Iniciar sesión: Acceso

Xogando co escornabot: "Afundir a flota".

Continuamos traballando cos escornabots dentro do proxecto "Biblioteca Creativa"!. 

Esta semana os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria atrevéronse co deseño e creación dun taboleiro para xogar cos nosos pequenos robots. Aproveitando que nos tocaba estudar os eixos de coordenadas cartesianas en Matemáticas, crearon unha nova versión do tradicional "Afundir a flota" que fixo o estudo moito máis ameno e divertido. 

Pero non só creamos os taboleiros, tamén adornamos os escornas para convertelos en barcos piratas, redactamos as regras do xogo entre todos e xogamos un bo anaco aprendendo dunha maneira lúdica. E o mellor de todo... pasámolo xenial. 

Para ver a actividade completa, así como as imaxes e vídeos, premede no seguinte enlace. 

                         Xogo: "Afundir a flota"

Seguiremos xogando!

INVENTOS E CIRURXÍA: O NOSO CORAZÓN.

Xa o tiñamos bastante claro, pero agora aínda máis. Os nosos nenos e nenas de sexto son todos uns fedelleiros, capaces de crear verdadeiras obras de arte!

Esta semana, aproveitando que na área de Ciencias Naturais tivemos que estudar o sistema circulatorio e o funcionamento do noso corazón, sacamos do armario de material unha maqueta deste complexo órgano e puxémonos mans a obra. 

O primeiro que fixemos foi abrir a caixa e ver os compoñentes. Entre todos leron as instrucións e fixéronse con aqueles materiais que precisaban pero que non se incluía na maqueta (aceite,  vasos de plástico...) ademais de outras cousas que eles creron convintes traer porque podían ser necesarios coma periódicos e panos ( e non sabedes o ben que nos veiñeron).

Con todo preparado, o equipo de inventores púxose mans a obra e seguiron os pasos que marcaban as instrucións. Primeiro, houbo que medir e cortar os tubos que farían de vasos sanguíneos, para despois introducilos respectando o sentido da circulación do sangue a través do noso corazón. Toda unha obra de inxenería! Chegou o momento de encher o noso corazón de sangue (auga con colorante) para logo cerrar o circuíto e poder disfrutar e comprender a nosa maqueta. 

No seguinte enlace, tedes as imaxes de como foi a construción: 

Construíndo a nosa maqueta do corazón. 

 

Pero non pensedes que todo foi fácil neste traballo. Tamén tivemos varios tropezos que os nenxs tiveron que resolver e que xuntxs conseguiron sacar diante. O primeiro foi que ao usar aceite para introducir os tubos nas válvulas se engrasou todo, polo que esvaraba todo. Ademais, cando comezamos a introducir o sangue no sistema aumentou moito a presión do circuíto e reventaron algunhas xuntas. Menuda montamos! Había "sangue" por todos lados. Esto permitiunos pensar e reflexionar acerca das enfermidades vasculares e por un ratiño, os rapaces convertéronse en cirurxiás e repararon a desfeita. Despois só nos quedou limpar (que tamén foi unha tarefa ben dura). E senon, mirádeo vos memos! Preme aquí. 

Pero case mellor que todo esto volo conten eles memos. No seguinte vídeo podedes ver a explicación da montaxe e do funcionamento do corazón, así como as dificultades que xurdiron no proceso. Como veredes, fixérono sen un guión marcado, falando eles mesmos da súa propia experiencia. Podedes disfrutar do vídeo premendo aquí.

Por último decidimos compartir o aprendido cos nenos o nenas do cole para que se vaian familiarizando cos contidos que pronto lles tocará traballar a eles tamén. e quen mellor para contarlles todo esto que os seus compañeiros. Como podedes ver nestas imaxes, todos estiveron moi atentos e disfrutaron da explicación nunha ponencia na nosa biblioteca creativa. 

Xa estamos pensando en cal será o proximo invento!.

CELEBRAMOS O MAGOSTO.

