Iniciar sesión: Acceso

DÍA DE CINE!

O pasado venres, 18 de outubro vivimos no cole un dia especial que nos perimitiu coñecer un pouco mais do mundo do cine.

Esta actividade estivo promovida e subvencionada polo concello, a través de cultura, que nos propuxeron que se realizase no centro e deste xeito participou nela a totalidade do alumnado.

Unha xornada enriquecedora para todxs que achegou ao noso alumnado ao mundo do cine a través da empresa Festivalino. Chegaron ás 9:30 montaron o entorno no porche do colexio, composto da caravana donde se proxectaban os trailers de películas infantiles. O seu Kit de salón, composto por unha mesa redonda e varios pufs, para votar as pelis e opinar, o punto dos flocos de millo e o taboleiro cos carteis das pelis donde o alumnado elexia as que quería ver.

A primeira sesión estivo dirixida ao alumnado de infantil, primeiro e segundo. Disfrutaron de varios trailers seleccionados por eles, logo votaron, opinaron e tomaron flocos de millo.

A segunda sesión, estivo dirixida a 3º,4º, 5º, e 6º. Establecendo dúas actividades paralelas nas que se alternaron. Mentras  grupo de 3º e 4º gravaban algunhas esceas e facian algunhas tomas o alumnado de 5º e 6º vía algún trailer elixido do taboleiro.

Despois alternáronse aproveitando o alumnado de 5º e 6º para presentar a biblioteca e para preguntarlle aos máis pequenos pola súa peli preferida. Remataron todxs cos flocos de millo.

Viron algunhas pelis com: Bao, peixes, desencuentros, Noel, Mi querido balón….

 Vivimos unha xornada moi enriquecedora, na que se puxeron en xogo a convivencia, o consenso, o respeto, a reflexión posterior e opinións persoais…así como o achegamento e manipulación de ferramentas para facer cine e gravar: a cámara, o micro, os carteis, as función do equipo de gravación…..

Foi unha experiencia  na que aprendemos moito, vivimos a importancia dos valores e do traballo en equipo, ademáis de coñecer un pouco máis e de forma directa o mundo do cine, polo que agradecemos ao concello  esta actividade que nos brindou a posibilidade de vivir unha rica  experiencia.

Disfrutade das fotos premendo na imaxe. 

 

 

 

PRIMEIRO PROGRAMA COÑECE O TEN CONCELLO CO CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO CARME DE SOBER

 

 

PRIMEIRO PROGRAMA COÑECE O TEU CONCELLO CO CEIP VIRXE DO CARME DE SOBER

Como xa sabedes este proxecto iniciámolo o curso pasado e encantounos, pois facemos máis radio e ademáis compartimos experiencias e coñecementos cos compañirxs de Sober coñecemos mellor os nosos concellos.

No último programa os  compañeirxs de Sober falábannos dos seus monumentos e preguntábannos polos nosos.

Así que a mellor maneira de coñecelos para contestarlles é saír a velos, pero ademáis, levamos con nós un guia de luxo, a Xosé Gago o técnico municipal do concello. Con él aprendemos a descubrir os elementos románicos das igrexas de Ferreiros e Veiga.

Tamén nos contaron historias tres veciñas de Ferreiros, Nélida, Marga e Admirable e o Secundino de A Veneira. Moitas grazas a todxs polo tempo e a información. Podedes disfrutar das imaxes deste fermoso día no seguinte enlace:

https://drive.google.com/drive/folders/14_Slwf_RcZmN1SqgECG_yLVcbWGQ5rH2

O resultado de recoller información das nosas fontes e de consultar algúns libros é o noso primeiro programa do proxecto Radio na biblio con Sober.

Escoitade!!

Conmemoración DÍA DO MAIOR.

O pasado xoves, día 3 de outubro fixemos o noso primeiro encontro do club de lectura cos nosos amigos e veciños do centro de día. O motivo non podía ser  mellor:  Conmemorar con eles o Día do Maior, que foi o día dous de outubro.

