Iniciar sesión: Acceso

Guimariñoleo, Biblioteca escolar, Dinamización, Traballo por proxectos, Radio escolar, Escornabots

RECURSOS LETRAS GALEGAS 2020

LETRAS GALEGAS 2020

QUERES COÑECER MELLOR A RICARDO CARVALHO CALERO?

Dende as nosas casas, co corazón posto nas nosas letras,  chegamos a unha data entrañable para os galegos, o 17 de maio. Unha celebración posposta, pero que non se nos escapa a ninguén, así que recopilamos recursos para que o noso alumnado, as familias, ou tí vos acheguedes a coñecer este gran galego ao que se lle adican este ano as Letras Galegas: RICARDO CARVALHO CALERO.

Aqui atoparás algúns recursos:

Carteis coa biografía e obra para primaria do centro gañador deste ano CEIP Xesús San Luis Romero de Carballo Coruña.Son os carteis que cada curso se reciben no centro e expoñemos no colexio.

Recordando a Carvalho Calero

 Aquí atoparás Actividades e xogos.

Unidade Didáctica Carvalho Calero para primaria

Un conto para os máis pequenos

Os Bolechas, Carvalho Calero

 

RADIO GUÍMARO E O DÍA DO LIBRO

RADIO GUÍMARO E O DÍA DO LIBRO

Nestes intres, nos que o mundo da docencia se atopa nas casas, non quixemos pasar sen celebrar o día do libro e aproveitar para comunicar aos rapaces entre si.

Así que os biblioaxudantes, nenos e nenas de 5º e 6º, prepararon dende as súas casas audios nos que recitan poemas sobre  Galica e estes momentos de confiamento. Con eles Manuel de EC FM Ribeira Sacra montou este programiña que emitiron na súa emisora o sábado e que hoxe facemos chegar a todas as familias a través dos grupos de Whatsap.

Desexamos que vos guste. Foi feito polos nenos e nenas de 5º e 6º con moito cariño

RADIO GUÍMARO POEMIÑAS ENTRAÑABLES.

 

 

 

ABRIL, O MES DOS CONTOS MIL

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO.

biblioteca escolar

 Aínda na distancia, o mes de abril ferve

nas bibliotecas escolares galegas cunha

gran variedade de actividades arredor

do libro e a lectura. As circunstancias excepcionais obrigan a dar unha pensada

á programación do Mes do Libro,

as recomendacións e lecturas virtuais,

os retos, a participación das familias,

a creatividade... ocupan agora este espazo, diferente pero igualmente rico.

Proposta da Asesoría de bibliotecas escolares:

 

 Dende a distancia, dende as nosas casas, unirémonos para celebrar o día do libro.

Durante a semana os nosos biblioaxudantes, dende as súas casas, contaron dous contos que os fixemos chegar a todas as familias a través dos grupos de whatsapp.

Os libros serán a canle que nos une esta vez.

Houbo poesía a través de radio Guímaro,  e contos diversos.

O luns houbo poemas a través de Radio Guímaro e os nenos e nenas de 5º e 6º.

Radio Guímaro: poemiñas entrañables

O martes os nenos de 5º contaron o conto:

O Dragón Comemedo

Escoita aquí O dragón comemedo

O mércores os nenos e nenas de 6º contaron:

Un día de treboada

Escoita aquí un día de treboada

O xoves traballamos cos contos favoritos.

Por outra banda o alumnado de 5º e 6º déronlle unha volta a algúns dos contos tradicionais. Léronos e cambiaronos un pouco e que mellor maneira de compartilos cos demáis compañeiros que de novo, a través de Radio Guímaro.

Dende as súas casas crearon os audios que logo uniu Manuel de Eco FM ribeira Sacra e así chegou de novo Radio Guímaro e a voz dxs nosxs biblioaxudantes ás familias.

Queredes  escoitalos?

