Educación Infantil

VISITA A NATURMAZ

O venres 31 de maio, @s peques do Eduardo Pondal fomos de excursión de fin de curso a Naturmaz, en Mazaricos.

Alí fixemos un montón de actividades: mostramos ás nosas destrezas na xincana, coidamos aos animais da granxa escola, visitamos o angar dos avións e plantamos.

Foi unha saída moi divertida!!!

Dividíronnos en dous grupos, 3 e 4 anos por un lado, e 5 por outro, así que vos deixamos dous vídeos para que vos fagades unha idea do ben que o pasamos!!!

 

 

 

FESTILETRAS 2019 - EDUACIÓN INFANTIL

O pasado mércores 15 de maio visitamos a aldea do Couto para desfrutar de xogos tradicionais galegos e da actuación de Paco Nogueiras e a súa "Radio Bule Bule".

Premede na seguinte imaxe... Esperamos que vos guste!

CONCERTO DIDÁCTICO "RAÍCES"

O venres 12 de abril, o alumnado de infantil viaxamos ata A Coruña para ver un concerto didáctico titulado "Raíces". Desfrutámolo moito!!!

Deixámosvos unha pequena mostra...

 

O ALUMNADO DE INFANTIL VISITA O INSTITUTO

Os nenos e nenas de Educación Infantil recibimos unha invitación moi especial do IES Eduardo Pondal...

CONVIDÁRONNOS ÁS SÚAS XORNADAS CULTURAIS!!!

E claro está... aceptamos encantados.

Pasámolo xenial, tal e como se pode ver no vídeo que aparece a continuación.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O pasado martes 12 de marzo realizamos no CEIP Eduardo Pondal unha Xornada de Portas Abertas para recibir ao novo alumnado de 4º de Educación Infantil, que se incorporará ao centro o vindeiro curso.

Aquí vos deixamos un tríptico con información de interese para as novas familias.

Os compañeiros e compañeiras de 5 anos preparáronlles unha sorpresa en forma de conto e algún que outro agasallo. Se queredes saber máis... pinchade na seguinte foto!!!

 

UN ENTROIDO "INCREÍBLE"!!!

Se queredes coñecer os superpoderes dos "increíbles" nenos e nenas de Educación Infantil, premede na seguinte imaxe!

EXIPTO

Os nenos e nenas de Educación Infantil elaboramos este vídeo para finalizar o proxecto de Exipto. Pasámolo moi ben facéndoo!

 

Día do libro - Educación Infantil

Podedes ver no seguinte vídeo como celebrou o alumnado de Educación Infantil o día do libro.

Concertos didácticos

O pasado xoves o alumnado de Educación Infantil visitou o Palacio da Ópera para gozar dun dos seus concertos didácticos.

 

Distribuir contido

Eventos

« Agosto 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031