Iniciar sesión: Acceso

Guimariñoleo, Biblioteca escolar, Dinamización, Traballo por proxectos, Radio escolar

PLAN LECTOR 2017-18

A biblioteca é un recurso de referencia para as distintas actuacións encamiñadas á mellora das competencias de lectura, escritura e habilidades para o uso e a producción da información. O lugar privilexiado que ofrece oportunidades de aprendizaxe, de colaboración e convivnecia e que reforza todos e cada un dos programas e proxectos do centro.

Se queres coñecer este documento pulsa PLAN Lector do Centro.

Para coñecer as actividades desenvolvidas ao longo do curso e non ser repetitivos ver dentro do apartado da Biblioteca Escolar Blog

 

CONVIVENCIA COS IES DE VILA DE CRUCES E CANGAS. II FESTIVAL DO BRINDO.

O mércores, día 10 de abril tivemos por segundo curso a convivencia con alumnado e profesorado de Cangas e Vila de Cruces que están a traballar coa regueifa.

Chegaron sobre as 14:00 horas e comeron no cole. Despois subiu Sechu, o profesor de Vila de Cruces e un extraordinario regueifeiro, á biblioteca e estivo xogando e cantando co alumnado de 5º e 6º que de seguida se animaron a facer brindos e regueifas….

O noso concello foi un dos poucos  donde se facían brindos… así que indagamos un chisco para saber en que consistía e como se fan.

Os brindos son cantos de improvisación oral que se adoitaban a facer nas vodas, inda que tamén se facian noutras situacións de diversión. Despois da ceremonia da igrexa viña un xantar de festa para todos na casa da noiva, e despois facíase un baile. O padriño, normalmente o pai da noiva, repartía tabaco para os homes e a madriña a rosca. Pola noite xuntábase a mocidade e ían cantar diante da ventá do novo matrimonio e aquí aparece o brindo. Estas coplas eran improvisadas. Estas persoas que tiñan o arte de improvisar chamábanse  brindeiros. O nome de brindo non está relacionado con brindar con copas.

A diferenza da regueifa, tamén un canto coa arte de improvisar, pero que se presenta como unha disputa, o brindo é sempre un eloxio.

Solía haber dous brindeiros: un que viña de fóra e o brindeiro de dentro. Estes brindeiros derrochaban inxenio e respecto nas súas composicións, creando estrofas que cantaban para homenaxear ou honrar á xente da voda, pero en ningún caso faltar ao respecto.

Mapa do Brindo

Este tipo de canto improvisado foi importante nos concellos de Oencia (León), Caurel, O Cebreiro, Lóuzara, O Incio e Pobra do Brollón.

Aquí, na Pobra do Brollón, deixáronnos unha boa pegada Álvaro e José Veloso Valcárcel  de Forgas. Recóllense varios brindos no libro “Os últimos brindeiros de Forgas” de Xosé Lois Foxo. Mencionaban como mestre brindeiro a Lisardo Veloso, tamén de Forgas.

En Ferreiros tamén se recolleron brindos de José Parada Aira para as publicacións de músicas do Caurel.

Queredes saber como se fai un brindo? porque é improvisado pero segue unha estrutura:

              Son coplas de catro versos de oito sílabas. E para crealo estes son os pasos:

  1.  Empézase polo último verso, pois aquí vai a idea principal
  2.  Riman o segundo co cuarto (pode ser asonante ou consoante) co que despois do último hai que facer o segundo.
  3.  Despois, faise o terceiro que soe ser contestación.
  4.  Por último, faise o primeiro.

Así que con estas regras fixemos varios ensaios con Sechu e animámonos a participar no II Festival de Brindos ás sete da tarde na casa da cultura Olga Novo.

Despois de darnos a todos a benvida ao festival Mónica, a concelleira de eventos, abrimos o festival, que estivo presentado por Sechu,  os nenos e nenas de 5º e 6º no que falamos un chisco do máis relevante do noso concello, do colexio e da historia do brindo.