Catro contos  contados polxs nenxs de 6º

Moitas grazas biblioaxudantes, por seguir como sempre traballando e cumplindo os retos que vos propoñemos....Moitas grazas familias, por estar ahí, cos vosos fillos e fillas, compartindo nestes intres, co profesorado o acompañamento  das tarefas escolares.

Participamos tamén na proposta da Asesoría de bibliotecas escolares reivindicando a través dunha fiestra unha librería da zona, un/ unha autor/ra e un libro

unha libraría: Agrasar

Unha autora: Olga Novo

Un libro: Feliz Idade

Enlace á montaxe

 As circunstancias non son as mellores, pero coa ilusión, o empeño, a unión e a forza  de todxs, sairemos desta crise, e por suposto, acompañados dos libros....

 

 

PROGRAMA DE RADIO: QUEDA NA CASA!

PROGRAMA DE RADIO:QUEDA NA CASA!

Chegou unha situación excepcional que nos tocou vivir coa pandemia do COVID-19.

A suspensión das clases e o confinamento obrigou a todo o profesorado a buscar canles de comunicación co alumnado e coas familias, pasando a tomar o protagonismo os medios telemáticos que poidan, senon suplir, polo menos paliar a posibilidade de continuar traballando, proporcionar ao noso alumnado e  familias recursos e materiais para que conten con traballo que lles permita dalgún xeito manter rutinas, seguir aprendendo, e sobre todo seguir comunicándonos.

Aproveitamos a proposta de Manuel de Eco FM, Ribeira Sacra e dende as casas a través da aula virtual e o whatsap creamos un programa de radio. Puidemos seguir traballando de xeito colaborativo, facendo algo que lles encanta: radio,  e mantendo así comunicación co exterior. Reflexionamos sobre como nos tocaba afrontar esta situación a través deste programa de radio: QUEDA NA CASA!

Agradecemos moito a proposta de Mnuel de Eco FM que nos brindou a posibilidade de seguir facendo radio e   realizou esta estupenda montaxe.

Se o queres ouvir:

Radio Guímaro: QUEDA NA CASA

DÍA DA MULLER E ROSLAIÍA

Rosalía

DÍA DA MULLER E ROSALIA.

Celebramos conxuntamente o día da muller e  de Rosalia Aproveitando a proximidade das dúas conmemoracións e a figura representativa de Rosalía como muller  con pensamento crítico, moderno, valente e comprometida coa súa época.

Dende a materia de plástica o alumnado elaborou un traballo plástico coa imaxe de Rosalía. Con estes traballos elaborouse un mural.

Achegámonos  un curso máis ao recuncho de Rosalía para repasar e profundizar na súa obra  e facer unha selección de poemas, esta vez sobre a emigración: de novo a visión dun país que non ten apenas futuro e obriga aos homes xoves a emigrar, por iso Rosalía titula estes poemas “viuvas dos vivos””. ,

“Galicia sen homes quedas,

Que te poidan traballar…”

 O alumnado de 5º e 6º indagou na figura desta muller elaborando unha biografía na que destacamos a súa labor como muller que abriu un camiño difícil para todxs; homes e mulleres: a revalorización da nosa lingua, da nosa terra, a valentía da muller galega que soa quedou traballando en Galicia e ao coidado dxs fillxs e maiores.

O  xoves 4 de marzo, aisistimos á casa da cultura, Olga Novo. Alí esperábanos  Estefania de Padullés; con ela, despois de presentarnos algúns dos seus contos e analizar as partes dos libros, coñecemos un chisco mais de Rosalia. Ilustramos un poema que ela nos leu e iniciamos o seu retrato, unha tarefa que rematamos no cole e que podedes ver AQUI.

Premede aquí para ver as imaxes deste obradoiro. 

Durante a hora de ler desa semana e seguinte foron varias as actividades desenvolvidas en torno a sensibilización acerca da igualdadade entre homes e mulleres:

Os biblioaxudantes contarán a vida de Rosalia aos demáis e leranlles os seus poemas seleccionados en torno á emigración: “Viuvas dos vivos”.

