Iniciar sesión: Acceso

5º e 6º E.P.

COÑECÉNDONOS MÁIS.

As dúas últimas semanas, os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria tivemos unha visita que nos axudou a coñecernos un pouquiño máis. 

Tivemos con nós ao Doutor Miguel Francisco Rodríguez Piñán, un médico especializado en sexoloxía que, xunto con outra compañeira, recorren os centros educativos co fin de axudarnos a reflexionar e compartir os cambios que todos sufrimos na adolescencia. 

Ao longo de dúas sesións, estudamos acerca dos nosos aparellos xenitais, de como cambiamos a medida que cumprimos anos, falamos acerca da menstruación nas nenas e os produtos hixiénicos que temos que utilizar e puxemos en común moitas inquedanzas que tiñamos. Ao principio estabamos todos moi avergoñados pero pouco a pouco e grazas ao doutor puidemos resolver moitas dúbidas. Tamén falamos acerca das relacións sexuais, os métodos anticonceptivos e as consecuencias que poden traer os nosos actos  o que cremos nos fixo un pouco máis responsables. 

Francisco animounos a que falásemos e compartísemos as nosas dúbidas e inquedanzas coas nosas familias xa que son elas as que mellor nos poden acompañar no noso descubrimento como persoas. 

Foron dúas sesións moi proveitosas polas que temos que agradecer ao doutor polo seu traballo.

Podedes ver as fotos das sesións premendo aquí. 

 

"A Educación sexual empeza coa educación dos afectos"

Distribuir contido