Iniciar sesión: Acceso

Atención a Pais/Nais

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR CORONAVIRUS

AXUDAS DE COMEDOR ESCOLAR PARA AS FAMILIAS POR MOR DO CORONAVIRUS

Estimadas familias:

A consellería vai destinar unha partida para axudas de comedor escolar para aquelas familias que tiñades gratuidade ou que pagabades 1€.

A subvención é de 2,50€ para as familias de gratuidade total e 1,50€ para as que pagabades 1€ por día lectivo.

Prazo de presentación: ata o 6 de abril inclusive

Esta solicitude podedes facela vós telemáticamente ou pode facela o centro se tedes dúbidas ou dificultades para facelo telemáticamente pero teño que contar cunha xustificación de que queredes facer a solicitude e a vosa autorización.

A información toda está recollida na orde que vos adxunto abaixo.

Axudas comedor coronavirus

Un saudiño!

ATENCIÓN A NAIS E PAIS/TITORES

A atención a nais e pais ou titores relízase todos os martes de 15:45 a 16:45 preferiblemente avisando previamente a fin de organizar estas sesións sen que ninguén teña que esperar e que  ademáis o titor conte coa información recadada dos demáis profesores especialistas.

Caso de que as familias non poidan acudir neste horario avisarán ao centro para coordinar a entrevista co profesor sen interrumpir ningunha clase.

Lembramos a importancia de traballar tod@s na mesma dirección e polo tanto estar  o máis coordinados posible; que poidades contar coa información puntual d@s vos@s fill@s como tamén aportarlla vós ao profesorado.

Distribuir contido