Cada biblioaxudante copiou o poema seleccionado e realizou unha composición coa lilustración do poema ou anaco que recita. Compuxemos o noso mural sobre a vida e obra de Rosalia. Sería unha actividade para compartir no parque da localidade coa biblioteca municipal que de momento quedou posposta por mor das decisións da pandemia do COVID-19.

Disfrutade ds imaxes desta actividade premendo aquí. 

Á semana seguinte, seguimos traballando coa figura da muller, tentando visibilizar outras mulleres, máis descoñecidas, pero  que ao longo da historia  abriron camiños en eidos adicados exclusivamente aos homes  co seu empeño en acadar os seus soños e a igualdade.  Sobre elas investigamos, e divulgamos a súa figura.

O luns, 9 de marzo asistimos a un acto no centro cívico de Monforte, organizado polo CIM, concello de Monforte e o colectivo Lemos Le, no que se fixo entrega dos contos elaborados sobre a figura de Inés Fernández, unha muller da zona para o 8 de marzo. Este ano estivo adicado a unha abadesa de Pantón. O conto foi elaborado por cultura de Pantón e o CIM de Monforte e ilustrado polos nenos dos centros de primaria da zona. Esta actividade está promovida polo colectivo Lemos Le que agrupa as bibliotecas escolares e municipales da zona. Aquí tedes as imaxes da entrega dos contos. 

 Este curso cambiará a estructura de traballo do colectivo, pero seguiremos adiante con traballo conxunto en torno á figura de mulleres pioneiras ou comprometidas da zona. Comezamos unha nova rolda na que nos achegaremos a unha monfortina emprendedora e historiadora Margarita Otero.

Por outra banda xs nenxs de 5º e 6º  seguiron a indagar no rincón das novidades e consultando información acerca de mulleres pioneiras. Cada un elixu unha para presentarnos, elaborou a biografía e buscou imaxes que nos darán a coñecer na hora de ler o martes, mércores e xoves.

O martes coñecemos a Malala da man de Dani: a xove pakistaní, activista blogueira que loitou polo acceso á escola das nenas do seu país; unha clara mostra de valentía, loita polos dereitos, a liberdade e a igualdade. premio Nobel da Paz no 2014 con 17 anos.

Coñecemos tamén a Carolina Lucrecia Herschel da man  Manuel, Unha astrónoma alemana do S XVIII. Descubriu oito cometas.

O mércores coñecemos a: Simone de Beauvoir, da man de Fabian. Escritora, profesora e filósofa. A súa labor foi inmensa como loitadora polos dereitos da muller e a liberdade. Naceu en Paris en 1908 primeira muller presidente do Parlemento Europeo.

Eulalia Guzmán  da man de Senén. Arqueóloga e mestra mexicana do século XX. Como mestra desenvolveu unha importante labor no acceso das mulleres á educación especialmente coas clases mais desfavorecidas.

O Xoves coñecemos a Dorothy Crorufoot Hodgin, da man de Aelfie. Destacada científica que participu no descubrimento da penicilina e a Olyme de Gouges da man de Amanda unha referente tamén na loita polos dereitos da muller.

O venres coñecemos a Clara Campoamor da man de Jose. Outro referente de muller loitadora, grazas a ela as mulleres puideron votar.

Isabel Zendal da man de Marcos, a enfermeira que vacionou contra a variola poboacións de Amércia e Filipinas.

Outra proposta coa que traballou todo o centro foi a de Programa escolar “Cuatro increíbles mujeres que se disfrazaron para alcanzar sus sueños”

Cada grupo de aula indagará sobre unha destas mulleres e  dará a coñecer as súas biografias e obras a través de traballos cos que elaboraremos un mural conxunto.