Preparamos o conto “Avós” de Chema Heras e Rosa Osuna, na semana anterior na hora de Ler, que lles contamos entre todxs os nenos de 5º e 6º. Despois reflexionamos todxs xuntxs sobre esta fermosa historia na que se van confrontando a visión pesimista da vida da avoa, cun certo cansanzo e o optimimismo, bo humor e gañas de disfrutar da vida e da compañía da avoa do avó.

E así, co bó humor do avó e a súa actitude positiva ante a vida  é como convence a avoa para ser tamén  positiva e despertarlle as ganas de ir a bailar e disfrutar xuntos.

Despois de falar da sorte de disfrutar das distintas etapas da vida, moi especialmente a da infancia e a da ancianidade, así como da gran sabiduría e experiencia que agochan as persoas maiores, froito do vivido, de formar e coidar a súa familia, do  que traballaron e loitaron ao longo da súa vida… tivemos unha proposta para seguir traballando xuntxs sobre un mural pintado polo persoal do centro de día. Tiña dúas protagonistas que orixinou dous equipos de nenxs e maiores mezclados nos que pintamos uns a avoa nena e outros a avoa anciá…. Qué ben o pasamos!!

Unha vez rematado de pintar xs nenxs escribimos cualidades ao redor da avoa maior que nos transmiten os maiores: experiencia, sabiduría, tranquilidade, amabilidade, cariño…

E despois escribimos cualidades que nos apuntaban os maiores na avoa nena que lle transmitimos nós: inocencia, cariño, actividade, ilusión….

Foi unha sesión que deu para moito….que como sempre nos empapou de sentimentos: emoción, respeto, solidariedade, creatividade….

Voltamos para o cole, xa pensando en voltar pronto, a outra sesión deste gran club de lectura, cargados de riqueza interior e coa metade do mural pois cortámolo pola metade. Nos levamos a avoa maior que colocaremos na entrada do cole e nos acompañará todo o curso e eles quedaron coa avoa nena….

Foi unha inauguración extraordinaria. Deixámosvos cunha gran reflexión  que recolleron. So lede…e sentide:

“Todas as persoas envellecemos, é a lei da vida. Mais a beleza non morre cos avós, simplemente se transforma”

Podedes disfrutar das imaxes deste fermoso día premendo aquí.

IV ANDAINA CAMIÑO DE INVERNO.

 

Camiño.

O día 2 de outubro participamos na actividade que organiza dende hai 4 anos a Asociación  Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra para os escolares de infantil, primaria e secundaria da zona e na que participamos, acompañados polos profesores, máis de mil escolares.

Para nós foi moi especial por varias razóns: porque era a nosa primeira saida deste curso, e tamén porque o tramo era dende a Localidade de Cereixa, no noso concello ata Monforte. Este era o tramo máis longo de 11 km, no que participamos xs nenxs de 3º,4º,5º,e 6º cos de  secundaria. O segundo tramo incorporábase en Reigada, na localidade dos Campos, comprendía uns 5 km. Dende este punto participaron moitos centros de primaria e un terceiro no que participaron os de 1º, 2º e infantil comprendía un km, dende o Campo da Virxe, en Monforte ata o Parque dos Condes, punto de chegada para todxs.

Gustounos moito percorrer o tramo dende Cereixa, pasamos pola localidade de Rairos e logo camiñamos pola natureza, case todo polo monte ata chegar a Reigada, os Campos donde nos deron  para repoñer forzas unha mazá, unha botella de auga, e unha barriña enerxética. Seguimos o camiño xa menos agreste,  ata  Monforte, donde entramos polo barrio das Cruces. Camiñamos un anaco paraleos á via do tren. Xa na Florida percorremos a Rúa Roberto Baamonde, pasamos pola Praza de España, Cardenal ata chegar ao Parque dos Condes. Punto de Chegada para todxs.

Estivemos guiados e acompañados, ademáis de polos nosos profes por persoas da Asociación.  Tamén nos guiaban as flechas amaarelas, colocadas en árbores, ou donde fosen visibles e os mollóns, esas pedras de pedra coa cuncha e a frecha amarela. O tramo non presentaba dificultade, asi que puidemos disfrutar da beleza das carballeiras, e outras árbores.

