Iniciar sesión: Acceso

Guimariñoleo, Biblioteca escolar, Dinamización, Traballo por proxectos, Radio escolar, Escornabots

MICOLOXÍA E CIENCIA CON SILVIA.

O venres 15 de novembro, vivimos na biblioteca unha xornada chea de información  acerca da micoloxia da man de Silvia, a nai de Dani, á que lle agradecemos moito que compartira con nós os seus coñecementos. Así contamos unha vez máis coa colaboración e implicación  das familias nas actividades da biblioteca.

Silvia é toda unha experta en micoloxia e achegounos  xenialmente a este mundo tan curioso e xeneroso como son os cogumelos que so precisan  a natureza, auga e calor para saír da terra e adornar o campo ou ofrecernos sabores exquisitos no caso das comestibles.

Silvia, chegou cargada de cogumelos cos que montou unha pequena exposición nun recuncho da biblioteca  para que os puidesemos observar e analizar seguindo as súas explicacións e dende logo respostarnos ás múltiples preguntas que lle fixemos todxs: profes e nenxs de intantil a 6º de primaria.  Ademáis contaba cunha presentación  a través da que nos deu a coñecer o mundo dos cogumelos: as distintas familias e as súas características.

Para saír ao campo a recollelas o primeiro prepararse: botas e chubasqueiro e despois a cesta para que non se estropeen e unha navalla para cortalas, e non  estragar o micelio que quedará na terra e deste xeito volverán a saír no vindeiro outono.

Na nosa zona é moi común a lepiota, o champiñón, o níscalo ou  robellón, pero  temos que saber que hai setas moi similares, iguais a simple vista,  e que, ollo! non son iguais. A maneira de coñecelas é cortalas e observar a cor: a lepiota e o champiñón comestibles son brancos, as belenosas collen unha cor rosada nos cortes. O níscalo comestible ao cortalo sempre ten un líquido laranxa, o belenoso verte líquido branco. Tamén soubemos doutras propiedades curativas como a orixinal peido de lobo, que ao abrilo bota fume e ten propiedades cicatrizantes, así que é boa para as feridas.

Esta xornada sempre vai acompañada dunha saída ao campo, no que recollemos cogumelos e froitos do outono como landras, castañas… para montar a nosa exposición. Este curso non puidemos facer a saída debido ao mal tempo e ante as previsións de continuidade de choivas toda a vindeira semana,  fixemos as xornada, sen a saída, pero tivemos cogumelos igual da man de Silvia.

Así achegámonos á ciencia da micoloxia: un fermoso agasallo que nos ofrece a natureza cada outono.  Por iso é importantísimo non estragar os nosos bosques que sen pedir nada nos dan osíxeno limpo para respirar, e fermosos agasallos como os cogumelos cada outono.

 

Moitas grazas Silvia por compartir con nós o teu saber, por crear unha mañá chea de curiosidades e respostas, por axudarnos a saber máis da micoloxia.

Disfrutade das imaxes premendo aquí.

CELEBRANDO O SAMAÍN.

 

Na semana do 28 ao 30 de outubro traballamos en torno ao Samaín e Hallowen entroncando as materias de galego, inglés e plástica e os equipos docentes de galego, Extraescolares, equipo de biblioteca, así como os proxectos do centro: Voz Natura, e biblioteca, dende a que se organizan as actividades que relacionan departamentos e proxectos que involucran a toda a comunidade educativa.

As familias contan

Xa senta tradición que por estas datas as familias acudan ao centro a contar un conto de medo durante esa semana na hora de ler. Unha actividade que ilusiona a todxs, ás familias que colaboran activamente na vida escolar dos seus fillxs, ao alumnado que escoita encantado os seus contos, ao profesorado que sente formar parte dun proxecto común de todxs.

O luns acudiu Marisa, que lles contou o conto: “O monte das ánimas”.

O martes acudiron  María e Silvia que lles contaron: María “El monstruo de los abrazos” e Silvia “O Carabuñas”.

O mércores asistiron Sandra e Martín. Sandra relatoulles "Un conto da Santa Compaña” e Martín leulles unha anécdota de lobos recuperada da Asociación Cultural Samoeiro do Ano 1.996 vivida por Ramón de Goimilo e contada por él mesmo.

Samaín e Hallowen

Xa pola tarde do mércores conmemoramos o Samaín.

