Iniciar sesión: Acceso

Guimariñoleo, Biblioteca escolar, Dinamización, Traballo por proxectos, Radio escolar, Escornabots

Conmemoración do Día do Maior no centro de día.

Visita ao Centro de Día:

O pasado día un de outubro conmemorouse o día do maior. Non hai mellor motivo, pois, para iniciar as visitas ao centro de día e pór en marcha o noso club de Lectura…..

 

Queriamos aportar o noso gran de area a esta merecida conmemoración; así que proveitamos para ler “Quén me quere adoptar” de Fina Casalderrey…. reflexionamos sobre a fermosa historia de Manuel,  un mestre xubilado que se atopa só…e ten moito que dar…pero a quén?

 

A súa dona morreu,  a súa filla está traballando de médico en África…e él ten uha fermosa biblioteca, moitos libros para ler….así que pon un cartel para que o adopte unha familia na que haxa nen@s.

 

Así é como Manuel, despois de algunha decepción atopa unha familia que o respecta e o valora….e á que Manuel, por suposto, enriquece coa súa sabiduría, as súas historias…a compaña mutua que se fan.

 

Resultado de imagen de quen me quere adoptar

 

 

O xoves, día 4 de outubro, visitamos aos nosos amigos e comprobamos unha vez máis canto podemos aprender das  súas experiencias…e canto podemos compartir

Contáronnos como celebraran o día do maior: cunha festiña na que fixeron a tarta da avoa; xogos que recordaron e que nos contaron: a billarda, o aro, as chapas, a rá…..

Falamos  da súa infancia, do que costaba ir á escola cando quedaba tempo, pois había que axudar nas tarefas da casa….Unha sesión extraorinaria como podedes comprobar nestas imaxes.

 

Imaxes Día do Maior. 

 

Nós  contámoslle a historia do libro que lemos, e seguimos a falar da importancia de todas as persoas, do respecto, do esforzo……Falamos das súas profesións, dos nosos proxectos de futuro, déronnos consellos…foi unha sesión extraordinaria que decidimos plasmar neste primeiro  programa de radio deste curso…..pois a todos nos encanta.

Radio Guímaro no Día do Maior.

 

 

PROXECTO ESCANEANDO O PASADO

ESCANEANDO O PASADO

Durante o curso 2017-18 voltamos a vista atrás para indagar nalgúns aspectos  etnográficos do noso concello. Así coñecemos oficios prácticamente desaparecidos e de camiño o modo de vida dos nosos antepasados.

Se queres consultar o desenvolvemento do noso proxecto e o entronque coa programación pulsa aquí

Un dos apectos etnográficos importantes no nosos concello son os sequeiros e a importancia que tivo a castaña no noso concello. Así que despois de investigación, saídas e recollida de información elaboramos un panel informativo

 Polo magosto elaboramos un manual de receitas con castañas.

Investigamos sobre patrimonio inmaterial achegándonos aos brindos. Realizamos un obradoiro de regueifas, e unha convivencia co IES de Vila de Cruces. Esta actividade estivo organizada conxuntamente co concello. Rematamos cun festival de regueifas e brindos na casa da cultura OLga Novo.

Presentámoslles os brindos

Investigamos como eran antes as escolas, os materiais que se usaban..Recollemos información nas nosas localidades pero este traballo continuará o vindeiro curso para tratar de acadar a relación total das escolas unitarias do noso concello.

Radio Guímaro dende o centro de día

Hoxe é un día moi especial para Radio Guímaro, xa que por primeira vez emite un programa fóra do seu lugar habitual.

O alumnado de 5º e 6º gravou un programa cos nosos amigos/as do centro de día, cos que compartimos momentos moi bos ao longo de todo o curso.

O programa centrouse na etnografía: o Castro de San Lourenzo, os muíños, os sequeiros…As persoas maiores do centro de día son auténticas fontes de sabedoría; comprobádeo vós mesmos.

Programa Radio Guímaro.

Estamos encantados co marcapáxinas co que nos agasallaron na última xornada de convivencia deste curso. Moitísimas gracias por este gran detalle e por todos os momentos que nos brindaron, momentos que nos fixeron medrar.

Podedes ver unhas fotos desta xornada de convivencia.

 

Entrevista ao arqueólogo Xosé Gago

O alumnado de 5º e 6º entrevistou en Radio Guímaro ao arqueólogo Xosé Gago. 

Disfrutade do programa, unha viaxe a través da historia,  no que coñeceredes máis sobre o noso pasado.

Queremos dar as gracias a Xosé pola infinidade de coñecementos cos que nos empapou, por achegarnos a unha profesión realmente interesante...

Seguiremos realizando actividades en conxunto polo que estade moi atentos á nosa web e a Radio Guímaro.

 

 

 

Programa de radio sobre a semana do deporte

O alumnado de 5º elaborou un programa de radio para lembrarnos as actividades desenvolvidas na semana do deporte e as súas valoracións.

Día do libro

O luns,23 de abril, conmemórase o Día do Libro. Un libro é unha ventá aberta á diversidade de culturas, son fontes de información, novas oportunidades que nos permiten sentir, voar…

Ler, entre outras cousas, axúdanos a expresarnos mellor, a adquirir novo vocabulario, a ser creativos…

Durante esta xornada, realizamos as seguintes actividades:

“Apadriña un conto”. O alumnado de 5º e 6º contoulle un conto ao alumnado de 1º e 2º, e 3º e 4º fixeron o propio co de infantil.

Os contos centráronse nas emocións, xa que recoñecer e saber expresar emocións é moi importante para o desenvolvemento da personalidade.

Despois,  falaron sobre o que sucedeu, as personaxes que interviñeron, o que aprenderon do conto…

Nas últimas datas fixemos un traballo de investigación. Coincidindo que no 2018 se cumpren 500 anos da primeira volta ao mundo, nós tamén quixemos viaxar polo mundo adiante. Descubrimos Oceanía, Asia, África, América e Europa: os países de cada continente, as súas costumes, os seus principais escritores…

A verdade é que aprendemos moito e todo o traballo e esforzo realizado mereceu a pena. Aínda que quedaron moitos coñecementos dentro de nós, tratamos de plasmalos en diferentes murais, que nos próximos días servirannos para “compoñer” o mundo. 

 

O noso colexio

O alumnado de 6º elaborou un programa de radio no que deron a coñecer o noso colexio: os proxectos nos que estamos inmersos, actividades que levamos a cabo, conmemoracións...

Difrutade do programa de Radio Guímaro.

Coñecendo a nosa historia

O pasado mércores, 25 de abril, realizamos unha visita á escavación que están facendo en Repil Xurxo Ayán, Xosé Gago e o seu equipo. Da súa man coñecemos máis de preto o que aconteceu na nosa contorna nos anos posteriores á guerra civil española, e máis en concreto o 20 de abril de 1949, cando foron asasinados catro homes por pensar de xeito diferente ao sistema franquista.

Comprendemos as dificultades que pasaron os nosos avós e avoas, démonos conta de que a historia só se entende mirando atrás…

Hoxe entrevistamos en Radio Guímaro a Xurxo Ayán; deixámosvos o programa para que poidades disfrutar del.

Nos vindeiros días acudirá á nosa radio Xosé Gago, que nos falará da escavación que se está realizando no Castro de San Lourenzo.

Ambos cóntannos a historia a través da arqueoloxía, son verdadeiras fontes de información para nós.

Distribuir contido