Skip to Content

Graduación 6º Educación Primaria

VI Edición Faro da Escola

Un ano mais participamos no proxecto Faro da Escola de Faro de Vigo onde os alumnos redactaron un xornal coas novas do centro. Nesta edicion resultamos premiados co 1º premio a Mellor Portada, o 1º premio da Deputacion de Pontevedra e o 1º premio Vitrasa de mobilidade.

Premendo aqui podedes ler a nova no xornal

 

 

Convocadas as axudas municipais para comedor , libros e material escolar para o curso 2021/2022

 

Publicadas as Axudas municipais para comedor, libros e material escolar para o curso escolar 2021/2022.

 

A presente convocatoria integra diversas axudas

 

  • Axudas para libros e material escolar na 2º etapa de Educación Infantil ( 3, 4,e 5 anos).
  • Axudas para comedor escolar  para o alumnado matriculado en Educación Infantil  e en Educación Primaria.

 

Para solicitar estas axudas é preciso solicitar cita previa a través de www.vigo.org ou nos teléfonos 010 ou no 986 810 260 a partir do LUNS 7 DE XUÑO ou ben presentala a trvés da carpeta cidadá do Concello de Vigo.

Plazo de presentaciónDo 10 de xuño ao 07 de xullo

 

 

Convocadas as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado de educación primaria en centros docentes con fondos públicos para o curso 2021/22.

Publicada a ORDE do 06 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/22.

Preme para ler a Orde 

A presente Orde integra as diversas modalidades de gratuidade solidaria dos libros de texto dos niveis obrigatorios de ensino

 

  • Fondo solidario de libros de texto en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
  • Axudas para adquirir libros de texto en 1º e 2º de Educación Primaria.
  • Axudas para adquirir material escolar para todo o alumnado matriculado en Educación Primaria.

 REQUISITOSPreme para ler or requisitos da convocatoria.

Para solicitar estas axudas é preciso presentar o Anexo I e II  preferiblemente por vía electrónica e opcionalmente poderase presentar no centro docente mediante cita previa chamando ao teléfono 886 120 261 

Plazo de presentaciónDo 21 de maio ao 22 de xuño

Recoméndase a presentación telemática a través do aplicativo FONDOLIBROS

Protocolo comedor

Nos arquivos adxuntos publicamos o Plan de adaptación a situación Covid-19 do comedor escolar.

Este protocolo estará sometido a cambios e revisións según a situación epidemiolóxica.

 

Protocolos de adaptación a situación Covid

O equipo docente pon a disposición da comunidade educativa o Plan de adaptación a situación Covid, o plan de acollida e o Plan de continxencia. A estes plans iranse engadindo as modificacións que incorporen a Consellería de Educación e Sanidade.

Podense consultar aqui os documentos premendo en cada un deles. Plan de adaptación a situación Covid, Programa de acollida e Plan de Continxencia

Para facilitar a comprensión dos mesmos deixamos unha presentación onde se destacan os puntos mais importantes para as familias.

 

Nota informativa: Adaptación do curso escolar 2020/2021 pola COVID-19

En relación ao inicio de curso comunicamos que o equipo directivo está a traballar na elaboración dos protocolos coas novas normas e medidas seguindo as indicacións da Consellería de Educación e a Consellería de Sanidade e que daremos a coñecer a partires de setembro coa finalidade de garantir a seguridade de todos os membros da comunidade educativa.

Asemade informamos que o curso de xeito presencial iniciarase o 10 de setembro.

Entre todos conseguiremos unha contorna escolar segura.

Distribuir contido


by Dr. Radut