O alumnado de 5º e 6º achegándonos a tradición de hallowen disfrázanse e visitan o resto das clases, asustandos un chisco. Logo reparten caramelos para paliar o disgusto dos máis pequenos.

Despois baixamos todxs ao comedor, onde temos a exposición de cabazas, e o alumnado pode contar algún conto de medo, recollido da zona. Neste caso contounos Senén un conto que lle contou o seu avó .

Ademáis, puidemos degustar un menú do máis aterrador que preparou a nosa cociñeira xunto co encargado Oscar. Consistiu nunha crema de cabaza, dedos de neno con pan engrangrentado (perriño quente) e xeado terrorífico. Estaba todo riquísimo.

Concurso de cabazas decoradas con plásticos reciclables

As familias tamén colaboraron no traballo que se lles propuxo ao alumnado tamén como cada curso: a elaboración dunha cabaza decorada con material de refugallo. Este curso a norma era clara: materias de plástico reciclable, pois este foi o noso punto de partida para comezar a traballar co proxecto de Voz Natura sobre a reciclaxe dos plásticos e tamén co proxecto de traballo do centro: Ecoguímaros I. O  alumnado realizou este traballo na casa coa axuda das familias acadando uns traballos extraordinarios de gran creatividade como podedes comprobar nas imaxes.

Os premios foron colectivos para cada aula e coa finalidade de reponer o recuncho dos xogos para cando a climatoloxia é adversa e non saen  para fóra.

Infantil: Diploma e premio ás cabazas máis monstruitas. Un kit de area kinética

1º e 2º: Diploma e premio para as cabazas máis  horripilantes. Xogo vaia lio

3º e 4º: Diploma e premio para as cabazas máis  estrambóticas. Xogo o escravel.

5º e 6º: Diploma e premio para as cabazas máis ecolóxicas. Diploma e premio. Dous xogos de xadrez.

A creatividade plástica tamén se pon en xogo polo Samaín dende o centro, pois alumnado realizou unhas postas de sol co seu Castelo ambientadas na noite e no samaín coas que decoramos a parede da entrada na escaleira de acceso ás aulas.

Por outra banda, dende o obradoiro de linguas estamos a traballar coa biografía, o que aproveitamos moi ben. Polo día das escritoras, aproveitamos para coñecer a biografía de mulleres escritoras: Elena Villar Janeiro, Fina Casalderrey, Gloria Fuertes….

Aproveitando esta conmemoración tamén creamos o recuncho de contos e lendas de medo que o alumnado leu durante este mes. O alumnado de 5º e 6º selecionou un autor ou autora deste recuncho para crear a súa biografía coas que faremos un mural a fin de que todxs coñezan algúns escritores que escribiron para eles contos de medo.

Samaín e Hallowen…chegaron, celebrámolo, e preparámonos para  a micoloxia e o magosto que petan á porta.

DÍA DA BIBLIOTECA.

Na semana do 21 ao  25 de outubro celebramos o día da biblioteca. Non hai mellor excusa para dar a coñecer a biblioteca porque a día de hoxe o noso cole quedaría orfo e desamaparado se lle falta a biblioteca.

Agardamos con impaciencia poder trasladala para a planta baixa, o seu novo espazo, pero mentras non se pode polas obras que se están a realizar no centro disfrutamos dela no lugar de sempre.

Esta conmemoración da pé para porlle unha posta a punto á biblioteca e para presentarla á comunidade educativa. Preparámonos para unha rica andaina polo curso 2019-20 no que camiñaremos da man da biblioteca.

Formación de usuarios:

No mes de setembro, o alumnado de 5º e 6º recibe unha xornada de formación  sobre a catalogación dos fondos e a información dos texuelos que nos idican a ubicación nos seus recunchos por órde alfabética cos criterios da CDU, e colaboran na súa colocación. Isto favorece ademáis, a análise dos fondos, o maís salientable dos recunchos da biblioteca…. 

Tamén elaboran as normas e consellos para o uso da biblioteca, a fin de mantela en orde e coidada implicándose activamente no coidado e xestión da biblioteca. 

Con motivo da conmemoración da biblioteca organizamos dúas xornadas de portas abertas, que se levan a cabo na hora de ler, os días previos a esta conmemoración. O alumnado de 5º e 6º, estrease como biblioaxudantes e explican aos compañeiros e ás familias como se organiza e xestiona a biblioteca e as normas e consellos que elaboraron en carteis.