 

O venres, 16 de novembro celebramos o magosto. Como cada ano, achegámonos ao por qué desta celebración tradicional en Galicia que, como outras moitas tradicións, debemos coñecer e conservar. E  qué mellor maneira que vivila en directo e disfrutala  celebrando o magosto.

Durante esa semana trouxemos castañas e algunha leña. Deste xeito celebramos  o magosto coa colaboración de tod@s.

Coa axuda de Ósca, fomos pintando por cursos as plantillas para construír un castiñeiro tridimensional que está espido. Agora coas nosas indagacións en torno a refráns, ditos populares e cantigas, ou adiviñas en relación ao magosto irémolo vestindo con ourizos, castañas e follas…nas que plasmamos esta información, recollida na casa e a través das TICs. Así construímos a nosa árbore de refráns, adiviñas e ditos populares, tamén coa aportación de todxs. Se premedes aquí  podedes ver imaxes da nosa árbore. 

Os nenos e nenas de sexto, despois do recreo, preparamos todo…para asar as castañas coa axuda de Paco. Xantamos deseguida e marchamos con Paco a prender o lume e asar as castañas.

Os nenos de cuarto prepararon con Pablo, o seu titor, un xogo de pistas que o profe colocou moi sixilosamente polo patio e o cole. Así que a tarde estaba amenizada. Os nenos e nenas de sexto asando castañas con Paco e o resto do cole formaron equipos nos que había nenxs de infantil a sexto e a buscar as pistas para atopar o trofeo. Tiñan como norma estar o equipo sempre xunto e polo tanto completo así que había que respetar o paso dxs máis pequenxs…nada de carreiras!.

Pasámolo xenial lendo nas pistas que nos ían levando dunha a outra  polo percorrido ata atopar o trofeo….

Gañou o equipo de Eli, Senén, Marcos, Candela, Nuno, Emma, Martiño e Andrea.

Mentras transcurría o xogo acabáronse de asar as castañas. Despois collemos un cucurucho coas castañas e unha fanta ou cocacola e puxémonos a comelas  que estaban deliciosas!

Pero aínda estabamos impacientes  por outra actividade que nos gusta moito: embadurnar as mans na cinsa e pintar aos compañeiros e por suposto aos profes…

Encántanos!! Corremos para pintar, ou para non ser pintados, pero ninguén libra a non ser que teña un motivo. Os profes tentan poñerse serios, ameazan con baixar a nota pero estamos de broma e festa! Así que tampouco libraron!

Despois de disfrutar e rirnos do simpáticos que nos atopamos pintados hai que lavarse para rematar a festa e subir ao autobús limpos.

Así rematamos esta festa, na que compartimos xogo, traballo, e sobre todo disfrutamos dunha extraordinaria convivencia.

No seguinte enlace, podedes ver as imaxes que resumen un día estupendo de convivencia e disfrute arredor dunha tradición da nosa terra. 

                      Imaxes da celebración do magosto.

Grazas tamén familias que sempre estades ahí pola colleita de refráns, adiviñas, ditos… coas que vestimos o noso castiñeiro espido.

 

UNHA TARDE NO NOSO MONTE

 

O xoves pola tarde saímos todo o cole ó monte a buscar cogumelos. Unha tarde  tan espléndida de sol como de entusiasmo.

O autobús levounos ata un pobo próximo, Castrosante, no que por certo viven os nosos compañeiros J. Ramón e Gonzalo e logo cruzamos o monte por un camiño ancho dende o que nos adentrabamos en lameiros e bosques de carballos e pinos para buscar cogumelos ata baixar  cerca da Pobra.

Disfrutamos do bo tempo, e puxemos en acción todos os sentidos para percibir e sentir: as distintas tonalidades da natureza desta época do ano, auténticas postais outonizas… recollemos algunha landra para adornar a nosa colleita micolóxica e sobre todo buscamos e observamos atentamente para descubrir os cogumelos.

Qué ilusión cada vez que descubriamos algún!!