Despois unha alumna de Cangas, falou do concello de Cangas e por último os de Vila de Cruces falaron do seu concello, Vila de Cruces.

Interviron cunha cantiga fermosísima sobre o respecto á liberdade 5 alumnas de Cangas que ademáis cantaron marabillosamente.

A continuación dous alumnos de _ila de Cruces, que aínda que decían que non o tiñan preparado, fixérono  tamén xenial.

E comezamos a regueifar e a brindar……dirixidos por Sechu.

Subían ao escenario alumnado dos tres centros segundo os ía chamando Séchu…e improvisaban brindos xogando con dúas palabras  que tiñan que rimar: xamón no 2º verso  e corazón no último…

A continuación subiu outro equipo dos tres centros, e brindaban dándolle a última estrofa.

Despois subiron todos e fixeron dous grupos para regueifar sobre a vida no rural un grupo e na cidade o outro.

O público disfrutou un montón coa improvisación e gracia do alumnado dos tres centros que derrocharon  creación e simpatía, tanto que invitados por Sechu, acabáronse  implicando e houbo improvisación cantada dende varias persoas do público que se animaron a regueifar.

Foi unha tarde de diversión, na que recreamos unha parte da nosa historia para traela ao presente, para disfrutar con ela, conservala e valorala.

                        Álbume: II Festival do Brindo.

 

 

SEGUNDA XORNADA DE FORMACIÓN DE RADIO NA BIBLIO CON LUIS DE REDE ESPORA.

O xoves, 4 de abril visitounos Luis Losada de Rede Espora para disfrutar da segunda xornada de formación de radio na biblio.

Como viñamos de vivir un sábado cargado de emoción e poesía, o sábado 30 de marzo, na presentación do libro de Olga Novo “Feliz Idade”, as profes decidiron que faríamos de reporteiros para contar dende a invitación de Olga a este evento  todo o proceso de preparación para acompañala na casa da Cultura do concello ese día  recitando poemas como ela nos pediu.

Organizamos a xornada de traballo; fixemos dous equipos e distribuimos as tarefas. Tiñamos unha grata sorpresa para traballar, pois tivemos nas nosas mans o texto das palabras preliminares que Olga escribiu para a presentación do acto  e que nos enviou xentilmente ao centro para que puidésemos traballar con él e por suposto lérvolo. Luis  preguntaba, as profes axudábanlle e nós pouco a pouco iamos descubrindo e vertendo reflexións das que nós mesmos nos asombrabamos…

Despois de lermos e analizarmos o texto de Olga, tamén lemos  os poemas que creamos para recitar na presentación de “Feliz Idade” e repasamos o acto do sábado revivindo momentos emotivos, para contarlle a Luis como se desenvolveu este acto donde Olga tivo palabras de agradecemento para todos e foi quen de manternos embargados pola emoción coas súas palabras, durante todo o acto.

Despois levamos o noso traballo á radio e fomos quen de gravar dous programas. Cada día gústanos máis, cada día somos máis autónomos.

Foi unha xornada intensa pois mezclamos nesta reportaxe a redacción, a creación, a análise,  o resumo, a valoración persoal ...

Podedes disfrutar das imaxes desta mañá de traballo premendo aquí. 

COMPARTIMOS COÑECEMENTOS.

Hoxe, na clase de ciencias naturais cambiáronse os papeis e os nenos e nenas de segundo e sexto de primaria convertéronse en mestres. 

Os máis maiores tiñan que estudar os reinos da natureza e aos compañeiros de segundo tocáballes profundizar nos animais, así que decidimos que o mellor era compartir o noso saber. Aínda que antes tivemos un importante traballo detrás.

Cada un dos nenxs de sexto tivo que facer unha investigación acerca dun dos reinos utilizando fontes de información bibliográficas así como páxinas web. Seleccionaron o máis interesante, buscaron as mellores imaxes para ilustrar os seus traballos, recolleron e ordearon a información e prepararon os seus traballos. Logo, resumiron a información para presentalo aos demais compañeiros. Un traballo moi laborioso pero do que sacaron moitos coñecementos.

