Fondo solidario de libros e axudas de material escolar

 

A Consellería de Educación ven de publicar a convocatoria para participar no programa Fondo Solidario de Libros e de Axudas para a compra de material escolar.

Estas axudas están destinadas a toda a comunidade educativa.

No programa de fondo solidario de libros pode participar o alumnado de 3º,4º,5º e 6º de Primaria.

No programa de axuda de compras para libros de texto pode participar alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria

No programa de axuda de compra de material escolar pode participar o alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º.

Como solicitar as axudas?

Para solicitar as axudas podedes presentar na secretaría do centro o impreso debidamente cuberto e asinado e unha fotocopia do libro de famila onde aparez

an todos os membros da unidade familiar. Se non teñen libro de familia ou a situación é diferente á especificada no Libro de Familia podedes acreditar o número de membros do seguinte xeito:

-      

No caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial ou convenio regulador onde conste quen ten a custodia do menor.

-      

Certificado de empadroamento da unidade familiar.

-      

Certificado do concello que acredite a situación familiar.

Os impresos para solicitar a axuda podedes solicitalos no centro polos vosos fillos ou fillas, descargalos da sede dixital da Xunta ou da web do centro.

Tamén podedes solicitar as axudas a través da aplicación https://www.edu.xunta.es/fondolibros/  Cubrides a instancia, a imprimides e a presentades na secretaría do centro ca fotocopia do libro de familia.

 O plazo de presentación de instancias remata o 21 de xuño.

 

Eventos

« Agosto 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031