Esta é a nosa presentación

 

Este curso celebramos o día da biblioteca o venres 25 de outubro atendendo ao lema  ”Biblioteca escolar: viveiro de cidadania”. Dende o equipo de biblioteca organizouse un circuito de catro estacións para coñecer mellor a biblioteca e vivir un día de convivencia e cidadania para todxs.. Así o alumnado continuou coñecendo as posibilidades da biblioteca disfrutando con experiencias que lles proporcionaban os biblioaxudntes, convertidos agora en monitores. 

  • Estación 1. Achegámonos a un milleiro de contos 

 Aquí Fabian e Dani contábanlles un conto, que prepararon previamente entre os dous: “Fina a pirata” de Helena Villar Janeiro. Un conto inclusivo que nos fala da superación de atrancos, do traballo en equipo, dos libros, da reciclaxe, da creatividade…

  • Estación 2. Creamos

Nesta estación Allfie e J. Ramón dirixian a creación de historias co xogo Story cubes. Para elo tiveron que ler as instruccións e entendelas a fin de explicarlas aos seus compañeirxs e guiar o xogo.

  • Estación 3. Escornabots

Nesta estación Amanda e Senén contan con dous  xogos con preguntas e probas para coñecer e usar ben a biblioteca. Así que poñen a proba  os coñecementos adquiridos nas xornadas de formación. Farán de guías e darán pistas ante as dificultades.

Contamos con dous xogos atendendo ao grao de dificultade; un para infantil, primeiro e segundo elaborado polo alumnado e outro para 3º e 4º elaborado polo profesorado.

Nos documentos adxuntos podedes ver os xogos que creamos para este día para disfrutar cos escornabots.

Xogo biblioteca para infantil, 1º e 2º

 Xogo coñece a biblioteca: 3º,4º,5º,e 6º

  • Estación 4. Investigo e consulto información

Nesta estación atopábanse Marcos e Manuel Que prepararon preguntas e probas para os nexs de infantil, sobre os animais; para 1º e 2º sobre o corpo humano e para 3º e 4º sobre a terra.

Tamén deberán guiar e axudar á investigación dos compañeiros asesorandos sobre os libros de consulta.

Foron rotando polo circuito todxs os grupos permanecendo en cada un 25 minutos. Polo que o circuito comezou pola mañá despois do recreo para rematar pola tarde.

Rematamosa conmemoración como cada curso cunha sorpresa na biblioteca. Unha Bandexa co cartel e lema da biblio deste curso, e chuches que compartimos todxs. Tamén levaron para as súas casas, dous marcapáxinas divulgados con motivo da conmemoración das bibliotecas escolares polo colectivo Lemos Le que conteñen os textos de Flora, unha profesora de historia da arte da comarca de Pantón  e a poeta Alicia Fernández tamén da zona.  

 

 

DÍA DE CINE!

O pasado venres, 18 de outubro vivimos no cole un dia especial que nos perimitiu coñecer un pouco mais do mundo do cine.

Esta actividade estivo promovida e subvencionada polo concello, a través de cultura, que nos propuxeron que se realizase no centro e deste xeito participou nela a totalidade do alumnado.

Unha xornada enriquecedora para todxs que achegou ao noso alumnado ao mundo do cine a través da empresa Festivalino. Chegaron ás 9:30 montaron o entorno no porche do colexio, composto da caravana donde se proxectaban os trailers de películas infantiles. O seu Kit de salón, composto por unha mesa redonda e varios pufs, para votar as pelis e opinar, o punto dos flocos de millo e o taboleiro cos carteis das pelis donde o alumnado elexia as que quería ver.

A primeira sesión estivo dirixida ao alumnado de infantil, primeiro e segundo. Disfrutaron de varios trailers seleccionados por eles, logo votaron, opinaron e tomaron flocos de millo.

A segunda sesión, estivo dirixida a 3º,4º, 5º, e 6º. Establecendo dúas actividades paralelas nas que se alternaron. Mentras  grupo de 3º e 4º gravaban algunhas esceas e facian algunhas tomas o alumnado de 5º e 6º vía algún trailer elixido do taboleiro.

Despois alternáronse aproveitando o alumnado de 5º e 6º para presentar a biblioteca e para preguntarlle aos máis pequenos pola súa peli preferida. Remataron todxs cos flocos de millo.

Viron algunhas pelis com: Bao, peixes, desencuentros, Noel, Mi querido balón….