Acabámoslle co nome a Paco, que non daba feito, o profe micolóxico do cole  que nos ía dicindo os nomes dos cogumelos que lle mostrabamos e nos explicaba as curiosidades  de cada un….por certo algunhas ben singulares…Trouxemos dúas cestas coas que montamos unha pequena exposición….

Chegamos ao cole algúns cos pés húmidos e ata as máns arrabuñadas dalgunha silva…non importou porque o pasamos xenial. Démonos conta iso sí, de que sería importante coidar os nosos montes e telos máis limpos de maleza.

Xa no cole, Paco mostróunolas nos libros…e así fomos etiquetándoas cos seus nomes e sobre todo vendo que hai moitas tóxicas e polo tanto non se poden comer…

Se premedes aquí podedes ver as imaxes da nosa saída polo monte.

Pero a nosa aventura non rematou aquí. Pola tarde veu Silvia, a mamá de Dani, que tamén sabe moito de micoloxia e completou a nosa pequena exposición. Trouxo tres cestas que colocou e etiquetou. Acadamos unha exposición moi completa e variada.

O venres na hora de ler, Silvia contounos mais cousas dos cogumelos: como debemos collelos, como diferencialos. Hai algúns que se parecen moito aos comestibles e non se deben comer…como a típica zarrota ou lepiota….Así que ollo! É moi importante non comelas se non estás ben seguro de que son comestibles.

Trouxo algúns verdadeiramente curiosos que tocamos, olemos e por suposto observamos….A información entrou a raudales polos nosos sentidos….deixamos da man de Mercedes e Òscar, a cociñeira e o encargado de comedor,  probar algúns comestibles.

No seguinte enlace, tedes as fotos da nosa exposición e da charla de Silvia.

                         Imaxes exposición micolóxica.

Foron unhas xornadas estupendas…nas que aprendemos un montón. Unha vez máis recoñecemos o respecto e agradecemento que lle debemos á natureza que nos agasalla xenerosamente coas paisaxes, os cogumelos, os froitos, ás árbores, o aire limpo…que segundo a época do ano nos ofrecerá imaxes  singulares que espertan os nosos sentidos dunha forma extraordinaria.

Coidemos e disfrutemos dos nosos montes, pois Alí está o niño da saúde, de moita industria  tamén, a invitación a disfrutar, sen pedir nada a cambio…

 

 

RECREOS SAUDABLES

Tal como vos anunciamos a pasada semana e por cuarto ano consecutivo damos comezo ao Proxecto Deportivo de Centro co obxectivo de fomentar a práctica de actividade física entre o alumnado.

O proxecto garantirá que todas as actividades deportivas que realicen os alumnos/as teñan un carácter eminentemente educativo. Debemos aproveitar a actividade física, o deporte como un excelente medio para educar persoas.

primeira actividade proposta é a dos recreos saudables, que se realiza xa dende comezos de curso. Temos tres zonas os luns, mércores e venres, mentres que martes e xoves haberá xogo libre.

O material do que dispón o alumnado en cada zona é o seguinte:

Zona 1: Patio cuberto pequeno e cancha de voleibol → 1 Pelota baloncesto, 1 pelotas espuma, 1 pelota de voleibol,  2 cordas, mariolas pintadas neste curso.

Zona 2: Pista polideportiva descuberta  1 Pelota de fútbol, 1 pelota de baloncesto, 1 pelota balonmán.

 Zona 3: Parte descuberta → 1 pelota espuma (brilé), 2 aros grandes. Nesta zona contan coas pistas de atletismo e cun 3 en raia, pintados tamén ao comezo deste curso.

 Zona infantil: (Columpios e areeiro) → 1 Pelota espuma, 3 pelotas plástico, 5 aros pequenos.

 

O alumnado está distribuído en 3 grupos: 1º e 2º, 3º e 4º e 5º e 6º. Rotarán seguindo esta táboa:

 

ZONA 1

ZONA 2

ZONA 3

LUNS

1º / 2º

3º / 4º

5º / 6º

MARTES

LIBRE

MÉRCORES

3º / 4º

5º / 6ª

1º / 2º

XOVES

LIBRE

VENRES

5º / 6º

1º / 2º

3º / 4º

Os luns, mércores e venres cada grupo xogará na súa zona co material que lle corresponde.

