Iniciar sesión: Acceso

Biblio creativa

Proxecto de biblioteca creativa

Creamos os nosos xogos cos Escornabots.

Xa son moitos os xogos que os mestrxs da cole de pobra do Brollón fomos deseñando para o uso dos escornabots asçi que esta vez tocáballes aos nenos e nenas de 5º e 6º poñerse mans á obra e deseñar os seus propios xogos. Distribuidos en dous equipos, cada grupo creou o seu xogo dende o inicio, pensando e escribindo as regras do xogo, reflexionando acerca das agrupacións e das idades á que irían dirixidos, creando os materiais necesarios.... Un traballo dende cero co que traballaron en equipo. 

O grupo de 5º formado por Manu, Marcos, Dani e José Ramón, creou o xogo ESCORNADREZ, unha variante do xadrez na que o taboleiro de 10x10 se convirte nun taboleiro e se cambia o rei por un escornabot. Deste xeito, móvense o resto das piezas e téntase manter a salvo ao noso escorna mentres intenamos comer o do equipo contrario. O escornabot pode facer os movementos que faría un rei no taboleiro orixinal e en caso de que faiase o movemento tería que voltar á posición anterior. 

Os nenos e nena de 6º, Amanda, Aelfie, Senén e Fabián crearon unha OCA DA PAZ. En relación coa celebración do día da paz crearon tarxetas e un circuito sobre o taboleiro. Despois de tirar o dado, debían mover o escornabot ata a casilla indicada e enfrentarse a pregunta ou proba que lles propoñían. En caso de acertar, podían seguir tirando. 

 

Por último chegou a mellor parte, probar os deseños dos novos xogos, polo que os intercambiamos e fixemos unha avaliación do noso traballo. O resultado foi moito mellor do esperado aínda que tivemos que enfrentarnos a algún que outro arranxo. 

Disfrutade das imxes premendo aquí. 

Seguimos fedellando!

O ENTROIDO COA IMPRESORA 3D.

Este ano o noso disfraz de carnaval tiña unha premisa moi importante, a reutilización. Debiamos vir vestidos da década dos 60 pero con roupas e accesorios vellos, cousas que xa tiveramos pola casa, contribuíndo así ao noso propósito de "MENOS PLÁSTICOS, MÁIS GUÍMAROS". 

Para completar o disfraz e coa axuda da impresora 3D os nenos e nenas de 5º e 6º diseñaron un colgante que recollía o símbolo da paz e que imprimimos para todos os membros do cole. Decorámolo pintando con rotuladores permanentes, purpurinas, cores, confeti,... e o resultado quedou moi vistoso. 

Estreamos a impresora 3D.

A pasada semana xa vos avanzamos que tiñamos unha nova ferramenta na Biblioteca do cole, a impresora 3D, e por fin os nenos de 5º e 6º de Primaria puidemos estreala. Estivemos dando voltas sobre qué imprimir neste grande estreno e pensamos en crear uns agasallos para os gañadores da liga de tenis de mesa que estamos a levar a cabo dende o Plan Proxecta. 

   

O primeiro que fixermos con axuda de Dori e Paula foi buscar dentro da web de "Thingiverse" algún deseño que se adaptase a nosa idea. Entre todos os que atopamos escollemos unha pequena pala de tenis de mesa que convertiriamos en un chaveiro. Unha vez tiñamos clara a idea, traballamos sobre a imaxe cos programas de edición da propia impresora, o 3DWoox e enviamos o noso deseño a imprimir. 

Xa vos podedes imaxinar a nosa ilusión ao ver funcionar a máquina. 

Despois duns minutiños, tiñamos o resultado, e temos que recoñecer que non foi tan ben como esperabamos, xa que a base quedou mal feita. De tódolos xeitos, buscamos cal podçia ser o erro para remedialo a próxima vez. Xa vos ensinaremos a nosa evolución. 

Disfrutade das imaxes premendo aquí. 

 

Novo recurso na Biblio: IMPRESORA 3D

Outro ano máis, o noso cole participa no Proxecto de Biblioteca Creativa, unha iniciativa da Asesoría de Bibliotecas Escolares para introducir a linguaxe da robótica e a programación, así como experimentación e investigación nas nosas aulas. Nesta convocatoria, condecéronnos os fondos necesarios para a compra dunha nova ferramenta que vai dar moito xogo no cole: a IMPRESORA 3D.