As presentación comezou con Roi que contou todo o que sabía sobre os fungos: que son, que clases existen, cales son comestibles e cales non e como podemos distinguilos cando saímos polo monte. O reino das algas chegou da man de Brais que fixo una gran investigación e descubriu que algunas poden chegar a mediar máis de 50 metros. Logo chegou o turno de Eli que nos explicou o que son as bacterias. A súa presentación foi moi didáctica, incluso tiña una regra que marcaba un milímetro para que nos désemos conta do pequeñas que son, e traballou nun apartado moi interesante sobre se as bacterias son boas ou malas. E por último expuxo o seu traballo Xulia que nos agasallou cun libro creado por ela mesma no que se recollía moitísima información acerca dos animais. Como se clasifican, que comen, cantas especies animais se coñecen, cal é o seu orixe…. Un montón de información con imaxes moi fermosas. O último reino, o das plantas, foi investigado por Aday que hoxe non puido asistir ao colexio pero que, igualmente, fixo un traballo xenial acerca das partes as plantas, a súa alimentación e incluso buscou especies moi raras para ensinarnos.

Despois chegou o turno dos nenos e nenas de segundo. Cada un deles xunto con Dori, fixeron una ficha resumo dun animal na que nos contaban que tipo de animal era, a súa alimentación, a forma de reproducción… e moitas curiosidades maís. Incluso nos mostraron imaxes dos seus animais. Emma contounos moitas cousas acerca dos pingüíns, xa é toda una experta, e Nuno investigou acera do gato. Zeltia traballou cos cervos, César contounos moitas cousas do oso, e Antón decidiu estudar unha ave, o corvo. A todos os que disfrutamos da exposición dos máis pequenos sorprendeunos o moito que traballaron e o ben que manexan a linguaxe científica mentres contestaban ás nosas preguntas.

Aquí podedes ver as imaxes das presentación e dos traballos.

A actividade foi un roundo éxito, tanto que os nenos de infantil tamén participaron e se uniron á presentación. Seguimos traballando!

"FELIZ IDADE"

           

 

A semana pasada tomamos un contacto moi especial coa poesia. Olga Novo convidounos a participar na presentación do seu libro de poesia, Feliz Idade  o sábado 30 de marzo, na Casa da Cultura do concello que leva o seu nome, Olga Novo. Sentímonos moi ledos e agradecidos por esta invitación así que nos preparamos  para acompañar a Olga  neste evento tan especial e importante como é a saída á luz do seu novo libro : “Feliz Idade”,  unha xoia para a literatura galega.

Chegou o sábado,  as 20:30 horas, e o acto deu comezo,  e coas primeiras palabras de Olga,  brotou a emoción  que inundou a casa da cultura vivindo unha  xornada emotiva, donde a  poesía e a sensibilidade foron as raíñas indiscutibles.

Presentou o acto cun texto  marabilloso  sobre a poesía, que tivo a xentileza de compartir con nós, para que os nenos e nenas traballen sobre él, na elaboración dun programa de radio.

 “ A Poesía nace como nace a herba. A Poesía está por todas partes. No becerriño que chega ás nosas maus desde o ventre dunha vaca. Está na terra que se nos mete nas uñas cando arrancamos as patacas. A Poesía está nas flores da cerdeira e na carouba e na cereixa. Está na vida.” …

Un grupo de nenos e nenas de infantil a 4º de primaria prepararon para recitar un poema que Olga nos escribiu hai anos e que podedes   ler aquí.

O alumnado de 5º e 6º xogou de novo coa poesía: retomaron a entrevista  a Olga  en radio Guímaro do mes de febreiro. Escoitamos unha vez máis tramos nos que nos fala da poesía, da súas fontes de inspiración… Despois cada un elexiu o seu  tema e escribiu o seu  poema. Ilustrárono  e crearon un libro, que ten na última páxina un acróstico, creado entre todos, adicado a Olga. 