Os martes e xoves pódese xogar en calquera das zonas, con calquera material e con calquera compañeiro /a.

O material de cada unha das zonas cólleno ao comezo do  tempo de lecer (tanto no da mañá coma no do comedor) e déixano recollido ao rematar.

Os días que chove non seguimos esta organización, dadas as limitacións dos espazos.

Con esta actividade conseguimos que o alumnado faga máis actividade física durante os tempos de lecer, que amosen máis interese polo exercicio, que se relacionen con todos os alumnos/as do centro…

Aquí vos deixamos o proxecto deportivo que desenvolveremos este ano de xeito detallado. 

A próxima semana disfrutaremos cunha liga de baloncesto para todo o alumnado de primaria, para a cal xa leva todo o mes entrenando. Manterémosvos informados.

TODOS A XOGAR!

 

PLAN PROXECTA 2018/19

 

Aplauso

No colexio de Pobra estamos de noraboa! Outro ano máis, fomos seleccionados para desenvolver o noso proxecto deportivo, dentro do Plan Proxecta 2018/19. Almorzos saudables, ligas, partidos mestres- alumnos... e moitas cousas máis nos esperan! Seguiremos informando!

Resolución Plan Proxecta 2018/19

 

COMEZAMOS!

Titorial para montar o noso Escornabot.

Como xa vos comentamos, o noso centro foi seleccionado para participar no proxecto Biblioteca Creativa.

Despois da formación no centro, creamos un tutorial para montar os escornabots que, esperamos, sexa interesante e aclare as dúbidas que poidan xurdir na montaxe deste fedello. O tutorial está feito en "Prezi", unha plataforma que permite facer presentacións dinámicas e que fan que poidas acceder de xeito sinxelo a temas, carpetas e subcarpetas, sen ter que andar pasando páxinas e páxinas, polo que nos pareceu moi axeitado para este titorial. 

Este é o enlace para a presentación: 

https://prezi.com/view/HBPzIISoVItZOg4Gm6r2/

 

Esperamos que vos guste! Nos... seguiremos fedellando!

SAMAÍN E HALLOWEEN NO CEIP DA POBRA DO BROLLÓN.

Chegan as datas de Samaín e Halloween, dúas festividades que nos achegan a cultura de dous países: o noso, coa celebración de Samaín e o culto aos antepasados e Halloween, festa  inglesa que celebramos para coñecer tamén a cultura do país do que estudiamos a lingua   relacionada tamén co Samaín.

Ninguén é alleo no centro a esta celebración. Entroncamos a materia de inglés, o EDLG, Activ. Complementarias e Extraescolares e a Biblioteca

Na biblioteca aparece no expositor da actualidade os contos e escritores de medo,  do que gardamos unha boa recopilación en Galicia  e que leremos na hora de ler ou no club de lectura durante este tempo. Alí temos a Agustín ferrnández Paz: “Malos tempos para os fantasmas”, “Fantasmas no corredor”; Xavier Docampo:  “O misterio das badaladas” “Corre corre cabaciña”, “Indo para o Samaín”, “A miña amiga a escuridade” obras de Marilar Aleixandre…

AS FAMILIAS CONTAN:

Durante esa semana o centro invita ás familias a vir contar un conto de medo  na hora de ler, Unha actividade que nos encanta a todxs ademáis de sorprender coa calidade do relato e ata as súas propias adaptacións e creacións. O certo  é que o alumnado de 3 a 12 anos queda  totalmente enganchado e  intrigrado mantendo a atención dun xeito asombroso.

O luns acudiron ao centro: Eva, tía de Marina e Lidia nai de Martín e Emma. Eva contounos  maxistralmente o conto de “Corre corre cabaciña”. Lidia contounos  unha historia de nen@s ambientada nun cemiterio “A alianza”. Mezcla de lectura e contar….pero mantívonos en suspense dende o principio ao fin no que nos deixou unha clara mensaxe:  “Nunca collas o que non é teu”.