 

E como sempre, o primeiro é que os mestres e mestras nos poñamos ao día coas novas tecnoloxías para sacarlles o maior uso posible. Así que o pasado mércores, tivemos unha formación sobre o manexo, deseño e as posibles aplicacións didácticas da máquina. A formación fixémola a través do grupo de traballo que temos no cole, en colaboración co Centro de Formación do Profesorado de Monforte, e tamén acudiron a ela compañeiras co CEIP de Pobra de Trives, que tamén andan metidas nestas argalladas.

Podedes ver algunha foto da formación no seguinte enlace.

Agora toca fedellar e comezar a traballar cos nenos e nenas!

SEGUIMOS FEDELLANDO.

Hoxe queremos compartir con vós os nosos avances cos escornabots. Nas últimas semanas deste segundo trimestre os nenos e nenas de primeiro e segundo estivemos traballando con eles e disfrutamos moito á vez que aprendimos.

Por un lado, na materia de ciencias naturais deseñamos un xogo para afianzar o que aprendimos acerca dos animais. Para elo deseñamos un taboleiro moi visual que tiñamos que destapar coa axuda dos escornabot para despois clasificalos e lembrar todo o aprendido.

Tamén aproveitamos o almorzo saudable que fixemos con todo o cole para traballar os nosos hábitos alimeticios e poder melloralos. Desta vez incluso nós participamos no desenvolvemento do taboleiro sendo nós os que deseñamos e debuxamos cada casilla do taboleiro.

Nos documentos adxuntos tedes  resumo das actividades así como os elementos curriculares traballados e podedes disfrutar das imaxes premendo aquí.    

Seguimos!

ESCORNABOTS EN PAZ

Con motivo do Día escolar da Non Violencia e a Paz no CEIP Pobra do Brollón deseñamos unha serie de actividades entre as que se atopaban xogos cos escornabots. Desenvolvimos dous xogos diferentes adaptados ás diferentes idades do alumnado e que a continuación vos explicamos. 

 

Xogo "Podo- Non podo":

Os nenos e nenas de infantil e primeiro e segundo curso de primaria traballaron as normas de conducta a través do libro "Cachorros & cachorros" de Isabella Paglia e Anna Laura Cantone. En base a el, creamos unha serie de tarxetas para colocar nos taboleiros do escorna nas cales se lles preguntaba aos pequechos o que podemos e non podemos facer, por moi cativos que sexamos. 

Nos documentos adxuntos tedes a información do xogo e os materiais necesarios para o eu desenvolvemento. 

Xogo da Paz:

Co alumnado máis maior do cole fomos un pouquiño máis aló e decidimos traballar as normas de convivencia que debemos ter en conta dentro da escola. Seguindo o sistema de tarxetas, os rapaces e rapazas tiñan que enfrentarse a situacións diversas e decidir que facer ante elas. As respostas que resultaron deste xogo foron moi reflexivas e convincentes. 

Aquí tedes os materiais deste xogo.

Se premedes aquí, podedes ver as imaxes do noso día de xogos cos escornabot. Sen dúbida, estes pequenos robots estanse a converter en un estupendo recurso para traballar e reforzar as nosas aprendizaxes. Esperamos que vos gusten!

Xogando co escornabot: "Afundir a flota".

Continuamos traballando cos escornabots dentro do proxecto "Biblioteca Creativa"!. 

Esta semana os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria atrevéronse co deseño e creación dun taboleiro para xogar cos nosos pequenos robots. Aproveitando que nos tocaba estudar os eixos de coordenadas cartesianas en Matemáticas, crearon unha nova versión do tradicional "Afundir a flota" que fixo o estudo moito máis ameno e divertido. 

Pero non só creamos os taboleiros, tamén adornamos os escornas para convertelos en barcos piratas, redactamos as regras do xogo entre todos e xogamos un bo anaco aprendendo dunha maneira lúdica. E o mellor de todo... pasámolo xenial. 

Para ver a actividade completa, así como as imaxes e vídeos, premede no seguinte enlace. 

                         Xogo: "Afundir a flota"

Seguiremos xogando!

Titorial para montar o noso Escornabot.

Como xa vos comentamos, o noso centro foi seleccionado para participar no proxecto Biblioteca Creativa.

Despois da formación no centro, creamos un tutorial para montar os escornabots que, esperamos, sexa interesante e aclare as dúbidas que poidan xurdir na montaxe deste fedello. O tutorial está feito en "Prezi", unha plataforma que permite facer presentacións dinámicas e que fan que poidas acceder de xeito sinxelo a temas, carpetas e subcarpetas, sen ter que andar pasando páxinas e páxinas, polo que nos pareceu moi axeitado para este titorial. 