Podedes  lelos aquí.

Na segunda parte,  Olga presentou a outra poeta da Pobra, Noa Moreira, que tamén recitou poemas escritos por ela. Interviron os seus acompañantes, na presentación do libro: Luis Rei Núñez, poeta tamén e director da colección Tambo da editorial Kalandraca; e Xurxo Ayán Vila, amigo de Olga, e arqueólogo que dirixiu varias excavacións, entre elas, a do Castro de San Lourenzo, e que tamén nos ten agasallado con moita información sobre a nosa historia.

Xa na terceira parte, Olga recitounos varios poemas do seu novo libro á vez que nos falaba das súas fontes de inspiración, tan entrañables como o seu pai que faleceu, a súa filla, o tractor do seu pai…sempre enraizadas no seu pobo, na súa vida.

E remataron o acto un grupo de persoas que querían darlle unha sorpresa a Olga, así que soou o violín de Pablo e oito persoas entre as que se encontraban as profes do cole, amigos e o marido de Olga recitaron algúns versos de Totem, o poema adicado ao seu pai.

Despois mercamos o libro de Olga, que por certo, nos adicou cunhas palabras fermosísimas. Contamos dende hoxe cun agasallo valioso que nos acompañará daquí en diante.

O sábado foi un día especial  nas nosas vidas, na historia da Pobra,  na literatura galega… Grazas Olga por este día,  por axudarnos a descubrir emocións indescriptibles, por ese aporte de vitaminas que nos chega da túa man, da man de Feliz Idade”.

Podedes disfrutar de todas as imaxes deste fermoso día no seguinte enlace. 

                                  Álbume da presentación de "Feliz Idade"

ENCONTROS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2018-19

ENCONTROS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2018-19

O pasado venres, 22 de marzo celebráronse en Santiago os Encontros de Plan de Mellora Bibliotecas Escolares do curso 2018-2019.

O  CEIP plurilingüe Virxe do Carme de Sober e o CEIP da Pobra do Brollón levamos a cabo unha ponencia conxunta para explicar o noso proxecto colaborativo de Radio na biblio "Coñecendo os nosos concellos". Programas de radio escolar de ida e volta entre os dous centros a través dos que damos a coñecer os nosos concellos.

Esta é a presentación da nosa ponencia.

 

Coñecendo o concello da Pobra e o de Sober 

Radio Guímaro. Coñecendo os nosos concellos. P.4

RADIO GUÍMARO E COÑECENDO OS NOSOS CONCELLOS.

Hoxe gravamos o Programa 4. Coñecendo os nosos concellos a través do que damos resposta ás preguntas que nos facian dende Radiovín os nosos compañeiros e compañeiras do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober, acerca da importancia da Viticultura e a ribeira Sacra no noso Concello.

Para obter información fomos de excursión a Vilachá. Acompañounos Xosé Gago, e visitamos a adega de Puri...co que vivimos un día cargado de información e tamén emocionante...

Canta historia nos contaron e canta queda por descubrir. Se queredes coñecer algunha escoitádenos en:

Radio Guímaro. Coñecendo os nosos concellos.

DIA DA MULLER E ROSALIA DE CASTRO

DÍA DA MULLER E ROSALÍA DE CASTRO.

Dentro das actividades enmarcadas para traballar acerca do día da muller e a igualdade entre homes e mulleres, e tendo en conta que tamén celebramos o día de Rosalía adicámoslle un programa de radio.

Rosalía de Castro: Un exemplo de loita.

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA.

8 de Marzo. Excursión a Vilachá

Nestas últimas semanas, estivemos a traballar con contos e lecturas que nos levan  á reflexión, a sensibilización, a implicación no compromiso de traballar pola igualdade  entre os homes e as mulleres.

Traballamos con Rosalia, á que lle adicamos un programa de radio. Coñecemos pioneiras galegas que abriron camiño….No recuncho de lecturas están os contos con esta temática e  materiais de consulta.