So tivemos un pequeno atranco que retrasou a nosa chegada, que foi un tramo entre Reigada e Monforte que tiña auga no camiño e polo que tivemos que pasar de un en un así que, a pesar de ser un tramo equeno, como eramos moitos, fixonos parar un bo anaco. Pero enfin, tamén aproveitamos para descansar e para facer amigos compartindo esta experiencia cos coles que levavamos ao lado.

Ao chegar ao Parque dos Condes, falaba pola radio en Onda cero, algún neno ou nena de cada cole contando o que lle parecerá, e falando deste camiño de inverno, que cada ano coñecemos un pouco máis gracias a esta asociación e que como non! Forma parte da nosa historia, do noso patrimonio, orixinando coa súa existencia, moitos monumentos ao seu paso: albergues, hospitais ou igrexas…. Nas que paraban os peregrinos…Un valor dos moitos que agocha Galicia, que temos a sorte de que pase pola nosa zona e que hoxe debemos despertalo e coidalo  entre todxs.

Podedes disfrutar das imaxes deste fermoso día premendo aquí. 

O CEIP DA POBRA DO BROLLÓN RECIBE O SELO DE BIBLIOTECA ESCOLAR SOLIDARIA

SELO DE BIBLIOTECA ESCOLAR SOLIDARIA PARA O CEIP DA POBRA DO BROLLÓN.

Estamos de noraboa!!

A Asesoria de bibliotecas escolares vén de publicar a relación de centros que recibirán "o Selo de Biblioteca Escolar Solidaria" polas boas prácticas levadas a cabo na biblioteca no curso 2018/19 entre os que se atopa seleccionado o noso centro.

O premio consiste nun diploma para o centro, o distintivo de selo de biblioteca escolar solidaria e unha dotación económica de 1500€.

Este curso foi moi fructífiro recibindo varios premios:
 
A principio de curso formabamos parte do proxecto de biblioteca escolar creativa que nos permitia traballar cos escornabots.
 
En maio os nosos biblioaxudantes (nenos e nenas de 5º e 6º) recibian o  premio de voluntariado de lectura pola súa participación na xestión e dinamización da biblioteca escolar. Recibiron un diploma, unha camiseta e unha sesión de formación: como montar un booktrailer.
 
Pois non podiamos rematar de mellor forma este curso: co distintivo de SELO DE BIBLIOTECA ESCOLAR SOLIDARIA para a nosa biblioteca que como sabedes é a protagonista da vida do centro.                       
 Este premio e o froito do traballo de toda a comunidade educativa por iso queremos compartilo e agradecer a suma de esforzos: a involucración do profesorado, os nosos nenos e nenas que coidan, disfrutan e traballan na biblioteca, as familias  que participades sempre gustosamente, e con todxs aqueles que vos achegastes a biblioteca a enriquecernos...
 
Agradecer tamén a Asesoria de Bibliotecas Escolares o seu traballo e esforzo para levar a cabo iniciativas deste tipo que nos brindan a oportunidades para traballar dende a innovación e nos ofrecen novas ferramentas que fan da nosa biblioteca un espazo para crear, construír coñecemento, para medrar.
 
Enlace á resolución

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS EN FONDO LIBROS PARA O CURSO 2019-20

Listaxe privisoinal de Admitidos en fondo libros para o curso 2018-19

Para coñecer a relación de libros que lle corresponde a cada alumnx pulsa

aquí

prazo de reclamación ata o 11 de xullo de 2019

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2019-20

LISTAS DE LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO 2019-20

Infantil

1º e 2º

3º e 4º

5º e 6º

PREMIO AOS BIBLIOAXUDANTES: Formación para crear "booktrailers".

Ao longo de todo este curso xa vos fomos contando o traballo que os nenos e nenas de quinto e sexto levaron a cabo como biblioaxudantes, un traballo que require de moito compromiso e responsabilidade. E o bo traballo, merece unha recompensa. 

