1º curso

Saída Aquaciencia e SGHN en Ferrol

Á volta das vacacións de Semana Santa fomos a Ferrol, cos compañeiros de 2º, visitar a SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural) e Aquaciencia, no Parque Reina Sofía. 

A nosa profe é un desastre e non temos fotos da SGHN pero, grazas a que Inés nos acompañou a Aquaciencia, temos unhas pouquiñas. Aquí tedes unha mostra e podedes ver máis no apartado de 1º ciclo da web.

 

                           

Concurso de sumas

Como xa sabemos sumar moi ben, a profe propúxonos un concurso de sumas. Esforzámonos moito e o fixemos todos xenial!

E, aínda que o gañador foi Hugo Vizoso, todos comimos unhas ricas moedas e billetes de chocolate!!

 

          

Saída polo río Xubia

Para descansar un pouco do traballo e coñecer mellor ás marabillas do noso redor, fomos cos compañeiros de 2º de paseo polo río Xubia.  

Rematamos a nosa viaxe buscando cangrexos que, por suposto, despois devolvimos ó río. Só queriamos velos máis pretiño!!

 

                           

Mandado do Entroido: con roupa de durmir

E aquí estamos todos en pixama!!! Mirade que lindos nos imos durmir!!

 

Mandado do Entroido: Algo na cabeza

O martes do Entroido, o noso Meco deunos o mandado de vir con algo na cabeza e así de guapiños fomos!!

 

Excursión ó aquarium finisterrae

No mes de febreiro e xusto antes do Entroido fomos cos nenos e nenas de 2º de excursión ó Aquarium Finisterrae na Coruña.

Vimos unha morea de peixes e encantáronnos, sobre todo, as quenllas Gastón e Hermosa, as quenllas do Aquarium.

Aquí tedes unhas fotiños!!

Exposicion Día da Paz

Polo Día da Paz fixemos unha exposición de Senegal na que falamos un pouco de onde está, a súa historia, onde vive a xente, as súas linguas, os seus símbolos e a súa moeda.

Fixémolo xenial!! Mirade o vídeo e xa veredes

O Nadal noutros países

Durante o Nadal, e comezando co proxecto de interculturalidade, viñeron visitarmos os papás de Ángela (Venezuela) e Yasmel (Cuba) para contarmos como celebran o Nadal nos seus países.

Foi moi interesante ver as diferencias e, sobre todo, semellanzas que teñen con nós e, ademais, sentímonos moi orgullosos dos nosos compañeiros e da sorte que teñen de ter papás que nos ensinan tanto.

Moitísimas gracias por todo o que nos ensináchedes!!!

Nesta presentación podedes ver a Carlos, o papá de Ángela, e a rica hallaca que compatiu con nós. Se queredes ver como se fan a hallacas, prato típico de Venezuela polo Nadal,  mirade aquí.

E nesta outra presentación podedes ver a Yreidy, a mamá de Yasmel que tamén nos contou unha morea de cousas do Nadal en Cuba. 

Festival de Nadal

Para celebrar o Nadal, preparamos unha pequena obra de teatro e unha panxoliña, moi ben ensinadas polas mestras Puri e Elisa que son as nosas profes de Inglés.

Debaixo podedes ver un pouco o que fixemos ese día.

E xusto aquí debaixo podedes ver o vídeo:

"Cuarto de cuentos"- auditorio de Narón

O día 15 de novembro fomos ó teatro no auditorio de Narón xunto cos compañeiros de 2º.

A obra de teatro era "Cuarto de cuentos" da compañía Titiritrán e aquí podedes ver como foi a nosa viaxe.

Distribuir contido