Paralelamente temos que dar resposta aos nosos compañeiros ecompañeiras de Sober, acerca da nosa Ribeira Sacra, e pensamos que o mellor sería outra visita para recabar mais información.

O Venres, día 8 visitamos Vilachá. Acompañounos Xosé Gago, arqueólogo do Equipo de Xurxo Ayán e traballador do concello, encargado da súa dinamización turística e cultural. Xosé foi o guía desta visita e unha fonte de información extraordinaria que nos empapou de coñecementos e historia acerca deste pobo  no que conflúen varios atractivos para visitar: a súa historia, a situación xeográfica na que atopamos a nosa Ribeira Sacra, condicións estupendas para o cultivo do viño, o mirador da Capela...

Tamén visitamos a Puri, unha adegueira que nos acompañou na visita de Outubro na época da vendima e que nos seguiu a contar tamén máis información sobre o cultivo e os coidados do viño na zona  de Vilachá.

Puri merece o noso recoñecemento no día de hoxe, porque representa a esas mulleres coas ideas claras, que saben loitar polo despertar do seu pobo….orgullosa do seu traballo, inda que para moitos resulte extraño e pouco adecuado este traballo de adegueira para unha muller.

Contounos que axudou aos seus país dende nena, co asombro e ata críticas dalgúns veciños que non vían normal que unha nena axudase a ese tipo de tarefas….pero grazas a ela Vilachá está a despertar pouco a pouco….porque é unha muller emprendedora, que sabe ver con claridade  o potencial do seu pobo, e como conservar a súa historia e cultura.

Comezou cun bar nunha das adegas que abría os fins de semana. Despois montou unha S.A.T. (Sociedade Agraria de Transformación) con cinco persoas máis. Era a única muller do grupo e tamén a xefa. Toda a uva de Vilachá que se vendía faciase dende unha mesma marca.   Cóntanos que foi unha experiencia marabillosa, pero esta adega quedouse pequena, e os compañeiros decidiron non dar un paso máis. Así que Puri, deu ese paso e montou ela soa a súa adega que segue a manter  e comerciar o viño da súa colleita co nome de Val do Frade.

Asi que Xosé e  Puri, Grazas por ser unhas fontes de información tan valiosas e entrañables,  por ser  exemplos de loita, de emprendemento,  demostrándonos ademáis,  que os proxectos con traballo eficaz dos homes e das mulleres dan o seu  froito.

 Grazas a persoas coma vós que cren nos seus pobos e saben aproveitar e valorar os recursos cos que conta, ponse en valor unha zona deste concello…que  camiñaba cara o abandono.

Foi unha mañá extraorinaria da que seguiremos dando conta no programa de radio para falarlles da nosa Ribeira Sacra aos nosos compañeiros de Sober e contestar así ás súas preguntas.

 

11 de Marzo. Celebramos o día da Muller.

Sesión de contacontos con Caxoto, contos da igualdade.

Dende a área de servizos sociais do concello  propúxosenos participar nunha actividade   de Contos da igualdade. Así que acudimos a Casa da Cultura Olga Novo, donde nos agardaba Mónica e o Concellal de servizos sociais.

Asistimos o alumnado e profesorado de todo o centro a unha sesión de  contacontos, a cargo de Caxoto,que nos mantivo en expectativa toda a sesión

Contounos o conto de  Laura, unha nena que vive cos seus país e o seu irmán e que soña con ser pirata. Non se atreve a contalo pois sabe que se rirán dela….ata que un día durante unha comida lle pregunta súa nai que quere ser de maior…

Chegou o momento de desvelar o seu desexo e tamén do asombro da súa familia…pero a súa nai que é xefa de policía, unha profesión tamén pouco habitual nas mulleres ata hai pouco será máis comprensiva e encargarase de que Laura demostre que pode ser unha gran pirata…

Unha historia tenra, cargada de humanidade, que nos soubo trasladar moi ben este extraordinario contacontos….