 

Dende Bibliotecas Escolares convocáronse uns premios e animáronnos a participar en tres modalidades de concurso: colaboración coa xestión, lecturas compartidas no centro e lecturas compartidas fóra do centro. E o resultado non puido ser mellor! Fomos un dos dous centros premiados da provincia de Lugo. 

 

O premio consistiu nunha formación para os biblioaxudantes e para as mestras así que o martes día catro puxémonos mans á obra e aprendimos a crear os nosos propios booktrailers. 

 

Os booktrailer son pequenas curtometraxes que recomendan libros que nos gusten, e fano tendo como protagonistas aos propios lectores. 

 

Dende primeira hora da mañá acompañounos Verónica, unha estupenda profesora con moitas gañas de poñernos ao día coas novas tecnoloxías. Cada equipo escolleu o seu libro preferido da biblioteca e déronlle un repaso. A primeira actividade consistiu en crear unha ficha cos principais datos do libro, o argumento e unha breve explicación de porqué escollemos ese libro. 

 

Con esa información á man, comezamos a preparar o noso guión literario, unha secuencia de seis viñetas nas que reflexammos como queremos que sexa a nosa curtametraxe. Daba gusto ver aos rapaces e rapazas falar de planos curtos e secuencias! E unha vez rematado, tocou convertirse en actrices e actores. Cos novos Ipad que adquiriu o cole, cada grupo grabou as secuencias que tiña pensado, os audios en off, sacou fotos, creou imaxes en movemento e deixou todo o material seleccionado. 

 

Logo tocoulle traballar a Dori e Paula. Co material que deixaron preparado, tiveron unha hora de formación sobre a montaxe e edición de videos. Aquí podedes disfrutar deles. 

 

Foi unha mañá moi proveitosa e da que disfrutamos tod@s descubrindo novas facetas e novas tecnoloxías. 

 

Premede aquí para disfrutar das imaxes deste día. 

 

 

CEA DE FIN DE CURSO.

O pasado venres celebramos unha cea no comedor do CEIP da Pobra do Brollón. Tiña como finalidade recaudar fondos para a excursión de 5º e 6º de primaria programada para o 17 de xuño ao 21 a Cantabria.

Esta cea está organizaca polo  Centro e as familias dos nenos de quinto e sexto. Acaba sendo unha convivencia entre as famlias, ex alumn@s, ex profes, e xente  vinculada dalgún xeito ao centro polo que se convirte unha xornada moi entrañable de reencontros.

A excursión ábrelle ao noso alumnado a posibilidade de desfrutar duns días de  vivencias e experiencias moi enriquecedoras tanto a nivel cultural como de relacións entre o grupo.

Participarán na excursión a totalidade do alumnado de 5º e 6º, 10 alumn@s acompañados pola titora Paula Lapido e a Directora Dori Fernández.

Sairemos de Pobra o luns 17 de xuño  sobre as 8:30 da mañá para aproveitar a xornada. Comeremos en León donde visitaremos a catedral.  Chegaremos a Cantabria  sobre as 16:30 para visitar un parque multiaventura.

Serán uns días intensos nos que pretendemos descubrir, ver, empaparnos de información  e divertirnos. Visitaremos  Altamira, Santillana do Mar,  Santander, o Palacio da Magdalena e o museo de Guggenheim en Bilbao e xa de volta o museo Jurásico en Asturias.

Temos que agradecer a todos os asistentes a súa participación   que convertiron esta xornada nunha experiencia entrañable, ao profesorado que se implicou tamén colaborando na organización, ás familias de quinto e sexto que traballaron moi eficazmente para que todo estivese perfectamente organizado, e como non a todos os proveedores do centro que colaboraron aportando alimentos  ou con agasallos que se sortearon durante a cena cos números de entradas.

Unha xornada estupenda, de relacións humanas que indudablemene crean lazos afectivos na comunidade educativa, e de camiño, a recaudación de fondos para que coa colaboración de todos esta excursión sexa aequible a todas as familias.

Podedes disfrutar das imaxes da cea premendo aquí. 

 

Distribuir contido