Iniciar sesión: Acceso

Obradoiro "O sabor da aventura está no mar"

O pasado mércores tivemos no centro un interesante e divertido obradoiro co obxectivo de transmitir ao alumnado a importancia dos produtos do mar na dieta, en relación coas achegas nutritivas e fomentar o seu consumo.

Os contidos deste obradoiro xiran en torno a 4 bloques:

-Medio mariño e especies

-Conservación

-Gastronomía

-Nutrición

O alumnado dividiuse en 2 grupos, en función do rango de idade. Cada grupo (grupo 1 formado por Infantil e 1º e 2º de Primaria; o grupo 2 formado por 3º, 4º, 5º, 6º), participou no obradoiro durante unha hora, que se distribuía do seguinte xeito:

-20 primeiros minutosrepresentación dunha pequena obra de teatro na que os educadores, nos papeis do pescador Luís e a cociñeira Dona Mariña pregúntanse se o alumnado coñece a importancia de comer peixe. É unha actividade moi atractiva  xa que os nenos/as participan na obra, aprenden de xeito lúdico.

-30 minutos seguintesNo grupo 1 tiñan que pasar unhas probas para ser grumetes; sobre unha tea azul que representa o mar pescaban tarxetas: peixes, material de refugalllo que aparece no mar, comidas elaboradas con peixe. Tiñan que saber a que lugar levaban a tarxeta pescada: á cociñeira levábanlle os pratos elaborados, ao pescador os peixes e ao terceiro personaxe o que non debería aparece no mar nunca..

O grupo 2 participa nun concurso no que teñen que ir respondendo a diferentes preguntas; obteñen pezas para compoñer finalmente un puzle no que se poden ver 3 imaxes: unha ración de polbo, a Illas Cíes e unha terceira imaxe sobre os beneficios de comer peixe.

Desta forma conseguiron ser grumetes para poder saír a pescar e consumir máis peixe.

-10 últimos minutos: Conclusión do obradoiro, e onde se lle da  ao alumnado unha breve carta de compromiso, na que firmarán que van comer máis produtos do mar e van difundir a mensaxe entre os amigos e familiares.

 

Esta actividade está enfocada a prepararnos para a excursión a Burela que faremos o vindeiro mércores, día 25 de marzo. Nesta visita acudiremos á Lonxa de Burela, ao barco - museo.

 

Unha actividade enriquecedora e produtiva, que nos poñerá en contacto co mundo do mar.

Almorzo saudable

Un almorzo saudable no centro.

O pasado xoves, día 5, compartimos mestres e alumn@s un almorzo saudable. É considerada por moitos a comida máis importante do día xa que pasa un período bastante longo dende que inxerimos alimentos por última vez. Vainos permitir obter os nutrientes necesarios para afrontar todas as actividades que realizamos durante a mañá. Por tanto, debe ser un almorzo saudable, variado e equilibrado.

Consistía en froita (uvas, fresas, plátano), torrada con tomate e xamón, leite con cereais e zume de laranxa natural. Así obtemos vitaminas, hidratos de carbono, proteínas…

Pretendemos fomentar unha alimentación suficiente,completa, variada e axeitada. Isto axudará ao correcto crecemento, ao  desenvolvemento físico e intelectual dos nenos/as, ao mesmo tempo que contribúe a manter unha boa saúde. Danos a enerxía precisa para as funcións vitais, lúdicas e de aprendizaxe.

O alumnado aprendeu e disfrutou moito con esta iniciativa.

 

 

 

 

 

UNHA PARÉNTESE PARA A BROMA, AS TRASNADAS:" O ENTROIDO"

UNHA PARÉNTESE  PARA A BROMA,  AS TRASNADAS:  O ENTROIDO

Na nosa zona encerra moita tradición o entroido...polo que non podemos quedar alleos a estas celebracións. A través das propias vivencias achegámonos as costumes e tradicións desta celebración: Creamos os compadres, as comadres, seguimos as ordes do meco a última semana e rematamos o venres todos disfrazados visitando o centro de día e a localidade.

O entroido  marca unha paréntese para olvidarnos da igualdade e establecer dous bandos moi claros: o de homes e mulleres seguindo unha tradición do entroido. O venres 30, creamos no centro dous obradoiros a partir de 3º de primaria; o de mestres e nenos para crear as comadres, e o de nenas e mestras para crear os compadres...

A gracia aumenta porque os compadres son os mestres baixo algunha caracterización e as comadres as mestras. A partir deste día reina a intriga, por saber uns dous outros...ou por descubrir donde están os traballos gardados.

O xoves 5 pola mañá aparecen os compadres;este ano os catro mestres eran os protagonistas das películas de animación que foron nominadas aos óscars acompañados da correspondente historia, que mezcla o guión con anécdotas, e a realidade máis graciosa dos mestres...

Os nominados aos óscars foron:

"Los Boxtrolls". Ao protagonista desta película deulle vida o profe de inglés, Paco.

"Son of the Sea". Ao protagonista Ben encarnouno o profe de relixión, Félix.

"Como entrenar a tu dragón". A Hipo, caracterizouno o profe de educación física, Julio .

"Big Hero 6". A Hiro interpretouno o profe de infantil, Óscar.

A disputa polo Óscar entre os catro heroes  creou unha historia divertida  que interpretaron os mestres a última hora.  Despois, as nenas sacan o compadre para queimalo e os nenos tratarán de impedilo...Son uns minutos de carreiras, por escapar co compadre as nenas e por tentar rescatalo os nenos. Ao final facemos a queima do boneco. Foi un día moi divertido.