 

Entrega dos contos, do  CIM de Monforte: unha muller da zona para o 8 de marzo.

O alumnado de 5º e 6º asistimos ás doce da mañá ao visonado e entrega do conto que organizou o CIM de Monforte sobre Genoveba González, de Bóveda  unha muller para o 8 de marzo sobre a que se viñera traballando o curso pasado en colaboración co colectivo Lemos Lé.

            

No seguinte enlace tedes o video que nos conta a vida desta pioneira muller e no que se ve o traballo que fixeron todos os nenos e nenas da contorna: 

                            Video Genoveva González Prieto

 

Tamén coñecemos a muller sobre a que traballaremos este curso, que será unha abadesa de Pantón do convento de Eiré, A abadesa Inés Fernández, que dará lugar ao VI Certame de Mulleres de Lemos.

 

NOTA: Premendo no título de cada actrividade podedes ver as fotos de cada unha delas. Disfrutádeas!

DESFILE DE ENTROIDO.

O venres, día un de marzo celebramos o desfile de entroido.  Tendo en conta que estamos a centrar as celebracións partindo de lecturas seleccionadas, dende o grupo de traballo e a proximidade do  entroido  ao día oito de marzo, eleximos a temática do disfraz partindo do conto, "Max e os super héroes", de Rocío Boadilla e Oriol Malet.  Un conto  que nos leva a coñecer un chisco os super héroes e heroínas actuais cunha fermosa mensaxe: a necesidade de igualdade entre homes e mulleres e o valor dos sentimentos.

 

                      Portada Conto.

Max é un neno ao que lle encantan os super héroes, en especial unha super heroína, que por certo hai poucas, pois parece que este talento é mais propio de homes.

A súa super heroína , é capaz de múltiples hazañas asombrosas, e con ela  vivirá experiencias estupendas que  o fan sentir moi ben. Pero a mellor vivencia, a emoción máis profunda e fascinante…  é o abrazo da súa mamá cada noite.

O conto visitou todas as aulas dende infantil ata 5º e 6º.  Despois de ler o conto, e facer as nosas relfexións, decidimos disfrazarnos de super héroes e super heroínas e crear cada curso o seu símbolo e poderes enlazando coa temática de Voz Natura: Os nosos montes.

Os nenos e nenas de infantil e 1º e 2º levaban a letra do seu nome.

Os nenos e nenas de 3º e 4º diseñaron o seu símbolo baixo o lema das marabillas da natureza. Despois elixiron un que era unha especie de arco da vella.

Os nenos e nenas de 5º e 6º diseñaron o seu  símbolo baixo esta temática. Despois elixiron,  mediante votación, o de Xulia: simboliza o poder para que as nubes aporten a auga necesaria ao  monte Guímaro,  e para extinguir os incendios.

Cada curso tiña unha cor de camiseta aportada polo alumnado e decorada dende a área de plástica, encargándose o profesorado que imparte esta materia .

O venres aproveitamos o recreo para vestirnos e despois como cada ano saímos ata a localidade. A primeira parada foi a  Visita aos nosos amigos do centro de día; despois reanudamos a marcha ata chegar ao súper de Roelma, donde nos tiraron  caramelos .

Seguimos ata o parque donde fixemos fotos de todo o grupo e coas nosas familias que saíran a  vernos. Continuamos ata o concello, donde nos agasallaron cun libro sobre o entroido ancestral.

Podedes ver todas as fotos do desfile e dos nosos super heroes e superheroínas no seguinte enlace: 

                                       ÁLBUME DE ENTROIDO.

De volta para o cole esperábanos na porta  do outro super, Ana, que tamén  nos deu caramelos.

Así que chegamos ao cole para comer este día,  ás dúas, moi contentos do noso paseo, donde lucimos os nosos disfraces e recibimos, ademáis dos agasallos mencionados o cariño de moitas familias e veciños. Así que moitas grazas a todos por axudarnos a vivir uns momentos estupendos!.

 

 

Distribuir contido