICAS

ADXUNTAMOS O LIBRO DE FRASES POÉTICAS PARA QUE O PODADER VER E DISFRUTAR :-)

O PROCESO DE ELABORACIÓN ESTÁ EXPLICADO NO APARTADO DE ACTIVIDADES TIPO II.

Distribuir contido