Sabemos que queda camiño para acadar a igualdade, pero analizando estes traballos de mulleres en distintas partes do mundo démonos conta, do moito feito, da valentía de moitas para romper  barreiras establecidas dando luz ás situación de opresión da súa época e loita pola xustiza e a igualdade.

Nestes intres vivimos momentos tristes,  de inquedanza, de illamento e unión á vez, na que todxs temos unha misión e colaborar alí donde nos toque.

Agradecemento para todxs: os sanitarios que loitan no primeiro frente para curar os enfermos arriscando á súa vida, a todas as personas que están abastecendo recursos, aos que saen a traballar cada día,  aos que quedamos na casa…

Ánimo pobo!

Da colaboración e responsabilidade de todxs seguramente xurdirá un xesto común, coa mesma cor para todxs que non precisa traducción:

O sorriso de satisfacción de superar entre todxs esta loita.

O ENTRODIO NA POBRA DO BROLLÓN

NA  POBRA DO BROLLÓN VIVIMOS UN ENTROIDO MOLÓN.

O entroido é unha  celebracción tradicional en Galicia, e nós vivimolo tratando de achegarnos á tradición para coñecelo a fondo e tamén a Salcedo, . unha localidade do noso concello donde se vive un dos entroidos singulares de Galicia.

Abrimos esta celebración preparando os respectivos xoves de compadres e comadres. Para elo o centro vive unhas xornadas donde hai dous equipos  confrontados as comadres, e os compadres. O venres anterior ao xoves de compadres, comeza a intriga, o misterio, e os segredos: Dende 3º a 6º fanse dous obradoiros integrados un polas mestras e nenas que se encargarán de elaborar os compadres e outro  polos Mestres e os nenos que se encargan de facer as comadres.

Así cada equipo terá un segredo que só se desvelará cando saen á luz os compadres e as comadres os respectivos xoves. Ábrese un tempo de pillería para saber uns dos outros e tamén de búsqueda para intentar atopar  os compadres e as comadres que cada equipo escondeu.

O primeiro xoves foi  o de compadres. Ali estaban os dous profes Óscar e Félix encarnando os personaxes de  Pepe Gotera e Otilio, cunha historia titulada “Óscar Goteira e Felixio, chapuzas a domicilio”. O xoves á última hora da tarde os profes acompañados dos nenos de 6º leron a súa historia para todxs e despois como manda a tradición as nenas sacaron o compadre que trataron de salvar os nenxs. Rematou esta loirta duns 10 minutos  coa queima do compadre.

Ao Xoves seguinte saíron as comadres. Esta vez, as profes encaramadas  nunha escada, encaran  unha historia titulada: ”As secretarias de Brollón suben a escaleira a mogollón” pois son moitas máis que profes. Igual que o xoves anterior, na última sesión da tarde, leron a súa historia para todxs. A continuación os nexs sacaron a comadre, e as nenas intentaron rescatala e salvala. Rematou a xornada coa queima da comadre.

Participamos no concurso que organiza o concello de compadres e comadres, recibindo un accessit de 50,00€ pola elaboración dos compadres.

Durante esa semana de entroido tamén seguimos as ordes do Meco de luns a xoves  de xeito acumulativo. As familias recibiron unha nota coas ordes do meco.

O venres despois do recreo disfrazámonos tamén seguindo as instruccións deste entroido. Dado que estamos traballando coa reciclaxe e o tratamento dos plásticos, non se poden usar plásticos nin mercar traxe. Hai que investigar no baúl das avoas e avós e disfrazarnos baixo lema “A década dos 60”. Dende o cole e coa axuda da nova impresora 3D creamos uns colgantes co símbolo dos anos 60, o da paz, que lgo decoramos en plástica con diferentes técnicas.

 

Aproveitamos o recreo para vestirnos, logo saímos do centro para visitar aos nosos amigxs do centro de día e continuar o percorrido pola localidade. Nas tendas tiráronnos caramelos que agradecemos moito, Recibíronnos no concello donde tamén nos deron caramelos e que tamén agradecemos.