 Vivimos unha xornada moi enriquecedora, na que se puxeron en xogo a convivencia, o consenso, o respeto, a reflexión posterior e opinións persoais…así como o achegamento e manipulación de ferramentas para facer cine e gravar: a cámara, o micro, os carteis, as función do equipo de gravación…..

Foi unha experiencia  na que aprendemos moito, vivimos a importancia dos valores e do traballo en equipo, ademáis de coñecer un pouco máis e de forma directa o mundo do cine, polo que agradecemos ao concello  esta actividade que nos brindou a posibilidade de vivir unha rica  experiencia.

Disfrutade das fotos premendo na imaxe. 

 

 

 

PRIMEIRO PROGRAMA COÑECE O TEN CONCELLO CO CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO CARME DE SOBER

 

 

PRIMEIRO PROGRAMA COÑECE O TEU CONCELLO CO CEIP VIRXE DO CARME DE SOBER

Como xa sabedes este proxecto iniciámolo o curso pasado e encantounos, pois facemos máis radio e ademáis compartimos experiencias e coñecementos cos compañirxs de Sober coñecemos mellor os nosos concellos.

No último programa os  compañeirxs de Sober falábannos dos seus monumentos e preguntábannos polos nosos.

Así que a mellor maneira de coñecelos para contestarlles é saír a velos, pero ademáis, levamos con nós un guia de luxo, a Xosé Gago o técnico municipal do concello. Con él aprendemos a descubrir os elementos románicos das igrexas de Ferreiros e Veiga.

Tamén nos contaron historias tres veciñas de Ferreiros, Nélida, Marga e Admirable e o Secundino de A Veneira. Moitas grazas a todxs polo tempo e a información. Podedes disfrutar das imaxes deste fermoso día no seguinte enlace:

https://drive.google.com/drive/folders/14_Slwf_RcZmN1SqgECG_yLVcbWGQ5rH2

O resultado de recoller información das nosas fontes e de consultar algúns libros é o noso primeiro programa do proxecto Radio na biblio con Sober.

Escoitade!!

Conmemoración DÍA DO MAIOR.

O pasado xoves, día 3 de outubro fixemos o noso primeiro encontro do club de lectura cos nosos amigos e veciños do centro de día. O motivo non podía ser  mellor:  Conmemorar con eles o Día do Maior, que foi o día dous de outubro.

Preparamos o conto “Avós” de Chema Heras e Rosa Osuna, na semana anterior na hora de Ler, que lles contamos entre todxs os nenos de 5º e 6º. Despois reflexionamos todxs xuntxs sobre esta fermosa historia na que se van confrontando a visión pesimista da vida da avoa, cun certo cansanzo e o optimimismo, bo humor e gañas de disfrutar da vida e da compañía da avoa do avó.

E así, co bó humor do avó e a súa actitude positiva ante a vida  é como convence a avoa para ser tamén  positiva e despertarlle as ganas de ir a bailar e disfrutar xuntos.

Despois de falar da sorte de disfrutar das distintas etapas da vida, moi especialmente a da infancia e a da ancianidade, así como da gran sabiduría e experiencia que agochan as persoas maiores, froito do vivido, de formar e coidar a súa familia, do  que traballaron e loitaron ao longo da súa vida… tivemos unha proposta para seguir traballando xuntxs sobre un mural pintado polo persoal do centro de día. Tiña dúas protagonistas que orixinou dous equipos de nenxs e maiores mezclados nos que pintamos uns a avoa nena e outros a avoa anciá…. Qué ben o pasamos!!

Unha vez rematado de pintar xs nenxs escribimos cualidades ao redor da avoa maior que nos transmiten os maiores: experiencia, sabiduría, tranquilidade, amabilidade, cariño…

E despois escribimos cualidades que nos apuntaban os maiores na avoa nena que lle transmitimos nós: inocencia, cariño, actividade, ilusión….

Foi unha sesión que deu para moito….que como sempre nos empapou de sentimentos: emoción, respeto, solidariedade, creatividade….

Voltamos para o cole, xa pensando en voltar pronto, a outra sesión deste gran club de lectura, cargados de riqueza interior e coa metade do mural pois cortámolo pola metade. Nos levamos a avoa maior que colocaremos na entrada do cole e nos acompañará todo o curso e eles quedaron coa avoa nena….

Foi unha inauguración extraordinaria. Deixámosvos cunha gran reflexión  que recolleron. So lede…e sentide:

“Todas as persoas envellecemos, é a lei da vida. Mais a beleza non morre cos avós, simplemente se transforma”

Podedes disfrutar das imaxes deste fermoso día premendo aquí.