Este é o enlace para a presentación: 

https://prezi.com/view/HBPzIISoVItZOg4Gm6r2/

 

Esperamos que vos guste! Nos... seguiremos fedellando!

FORMACIÓN ESCORNABOT.

o paso foi construir o s

istema eléctrico e poñ

elo a proba. Case non o podiamos crer cando o vimos funcionar.

Foi unha desas tardes grandes nas que o profesorado du

n centro

compartimos coñecementos,

ga

ñas de aprender e tamén risas

...

que crearon un

contexto rico en formación nun ambiente cordial, agradable de tra

ballo

colaborativo

.

Comprobar o resultado final vendo como funcionaba o robot

encheunos de

emoción e satisfación. Ábrese unha nova fiestra de acceso ao cu

rriculum

cun novo

recurso motivador e ilusionante para o nós e o noso alumnado.

Aquí vos deixamos un resumo en imaxes da que foi unha fructífera tarde

. o paso foi construir o s

istema eléctrico e poñ

elo a proba. Case non o podiamos crer cando o vimos funcionar.

Foi unha desas tardes grandes nas que o profesorado du

n centro

compartimos coñecementos,

ga

ñas de aprender e tamén risas

...

que crearon un

contexto rico en formación nun ambiente cordial, agradable de tra

ballo

colaborativo

.

Comprobar o resultado final vendo como funcionaba o robot

encheunos de

emoción e satisfación.O pasado martes, día 30 de outbro realizamos a xornada de formación en torno ao proxecto de Biblioteca Creativa coa nosa compañeira  do Equipo de Biblioteca responsable deste proxecto  Paula Lapido, que previamente asisitiu a xornada de formación  a Santiago. 

O pasado martes, día 30 de outbro realizamos a xornada de formación en torno ao proxecto de Biblioteca Creativa coa nosa compañeira  do Equipo de Biblioteca responsable deste proxecto  Paula Lapido, que previamente asisitiu a xornada de formación  a Santiago. 

A entrada neste proxecto  é unha oportunidade de novos recursos para o profesorado que sabemos que temos ante nós un recurso novo, motivador que abre moitas posibilidades para desenvolver destrezas e competencias do alumnado e para aprender lúdicamente. 

Conscientes da importancia  deste recurso na formación non estivo só o Equipo de bibliotecas senón todo o claustro por iniciativa propia. 

Unha vez feita a introducción por Paula, explicados os pasos e as conexión, e co manual e instruccións diante, puxémonos mans a obra baixo o asesoramento e supervisión da nosa compañeira. Aprendemos e sorprendémonos a nós mesmos das nosas posibilidades, pois algúns de nós soldamos por primeira vez ante a nosa propia sorpresa.   

A formación foi   fundamentalmente práctica, baseada na manipulación e construcción do robot na que participamos todo o claustro… Comezamos por soldar as resistencias á placa base utilizando un chisco de estaño, así como tamén os botóns que reciben as ordes que lle daremos ao escornabot. Despois puxémonos mans á obra coa montaxe das pezas plásticas, as baterías e os motores que farán mover o noso pequeno robot. O último paso foi construir o sistema eléctrico e poñelo a proba. Case non o podiamos crer cando o vimos funcionar.  

Foi unha desas tardes grandes nas que o profesorado dun centro compartimos coñecementos,  gañas de aprender e  tamén risas…que crearon un contexto rico en formación nun ambiente cordial, agradable de traballo colaborativo 

Comprobar o resultado final vendo como funcionaba o robot encheunos de emoción e satisfación. Ábrese unha nova fiestra de acceso ao curriculum  cun novo recurso motivador e ilusionante para o nós e o noso alumnado. 

Aquí vos deixamos un resumo en imaxes da que foi unha fructífera tarde.  Ábrese unha nova fiestra de acceso ao cu

rriculum

cun novo

recurO pasado martes, día 30 de outbro realizamos a xornada de formación en torno ao proxecto de Biblioteca Creativa coa nosa compañeira  do Equipo de Biblioteca responsable deste proxecto  Paula Lapido, que previamente asisitiu a xornada de formación  a Santiago. 

Premendo aquí podedes ver  un resumo en imaxes da que foi unha fructífera tarde. 

Aquí vos deixamos un resumo en imaxes da que foi unha fructífera tarde. so motivador e ilusionante para o nós e o noso alumnado.

Aquí vos deixamos un resumo en imaxes da que foi unha fructífera tarde

.

Distribuir contido