Despois xa de volta, paramos un anaquiño no parque. Este día o xantar foi unha hora máis tarde, ás dúas pero non importou porque aproveitamos para pasalo ben.

Podedes disfrutar de todas as imaxes do noso desfile premendo aquí. 

No noso concello vívese o entroido con intensidade.  Os xoves de compadres e comadres, despois das clases tamén participamos nun obradoiro de compadres e comadres, na casa da cultura Olga Novo.

O sábado a maioría participou no desfile que organiza o concello, ben a través da ANPA ou de grupos de disfraces dos pobos.

E despois a maioría dos vecinos concentrouse en Salcedo, done o entroido  é singular e  cada día máis popular con variedade de actividades: teatro, baile de disfraces, comida popular e saen personaxes singulares como As madamas e os danzantes,  as coplas do cantar de cegos ou un gran protagonista, o oso.  De todo esto veu a falarnos Marisa a mamá de Lola,e ademáis fixo posible un recreo moi especial pois  o oso  sorprendeunos  a todxs coa súa chegada anticipada ao cole. Lola disfrazouse de oso e Senén e Antón de criados. Así que se encargaron de ir capturando a todo o mundo e levarllos ao oso, para que  tinguira a todxs coa zinza e auga que levaba nun valde: nexos e Mestres e mestras. Despois Marisa deunos unha charla deste entroido tan peculiar. Contounos moita información e respostou a moitas preguntas que lle fixemos. Todxs queríamos saber. Moitas grazas Marisa, por contarnos tanto das nosas tradicións, da nosa cultura, por axudarnos a coñecer o noso patrimonio. Mirade as imaxes da charla e da visita do oso premendo aquí. 

Para rematar Marisa tamén acudiu a radio Guímaro a unha entrevista cos nenxs de 5º e 6º para falar do entroido de Salcedo. Así que se queredes coñecer máis deste peculiar entroido só tedes que escoitar o  programa.

O ENTROIDO EN SALCEDO

COÑECENDO O ENTROIDO DE SALCEDO CON MARISA

RADIO GUÍMARO, FAMILIAS E ENTROIDO.

Chega a época do entroido, unha festa de tradición en Galicia, e moi peculiar en algunhas zonas, unha delas a nosa localidade de Salcedo, con variedade de actividades: teatro, baile de disfraces, saída de personaxes como as Madamas e os Danzantes e o Oso..

Aproveitando a expereiencia e formación das familias, esta vez tocoulle a Marisa, presidenta da ANPA do colexio, e involucrada no entroido de Salcedo dende nena por pertenecer a esta localidade. Así que veu a falarlles aos nenxs deste entroido tan peculiar, e ademáis aproveitamos para iniciar outra experiencia coa radio escolar, a participación das familias. Así que despois da charla para todxs que reflexamos na reportaxe do blog da biblio, acudiu tamén a unha entrevista que lle fixeron xs nexs de 5º e 6º. Deste xeito achegámonos ás nosas tradicións da man das familias, recollemos información, divulgámola a través de Radio Guímaro e participan na radio escolar.

Queredes coñecer as peculiaridades do entroido en Salcedo?

Pois escoitade o programa O entroido en Salcedo

OS NOSOS VERSOS POLA PAZ

De novo a radio como medio para traballar e para contarvos as nosas creacións. No programa anterior recitabamos poemas do libro "Bicos e non Balas" de antonio García Teijeiro. Mensaxes fermosos a través da palabra e da poesía.

No obradoiro de linguas xogamos cos pemas e cada un seleccionou un verso ou dous do seu poema para crear un novo.

Así xurdiu o noso libro de poemas "os nosos versos pola Paz" e que vos contamos hoxe a través da radio se nos queredes escoitar.

Radio Guímaro: Os nosos versos pola Paz.

VERSOS POLA PAZ

VERSOS POLA PAZ

Este curso descubrimos un fermoso libro de Antonio García Teijeiro, "Bicos e non balas".