O martes acudiou ao centro Sandra, nai de Senén. Contounos un conto de Anxel Fole, ambientado no Courel, a historia dun capador que despois da celebración da matanza se foi para a súa casa  noutro pobo nunha noite escura de inverno a pesar da invitación dos veciños a quedarse. Os lobos acompañárono todo o camiño….rodeábano…entón coñeceu o  medo.

O mércores   Toño, Silvia, Mª José e Pablo papás  e mamás de  Antía e Pedro  prepararon un conto de guiñol. Unha posta en escea de auténticos profesionales.  Unha historia de bruxas  que  fomentaba a lectura e que foi creada por Silvia e Mª José. Pasará a ocupar un lugar especial no recuncho das creacións. Podédela ver  neste vídeo.

Todos eles auténticos contacontos e de tal calidade, que nos deu mágoa non compartir estas historias. Así que as que non están en vídeo  serán contadas na radio escolar.  Teredes a oportunidade de   escoitalas próximamente en Radioguimariño.

Premendo aquí podedes ver as imaxes dos nosos contacontos.

MENÚ TERRORÍFICO

Ese día no comedor disfrutamos dun menú terrorífico. Comprobamos  as mañas e creatividade de Mercedes a cociñeira, e Óscar o encargado de comedor como podedes ver nestas imaxes.

HALLOWEN E SAMAÍN.

No tempo de lecer despois do xantar o alumnado de 5º e 6º disfrazouse para visitar as clases e asustar aos seus compañeiros. Deste xeito entroncamos as dúas festividades: halloween e Samaín. A fin de paliar os medos, os titores cóntanlles aos máis pequenos que o alumnado de 5º e 6º lles vai a dar unha sorpresa.  Nas visitas ás aulas, despois de intentar asustalos reparten caramelos para recompensar o primeiro susto, este ano chocolatinas….

Despois baixamos todos ao comedor e os nosos biblioaxudantes, o alumnado de 5º e 6º que recolleron relatos de medo da nosa zona contaránnolos  á carón da exposición das cabazas.

Aquí tedes as imaxes que resumen a nosa celebración.

CONCURSO DE CABAZAS:

Dende hai anos  convócase un concurso de cabazas con material de refugallo. Unha tarefa que fan nas casas. Acadamos unha exposición de creacións orixinais e de calidade donde de novo estiveron implicadas as familias. A calidade dos traballos era alta, difícil seleccionar unha por curso, así que o premio consisitiu nun lote de libros para cada aula, un diploma e chuches terroríficas para todxs.

Infantil: levou o premio das cabazas máis terroríficas.

Primeiro e segund levou o premio das cabazas máis ecolóxidcas  pois abundaban os elementos naturais.

Terceiro e cuarto levou o premio ás cabazas máis estrambóticas.

5º e 6º Levou o premio ás calabazas máis monstruosas.

A Cociñeira levou o premio á cabaza máis sabrosa.

Se premedes aquí podedes ver imaxes de todas as cabazas que chegaron ao centro.

Foron días de traballo colaborativo, no que estivo implicada toda a comunidade educativa. Moitas grazas especialmente ás familias que viñeron a contar, que axudaron a facer cabazas… Gracias á implicación de todxs vivimos días emocionantes, que romperon a monotonía  do dia a día das aulas, nos que non deixamos de compartir experiencias e aprender…

FORMACIÓN ESCORNABOT.

o paso foi construir o s

istema eléctrico e poñ

elo a proba. Case non o podiamos crer cando o vimos funcionar.

Foi unha desas tardes grandes nas que o profesorado du

n centro

compartimos coñecementos,

ga

ñas de aprender e tamén risas

...

que crearon un

contexto rico en formación nun ambiente cordial, agradable de tra

ballo

colaborativo

.

Comprobar o resultado final vendo como funcionaba o robot

encheunos de

emoción e satisfación. Ábrese unha nova fiestra de acceso ao cu

rriculum

cun novo

recurso motivador e ilusionante para o nós e o noso alumnado.

