Blogues

ROSALÍA DE CASTRO

O 23 DE FEBREIRO DE 1837 NACEU ROSALÍA DE CASTRO, ESCRITORA E POETA GALEGA, CONSIDERADA A MÁIS ILUSTRE FIGURA DA LÍRICA MODERNA, E PRINCIPAL RESPONSABLE DE REXURDIMENTO GALEGO XUNTO CON EDUARDO PONDAL E CURROS ENRÍQUEZ.

DENDE O EDLG DO CENTRO, EN COLABORACIÓN CON TODO O EQUIPO DOCENTE, NENOS E NENAS QUEREMOS RENDIRLLE ESTA PEQUENA HOMENAXE.

AGRADECEMOS A RADIO PONTE A CESIÓN DO SEU PROGRAMA ESPECIAL CON MOTIVO DO NACEMENTO DE ROSALÍA.

 

 

ROSALIA de Vero Ramos

PROBAS GRUPAIS

No centro levamos a cabo diferentes probas a nivel grupo que están contempladas dentro do Plan de Atención á Diversidade, con elas pretendemos identificar aquel alumnado que ten dificultades nalgún aspecto concreto ou, incluso, algún grupo que deba traballar algo concreto.

Estas probas contan para a nota? Que valoran?

Non. O alumnado é coñecedor de que non conta para a nota e explícaselles que non se trata dunha avaliación dunha materia concreta, se non que se valoran esas "pequenas cousiñas" que utilizan no seu día a día: comprensión oral e escrita, atención, cálculo, planificación, lóxica, control espacial, etc.

Por que se fai con todo o grupo e non so cun neno/a en concreto?

As probas estandarizadas teñen baremos españois, é dicir, os investigadores que crearon a proba utilizaron nenos e nenas de todo o territorio español para elaborar o que se entende como "promedio" e todo o que queda por enriba e por abaixo. O feito de ter estos baremos fai que os resultados sexan en función de toda esa poboación, e iso está ben para saber onde nos situamos con respecto ao esperado por idade ou curso; pero se o facemos con todo o grupo, podemos tamén observar que igual toda esa clase acada unha puntuación baixa (ou alta) nunha tarefa concreta, o cal indica que non se trata de que un neno/a teña unha dificultade, se non que é algo a traballar con todo o grupo.

Os resultados vanse dar a coñecer ás familias?

Estas probas son unhas probas xenéricas, de identificación de posibles necesidades, polo que só nos poñeremos en contacto con aquelas familias nas que o neno/a obteña uns resultados que nos fagan sospeitar de que pode haber unha dificultade. No caso de que os resultados estén dentro do esperado, non haberá comunicación á familia.

Isto quere dicir que se o meu fillo/a está dentro da normalidade non podo ver o que fixo?

PARA NADA. Calquera familia que esté interesada en coñecer os resultados pode solicitar cita ca orientadora (a través da titora ou a través do email) e ver o que o seu fillo/a fixo.

 

Calquera dúbida que poda xurdir ao respecto, pode acudirse tanto ás titoras como á orientadora do centro.

ENTROIDO 2024

REMATADO O MES DE ENTROIDO, QUEREMOS COMPARTIR CON VÓS UN PEQUENO RESUMO DE COMO VIVIMOS ESTA FESTA NO COLE.

QUEREMOS AGRADECER A PARTICIPACIÓN DE TODAS AS FAMILIAS, EQUIPO DOCENTE, PERSOAL DO CENTRO, ASÍ COMO AO CONCELLO, POR COLABORAR CON NÓS.

FELICITAR A TODAS AS FAMILIAS POLAS LARPEIRADAS TAN BOAS, SABOROSAS E BEN PRESENTADAS, QUE CADA ANO ACHEGADES NESTAS DATAS, E POR SUPOSTO NORABOA Á FAMILIA DE XAVI E HUGO POR AS FILLOAS GAÑADORAS!!!

 

 

ENTROIDO de Vero Ramos

 

XA NOS TARDA O VINDEIRO ENTROIDO!!!

Día de Rosalía

O 23 de febreiro é o día de Rosalía de Castro, unha escritora moi imnportante para a nosa lingua. Quixemos ler dous dos seus poemas e contar algo da súa vida, Esperamos que vos guste escoitalo tanto coma nós facelo.

O día da Paz

O clube Bookfluencers trae unha nova entrega!!! Neste programa leremos o conto traballado para o día da paz e ademáis cantaremos a canción que cantamos ese día!!!

 

Tips para familias en apuros


 

CHARLA INFORMATIVA

CHARLA INFORMATIVA

CHARLA de maria

DÍA DE ROSALIA

ESTE VENRES FESTEXAMOS O DÍA DE ROSALIA CUN MURAL ELABORADO POR TODOS OS COMPIS DO CENTRO.OS NENOS E NENAS DE INFANTIL PINTAMOS O MAR,COLOREAMOS UNS BARCOS E ESCRIBIMOS PALABRAS,VERSOS... RELACIONADOS CON POEMAS DE ROSALIA DE CASTRO,UNHA DAS NOSAS ESCRITORAS MÁIS ILUSTRE.

¡OLA de maria

ANIVERSARIO FABIO E ADRIANA

PARABENS A FABIO E ADRIANA ,XA TEÑEN 4 ANOS. ESTE VENRES FESTEXAMOS O ANIVERSARIO DOS NOSOS COMPAÑEIROS CUNHA GRAN FESTA E CELEBRAR TODOS XUNTOS ESTE GRAN DÍA.

UNHA APERTA MOI GRANDE.

PARABENS de maria

ACTIVIDADES DA SEMANA

NESTA PRESENTACIÓN TEDES UN PEQUENO RESUMO DALGUNHA DAS ACTIVIDADES DO QUE FIXEMOS ESTA SEMANA.OLIVIA,ALONSO,DANI BOUZA,MATEO E DANI HERNÁNDEZ PRESENTARON AOS SEUS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS O TRABALLO DE OLA CHÁMOME!!!!,PARA COÑECERNOS UN POUCO MÁIS.TAMÉN FIXEMOS ALGÚN TRABALLIÑO SOBRE O INVERNO E UN DE ELES FOI UN CADRO DE DOBRE ENTRADA ONDE TIÑAMOS QUE RELACIONAR OS ANIMAIS COMO O OSO,MORSA,FOCA E COELLO CON ELEMENTOS DO POLO NORTE.ESTA SEMANA TAMÉN TIVEMOS A VISITA DOS COMPAÑEIROS DE 6º DE PRIMARIA E NITHIN NOS VIÑERON A CONTAR UN CONTO DE MAISY,O PASAMOS MOI BEN E ENCÁNTANOS QUE OS MAIORES NOS VEÑAN A VISITAR.

MOITAS GRAZAS ANA E NITHIN!!.

INVERNO de maria

Distribuir contido