Lemos, recitamos e xogamos cos seus poemas. Así que este programa é a primeira parte. Queremos compatir a súas palabras, que seguramente calan  tanto en vós como xa o fixeron en nós. E por iso virá un segundo programa. De momento escoitade algún dos poemas deste fermoso libro cargado de mensaxes.

Aquí Podedes escoitarnos

Disfrutade

ACTIVIDADES EN TORNO Á NECESIDADE DE PAZ

ACTIVIDADES EN TORNO Á PAZ

Dentro dos moitos ingredientes  necesarios na vida das persoas  hai  un  fundamental, que ademáis  contaxia  todo o que rodea: A PAZ. A prol dela traballamos, e dende a biblioteca organizamos varias actividades.

O 30 de xaneiro celébrase o día mundial da Paz, coincidindo coa conmemoración da morte dun gran espiritualista e loitador pola paz no mundo, Mahatma Gandhi asesinado a tiros o 30 de xaneiro de 1948.

No colexio compartimos varias experiencias,  un tempo de reflexión, de actividade intensa a prol da paz e da igualdade, que desexamos impregne cada día máis as nosas vidas. Varias foron as actividades a prol desta gran tarefa:

O luns  27 de xaneiro, dentro das accións para traballar a igualdade que o centro levou a cabo tivemos un obradoiro de luxo na biblioteca do centro  con Anxo Fariña, ilustrador e creador de historias.

Obradoiro de igualdade con Anxo Fariña

 Levou a cabo duas sesións distribuíndonos en dous grupos: 3º, 4º, 5º e 6º por un lado, nunha sesión de 10:30 a 12 e temos que dicirvos que pasamos o recreo enteiriño con él sen acordarnos da hora do recreo.A outra sesión foi cos nenxs de infantil, 1º e 2º a partires das 12:15horas. Este grupo baixou tarde ao comedor, sen importarlles nada porque tamén  estaban a pasalo xenial e moi entretidos.

 Anxo presentounos libros seus, e falounos algo deles, o xusto para deixar intriga e gañas de lelos, por certo algún como os da colección dos Megatoxos xa os coñeciamos porque os temos na bibilioteca. Agasallounos con algún deles que nos deixou adicados. Así soubemos que tamén escribiu para os máis pequenos”O pintor de flores” e do seu último que imos a ler no Club de lectura: “Os ecos do lume” ten moito que ver con outra manifestación de violencia, os incendios forestais que destrúen a natureza con consecuencias moi negativas nas nosas vidas.

Tamén coñecemos a faceta de Anxo como ilustrador e mostrounos  técnicas asombrosas pola súa sinxeleza para debuxar….Pouco a pouco, poñéndonos exemplos él  foi enchendo as cartolinas que acaban sendo auténticos cadros; e nós creamos unha historia sobre unha plantilla que nos deu con debuxos, pero a que lle engadimos novos personaxes poñendo en práctica ás técnicas  que anxo nos ensinaba. Creamos  cada un a súa historia cun título común: “A cidade violeta”. Como podedes imaxinar os roles e oficios desta historia están relacionados cos soños e aptitudes das persoas, nada teñen que ver co xénero.

Creamos o recuncho de contos relacionados coa temática da Paz. E démoslle protagonismo á poesía e ao libro  “Bicos e non balas” de Antonio García Teijeiro e a catro contos seleccionados polos biblioaxudantes para contar de dous en dous.

Por un lado, cada curso fixo a súa selección de poemas, de “Bicos e non balas”. Por certo, descubrimos poemas tan fermosos, que decidimos  difundilos a través da radio escolar. Así que cada curso grabou o seu programa de radio.

A hora de ler desa semana foi distinta. Cada día recitou un curso os seus poemas de “bicos e non balas” e cada dous biblioaxudantes contaron o seu conto.