O CEIP DA POBRA DO BROLLÓN RECIBE O SELO DE BIBLIOTECA ESCOLAR SOLIDARIA

SELO DE BIBLIOTECA ESCOLAR SOLIDARIA PARA O CEIP DA POBRA DO BROLLÓN.

Estamos de noraboa!!

A Asesoria de bibliotecas escolares vén de publicar a relación de centros que recibirán "o Selo de Biblioteca Escolar Solidaria" polas boas prácticas levadas a cabo na biblioteca no curso 2018/19 entre os que se atopa seleccionado o noso centro.

O premio consiste nun diploma para o centro, o distintivo de selo de biblioteca escolar solidaria e unha dotación económica de 1500€.

Este curso foi moi fructífiro recibindo varios premios:
 
A principio de curso formabamos parte do proxecto de biblioteca escolar creativa que nos permitia traballar cos escornabots.
 
En maio os nosos biblioaxudantes (nenos e nenas de 5º e 6º) recibian o  premio de voluntariado de lectura pola súa participación na xestión e dinamización da biblioteca escolar. Recibiron un diploma, unha camiseta e unha sesión de formación: como montar un booktrailer.
 
Pois non podiamos rematar de mellor forma este curso: co distintivo de SELO DE BIBLIOTECA ESCOLAR SOLIDARIA para a nosa biblioteca que como sabedes é a protagonista da vida do centro.                       
 Este premio e o froito do traballo de toda a comunidade educativa por iso queremos compartilo e agradecer a suma de esforzos: a involucración do profesorado, os nosos nenos e nenas que coidan, disfrutan e traballan na biblioteca, as familias  que participades sempre gustosamente, e con todxs aqueles que vos achegastes a biblioteca a enriquecernos...
 
Agradecer tamén a Asesoria de Bibliotecas Escolares o seu traballo e esforzo para levar a cabo iniciativas deste tipo que nos brindan a oportunidades para traballar dende a innovación e nos ofrecen novas ferramentas que fan da nosa biblioteca un espazo para crear, construír coñecemento, para medrar.
 
Enlace á resolución

O CEIP DA POBRA DO BROLLÓN RECIBE O SELO DE BIBLIOTECA ESCOLAR SOLIDARIA

SELO DE BIBLIOTECA ESCOLAR SOLIDARIA PARA O CEIP DA POBRA DO BROLLÓN.

Estamos de noraboa!!

A Asesoria de bibliotecas escolares vén de publicar a relación de centros que recibirán "o Selo de Biblioteca Escolar Solidaria" polas boas prácticas levadas a cabo na biblioteca no curso 2018/19 entre os que se atopa seleccionado o noso centro.

O premio consiste nun diploma para o centro, o distintivo de selo de biblioteca escolar solidaria e unha dotación económica de 1500€.

Este curso foi moi fructífiro recibindo varios premios:
 
A principio de curso formabamos parte do proxecto de biblioteca creativa que nos permitia traballar cos escornabots.
 
En maio os nosos biblioaxudantes (nenos e nenas de 5º e 6º) recibian o  premio de voluntariado de lectura pola súa participación na xestión e dinamización da biblioteca escolar.
 
Pois non podiamos rematar de mellor forma este curso: O distintivo de selo de biblioteca escolar solidaria para a nosa biblioteca que como sabedes é a protagonista da vida do centro.                       
 
Este premio e o froito do traballo de toda a comunidade educativa, por iso queremos compartilo e agradecer a suma de esforzos:o profesorado, nosos nenos e nenas que coidan, disfrutan e traballan para ter unha biblioteca ordenada, coas familias que tamén participades sempre gustosamente, e con todxs aqueles que vos achegastes a biblioteca a enriquecernos...
 
Agradecer tamén a Asesoria de Bibliotecas Escolares o seu traballo, esforzo para levar a cabo iniciativas deste tipo que nos brindan a oportunidades para traballar dende a innovación

PREMIO AOS BIBLIOAXUDANTES: Formación para crear "booktrailers".

Ao longo de todo este curso xa vos fomos contando o traballo que os nenos e nenas de quinto e sexto levaron a cabo como biblioaxudantes, un traballo que require de moito compromiso e responsabilidade. E o bo traballo, merece unha recompensa. 

