PERÍODOS NON LECTIVOS CURSO 2016-2017

PERÍODOS NON LECTIVOS

INFORMACIÓN A NAIS/PAIS/TITORES LEGAIS

Curso: 2016/2017

Segundo a Orde do 7 de xuño de 2016 (DOG do 15 de xuño de 2016) establécese:

1. PERÍODOS DE VACACIÓNS:

 NADAL: desde o día 22 de decembro de 2016 ata o día 6 de xaneiro de 2017, ambos inclusive.

 ENTROIDO: días 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo de 2017.

 SEMANA SANTA: desde o día 10 ata o 17 de abril de 2017, ambos inclusive.

2. DÍAS NON LECTIVOS:

 Ademais das festas de ámbito estatal, son días non lectivos os festivos así declarados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, e as festas laborais de carácter local publicadas por resolución da devandita consellería.

 Días non lectivos solicitados por razóns de tradición, costume ou conveniencia pedagóxica: 2 de novembro de 2016 e 2 de maio de 2017.

 Establécese o Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos o 31 de outubro de 2016.