O martes recitounos infantil, o poema “ There´s only one place I know”, “Eu sei dun lugar…... Despois Senén e José Ramón contáronnos o conto: Es ti o meu amigo?

O mércores recitou primeiro e segundo  poemas curtiños. Despois Aelfie e Manu contáronnos o conto: “Ate as princesas botan peidos”.

Sesión de actividades sobre a Paz no centro de Día

Despois 5º e 6º acudiron ao centro de día para disfrutar dunha sesión de Club de lectura cos usuarios deste centro.  Nós lemoslles os dous poemas cos que traballaramos: O de Antonio García Teijeiro e como nos inspirou para crear o noso proppio, que tamén lles lemos e que por certo, lles gustou moito.

Pero moitos deles tamén saben de guerra e sufrimento porque viviron de preto a guerra civil e as súas consecuencias, así que eles tamén tiñan moito que compartir.

 Contáronnos a historia de Repil, un lugar preto de aquí, donde a garda civil dirixida polas autoridades matou a  4 persoas.  A casa donde se atopaban  estaba  preto da vía do tren. Pois ben,  viña o tren cargado de gardas por orde das autoridades parou alí, á carón da casa, para baixarse os gardas que prenderon lume para obrigarlles a saír e poder dispararlles.

Unha nena de catro anos, daquelas, foi  testemuña de cómo chegaron á súa casa, e na cociña, onde se atopaban todos prenderon ao seu pai e o levaron para matalo.

Outro usuario foi testemuña, estando no campo, coas súas obellas, de cómo asasinaron a tiros a dúas persoas, que deixaron alí tiradas, e que máis tarde viñeron a buscar nun carro.

O único delito que cometeran todas estas persoas era o de ser dunha ideoloxia política distinta.

Foi unha sesión na que compartimos moitas emocións: a tristeza, a angustia, o horror que producen as guerras, e a necesidade de ter todxs moi presente que debemos traballar para que non volva a pasar; e alí, naqueles países donde hai guerra, ten que rematar xa.

O xoves tocoulles recitar a terceiro e cuarto, un extraordinario recital. Despois Amanda e Marcos contáronnos o conto: “Había unha vez un neno”.

Sesión de contacontos da Igualdade

Despois tivemos  no centro  unha sesión de contacontos da igualdade con Patricia Martínez. Unha extraordinaria contacontos que nos enganchou a todxs. Contounos tres contos nos que acabamos participando todxs. Esta actividade estivo financiada por Servizos Sociais do concello.

Despois de comer plasmamos as nosas mans, pintadas de cores nunha  pomba debuxada en papel quedando decorada de mans de cores…

O venres o recital de poemas  estivo a cargo de 5º e 6º. Cada un recitou dous poemas: o   seleccionado de “bicos e non balas” e o creado por nós na semana anterior no obradoiro de linguas que estamos a desenvolver este curso, cada tarde dos luns.Seleccionamos un verso ou dous como máximo do  poema que eliximos para recitar e a partir dese creamos o noso propio poema.  A fonte de inspiración non podía ser mellor e por iso xurdiron poemas tan fermosos. Así compuxemos o noso libriño de poemas.

Nas sesións de plástica tamén traballamos coa Paz da man dos profes de plástica, Paula e Óscar e así compuxemos un crebacabeza, coas nosas mensaxes e co que creamos un mural cos traballos de todxs. Por outra banda estamos a traballar co uso dos plásticos. Así que reutilizamos platos de plástico cos que creamos unha pomba que colocamos na parede da entrada do centro.

Canción da Paz: nas sesión de música desa semana traballamos cunha canción que creou e musicou Pablo, o profe de música, para cantar o venres  e pechar así unha semana  de actividades que fomenten a sensibilización e  implicación na necesidade de Paz. Só pechamos a semana porque as actividades  abren a porta cara unha ponte: traballar buscando o único e verdadeiro camiño  na vida: o da PAZ.

Distribuir contido