Aquí vos deixamos un resumo en imaxes da que foi unha fructífera tarde

. o paso foi construir o s

istema eléctrico e poñ

elo a proba. Case non o podiamos crer cando o vimos funcionar.

Foi unha desas tardes grandes nas que o profesorado du

n centro

compartimos coñecementos,

ga

ñas de aprender e tamén risas

...

que crearon un

contexto rico en formación nun ambiente cordial, agradable de tra

ballo

colaborativo

.

Comprobar o resultado final vendo como funcionaba o robot

encheunos de

emoción e satisfación.O pasado martes, día 30 de outbro realizamos a xornada de formación en torno ao proxecto de Biblioteca Creativa coa nosa compañeira  do Equipo de Biblioteca responsable deste proxecto  Paula Lapido, que previamente asisitiu a xornada de formación  a Santiago. 

O pasado martes, día 30 de outbro realizamos a xornada de formación en torno ao proxecto de Biblioteca Creativa coa nosa compañeira  do Equipo de Biblioteca responsable deste proxecto  Paula Lapido, que previamente asisitiu a xornada de formación  a Santiago. 

A entrada neste proxecto  é unha oportunidade de novos recursos para o profesorado que sabemos que temos ante nós un recurso novo, motivador que abre moitas posibilidades para desenvolver destrezas e competencias do alumnado e para aprender lúdicamente. 

Conscientes da importancia  deste recurso na formación non estivo só o Equipo de bibliotecas senón todo o claustro por iniciativa propia. 

Unha vez feita a introducción por Paula, explicados os pasos e as conexión, e co manual e instruccións diante, puxémonos mans a obra baixo o asesoramento e supervisión da nosa compañeira. Aprendemos e sorprendémonos a nós mesmos das nosas posibilidades, pois algúns de nós soldamos por primeira vez ante a nosa propia sorpresa.   

A formación foi   fundamentalmente práctica, baseada na manipulación e construcción do robot na que participamos todo o claustro… Comezamos por soldar as resistencias á placa base utilizando un chisco de estaño, así como tamén os botóns que reciben as ordes que lle daremos ao escornabot. Despois puxémonos mans á obra coa montaxe das pezas plásticas, as baterías e os motores que farán mover o noso pequeno robot. O último paso foi construir o sistema eléctrico e poñelo a proba. Case non o podiamos crer cando o vimos funcionar.  

Foi unha desas tardes grandes nas que o profesorado dun centro compartimos coñecementos,  gañas de aprender e  tamén risas…que crearon un contexto rico en formación nun ambiente cordial, agradable de traballo colaborativo 

Comprobar o resultado final vendo como funcionaba o robot encheunos de emoción e satisfación. Ábrese unha nova fiestra de acceso ao curriculum  cun novo recurso motivador e ilusionante para o nós e o noso alumnado. 

Aquí vos deixamos un resumo en imaxes da que foi unha fructífera tarde.  Ábrese unha nova fiestra de acceso ao cu

rriculum

cun novo

recurO pasado martes, día 30 de outbro realizamos a xornada de formación en torno ao proxecto de Biblioteca Creativa coa nosa compañeira  do Equipo de Biblioteca responsable deste proxecto  Paula Lapido, que previamente asisitiu a xornada de formación  a Santiago. 

Premendo aquí podedes ver  un resumo en imaxes da que foi unha fructífera tarde. 

Aquí vos deixamos un resumo en imaxes da que foi unha fructífera tarde. so motivador e ilusionante para o nós e o noso alumnado.

Aquí vos deixamos un resumo en imaxes da que foi unha fructífera tarde

.

Formación de Radio Escolar con Rede Espora

Aquí temos un vídeo resumo enviado por Rede Espora  das estupendas xornadas de formación que realizaron por algúns centros de Galicia que formaban parte do proxecto de radio escolar posto en marcha pola asesoría de biblioteca Escolares, entre os que nos atopamos nós, para crear

Radioguimariño.


Distribuir contido