Iniciar sesión: Acceso

Comedor Escolar

NORMAS DO COMEDOR

COMPARTIMOS RESPONSABILIDADES NO FUNCIONAMENTO DO COMEDOR ESCOLAR

 

NORMAS XERAIS PARA TODOS.

  1. Lavar e secar as mans antes de entrar no comedor. Evitarás xermes e posibles infeccións.

  2. Entrar no comedor ordeadamente, sen alborotar e sen berrar para que todos nos atopemos a gusto.

  3. Sentarse sen alborotar no lugar de cada un. Se precisas algo pídesllo ao encargad@ da mesa ou ao profesor de garda nese momento. Deste xeito resolverás calquer problema.

  4. Durante a comida podes falar cos compañeiros de mesa nun tono baixo para que no comedor non haxa alboroto e poidamos ouvirnos.

  5. Só se pode levantar da mesa o/a encargad@ cando sexa necesario. Se precisas algo que non hai levantas a man.

  6. A mesa deberá permnanecer limpa durante a comida. Despois debe quedar recollida, sen comida nin cousas no chan e coas sillas enriba.

  7. A saída, cando o indique o profesor de garda será en orde, igualmente sen alborotar.

  8. Antes de saír ao patio deberedes lavar e secar as mans e lavar os dentes.

 

NORMAS PARA @S ENCARGAD@S

En cada mesa haberá dous encargados sentados nas cabeceiras de cada mesa que deberán:

 

  1. Un d@sencargad@s servirá a mesa e @ outr@ encargarase de recoller. Nesta tarefa poderanse axudar mutuamente.

  2. Só poderán levantarse durante a comida @s encargad@s co permiso do profesor de garda.

  3. Dous nenos/as serán @s encargad@s de pasar o carro para cada prato de comida según sexa necesario e de levar e vaixela e restos ó remate de cada prato.

  4. Os/As encargad@s das mesas colaborarán en tarefas para que se coma con orde, non haxa alboroto e se manteñan as mesas e o chan limpos.

 

Distribuir contido