O xoves 12, xoves de comadres o xogo invírtese. Agora gardan con moito segredo o bando masculino as comadres...e tentan descubrilas as mestras. Este xoves,  amaneceron as mestras baixo o programa "Tu cara me suena" facendo honores ao título "As maniaticas de Brollón".

Dori: Chegou a Brollón ardooooooooooora la dictadora. Non cremos que despois desta, se lle ocurra repartir tarefas, dar ideas...

Silvia: Que orienta tan ben que chegou ata a dirixir o tráfico. A súa xenerosidade levouna a repartir kiwis con tod@s.

Nuria: como vén de Madrid, tíñalle un pouco de medo a falar o galego...pero moito se aplicou e xa vai perdendo o medo.

Olga: a profe para ba pan chin...de música e as súas costumes impecables cos utensilios da mesa.

Lola: a alimentadora que nos da contento e que non se vai poder xubilar así tan pronto.

Leti: a compañeira de prácticas que buscou no diccionario un  montón de palabras acabadas en dora.

Como o xoves anterior, na última sesión de novo un pouco de  teatro. Esta vez son as mestras as que representan a súa historia para logo sair os nenos coa comadre. Corren con ela e as nenas intentarán salvala durante uns 10 minutos e rematar según a tradición coa súa queima, e festexando este día.

Esta semana de entroido, do 9 ao 13 de febreiro,  estivo acompañada das ordes do meco de luns a xoves. Así que cada día tocou algo que nos caracterizase a todos cunha gotiña de entroido que se ía agrandando en gracia, xa que era acumulativo.

Rematamos a semana disfrazándonos tod@s baixo a temática de froitas e hortalizas, xa que este curso en Voz Natura traballaremos co horto ecolóxico e o noso Plan Proxecta xira en torno á alimentación. Un día máis, no que deixamos as rutinas de cada día para encher o centro de colorido e gracia:

Infantil: de fresas as nenas e zanahorias os nenos.

1º e 2º: de peras.

3º e 4º: de plátanos e tomates.

5º e 6º: racimo de uvas.

Como todos os anos estaba previsto visitar os nosos veciños do centro de día e logo seguir a dar o paseo pola localidade. pero a ameaza de choiva fíxonos suspender o paseo pola localidade. Máis ao final estivo moi ben compensado, pois quedamos no centro de día máis tempo. Sempre supón unha convivencia moi grata,  tíñannos preparada unha sorpresa, unha piñata con chuches para tod@s e ademáis... tamén estaban disfrazados, de profesións de antes...

Tivemos un coloquio moi enriquecedor no que nos contaron de que ían disfrazados; faláronnos de profesións que xa non hai, pero que coñecemos gracias a eles: a de matador de porcos, a de remendeira, de mecánico, ferreiro...Nós tamén lles explicamos cales eran os nosos disfraces.

Despois cantamos todos xuntos cancións que sabiamos tod@s. Foi unha mañá moi divertida e sobre todo entrañable!

Á unha voltamos para o cole a xantar. Por certo, quedábanos contar  que estes días de entroido nos menús tamén nos acompañou a tradición  da comida do entroido: comemos cocido, orellas e o venres a nosa prefe de actualidade: pizza.

 

 

Día Mundial da Paz e a Non Violencia

O pasado venres 30 de xaneiro, celebramos o Día Mundial da Paz e a Non Violencia. Celébrase dende 1964 para conmemorar a morte de Gandhi.

No centro lembramos a necesidade dunha educación para a tolerancia, a cooperación, a solidariedade, o respeto aos Dereitos Humanos…unha serie de valores que buscamos que o alumnado transmita cada día.

Unha das actividades que fixemos foi elaborar unha árbore composta polas mans dos alumnos ( de diferentes cores, en diferentes posicións..) Nesta árbore hai mensaxes pedindo Paz, loitando contando contra o maltrato, contra as guerras, os insultos, a marxinación…

Cantamos a canción “No dudaría” de Rosario, dirixidos pola nosa mestra de música, Olga. Conta cunha letra moi fermosa e significativa, na que podemos observar frases como “nunca más usar la violencia”, “si pudiera sembrar los campos que arrasé”. A verdade é que a calquera se lle poñen os pelos de punta escoitando ao alumnado cantar cancións tan representativas.

Por outro lado, a temática da lecturas desta semana, tamén tivo como eixe central a Paz.

O alumnado do 2º ciclo contoulles aos demais compañeiros/as o conto “Coas mans baleiras”.

Alba está invitada a merendar na casa dun amigo que está de aniversario. Non sabe que regalarlle, e polo camiño vai pensando no agasallo. Ocórrenselle moitas cousas, pero non é fácil decidirse cando é algo especial.

Fainos reflexionar acerca de que os mellores agasallos son os que non se compran, preséntanos nas personaxes uns valores moi bos, positivos…

O alumnado do 3ª ciclo encargouse de falarnos sobre “O neno can”.

Finalmente, fixemos unha mención moi especial á galardona co Premio Nobel da Paz 2014, a Paquistaní Malala, que lle arrebataron a vida de xeito incomprensible por defender a escolarización das mulleres, pola súa loita contra a opresión dos nenos, polo dereito de todos os nenos e nenas á educación.

Distribuir contido