 

Dende Bibliotecas Escolares convocáronse uns premios e animáronnos a participar en tres modalidades de concurso: colaboración coa xestión, lecturas compartidas no centro e lecturas compartidas fóra do centro. E o resultado non puido ser mellor! Fomos un dos dous centros premiados da provincia de Lugo. 

 

O premio consistiu nunha formación para os biblioaxudantes e para as mestras así que o martes día catro puxémonos mans á obra e aprendimos a crear os nosos propios booktrailers. 

 

Os booktrailer son pequenas curtometraxes que recomendan libros que nos gusten, e fano tendo como protagonistas aos propios lectores. 

 

Dende primeira hora da mañá acompañounos Verónica, unha estupenda profesora con moitas gañas de poñernos ao día coas novas tecnoloxías. Cada equipo escolleu o seu libro preferido da biblioteca e déronlle un repaso. A primeira actividade consistiu en crear unha ficha cos principais datos do libro, o argumento e unha breve explicación de porqué escollemos ese libro. 

 

Con esa información á man, comezamos a preparar o noso guión literario, unha secuencia de seis viñetas nas que reflexammos como queremos que sexa a nosa curtametraxe. Daba gusto ver aos rapaces e rapazas falar de planos curtos e secuencias! E unha vez rematado, tocou convertirse en actrices e actores. Cos novos Ipad que adquiriu o cole, cada grupo grabou as secuencias que tiña pensado, os audios en off, sacou fotos, creou imaxes en movemento e deixou todo o material seleccionado. 

 

Logo tocoulle traballar a Dori e Paula. Co material que deixaron preparado, tiveron unha hora de formación sobre a montaxe e edición de videos. Aquí podedes disfrutar deles. 

 

Foi unha mañá moi proveitosa e da que disfrutamos tod@s descubrindo novas facetas e novas tecnoloxías. 

 

Premede aquí para disfrutar das imaxes deste día. 

 

 

CONVERSAS CO ARQUEÓLOGO XURXO AYÁN EN RADIO GUÍMARO ACERCA DE ANTÓN FRAGUAS

CONVERSAS CON XURXO AYÁN SOBRE ANTÓN FRAGUAS EN RADIO GUÍMARO.

O venres, 21 de maio vivimos unha xornada ben interesante, repleta de información que ademáis vindo da man de Xurxo Ayán sempre resulta rica, emocionante e divertida.

Xurxo Ayán tivo a sorte de coñecer persoalmente a Antonio Fraguas, e nós pedímoslle  que viñera a radio Guímaro, para coñecer mellor a esta gran figura das Letras Galegas. Asi que veu, pero cunha boa sorpresa...porque, se algo caracteriza a Xurxo, e que sempre consigue intrigarnos, asombrarnos...por iso nos gusta tanto escoitalo.

Nestes intres está a dirixir unha excavación en Vilachá, pois hai bastantes indicios de que alí houbese na idade media un mosteiro. Un deles é o nome que recibe a ribeira donde están a facer a excavación: Val dos Frades.

Xurxo traia con él un maletín pequeno con grandes sorpresas dentro: algúns dos achados recentes desta excavación que Xurxo nos explicou e mostrou así, de primeira man.

Sacou do maletín unhas bolsiñas de plástico, como as de conxelar os alimentos pero esta vez con outra función. Puidemos ver de primeira man, como se gardan e catalogan os obxectos que se atopan nas excavacións, para envialos aos laboratorios. As bolsas contiñan etiquetas con datos: nome, lugar, data, códigos....

Ensinounos, en primicia, un coitelo de ferro de hai aproximadamente uns 800 anos, un anaco dunha cacerola de barro e unha moeda, nada máis nin nada menos, que da època de Alfonso X.

Con esta información tan potente, pasamos ao outro tema non menos interesante: coñecer da súa man, máis da vida deste gran galego: Antón Fraguas. De novo a información empapounos..porque Xurxo semella unha bilioteca humana.

Queredes escoitala?

So tedes que escoitar os programas de Radio Guímaro que os nenos e nenas de quinto e sexto gravamos con Xurxo Ayán Vila.

Moitas grazas Xurxo....por aportarnos e enriquecernos tanto.

Conversas con Xurxo Ayán e os nenxs de 5º acerca de Antón Fraguas

Conversas con Xurzo Ayán e os nenxs de 6º acerca de Antón Fraguas.

Podedes disfrutar das imaxes desta enriquecedora conversa premendo aquí.

Distribuir contido